Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O NOSO COMPROMISO
Este sábado 30, o mesmo dia da gran festa pola lingua galega que se está a desenvolver en Santiago, o noso colectivo recolle as ondas do seu andar. Asistimos marabillados á conferencia do escritor Víctor Freixanes no Tortoni, arropados por moitísimas persoas interesadas na defensa da lingua galega e por tanto partícipes na nosa loita.

Son estas as ondiñas que non vemos marchar pero que, cando volven nos dan o alento para soster a nosa andaina aínda que ás veces o camiño non sexa o mais doado.

O noso compromiso è ser fermento, coa morriña como unha cantiga de berce e coa memoria viva dos que un día viñeron, sempre soñando unha viaxe de volta que non puideron facer.

http://cadernos.blogaliza.org/2011/02/03/o-galego-importa-dentro-e-fora/

Cando lemos as mencións o noso corazón berra de ledicia porque onte O Terzo da Fala recibiu, xunto a outros colectivos e institucións recoñecidos da cultura galega no exterior, un exemplar do primeiro tomo da Antoloxía de la Literatura Galega: “Anthology of galician literature. Antoloxía da literatura galega [1196-1981”’, en edición bilingüe inglés-galego, editada por Jonathan Dunne e publicada pola Xunta de Galicia en colaboración coas editoriales Galaxia e Xerais. Este recoñecemento do noso traballo quedará como un fito na historia do Terzo.

http://www.galiciaaberta.com/actualidade/cultura-e-turismo-entrega-na-feira-do-libro-de-bos-aires-antolox%C3%AD-da-literatura-galega-p

O noso camiñar coma colectivo naceu do amor pola lingua e a cultura galega e este sentimento segue sendo a lareira de tódalas nosas xuntanzas.

Alicia Lago Roca, Celia Prado Romero

Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 01-05-2011 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal