Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O texto da carta que nos temos presentada o 17 de maio
Bos Aires, 17 de maio de 2010.

Sr Delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires
Don Alejandro López Dobarro.

Ref. Solicitude dos cursos Celga-Bos Aires.
Apoio á manifestación
“O galego: o noso existir”.


Por intermedio da Delegación da Xunta en Bos Aires, os que subscriben reiterámo-las nosas anteriores reclamacións a fin de que se resolva a incerteza sobre a continuidade dos cursos Celga que foran convocados pola Secretaría de Emigración e pola Delegación dá Xunta na nosa cidade durante os anos 2008 e 2009 e dos que aínda non temos noticias para o ano 2010.
Oportunamente realizaramos reclamos escritos tanto na Secretaría de Emigración como na Delegación coa listaxe de alumnos preinscritos no Celga 3, sen resposta concreta algunha ata ou presente. O feito de que temos unha longa listaxe de persoas interesadas en facer tamén os outros cursos Celgas, ademais dos outros cursos de Idioma e Extensión Cultural que ao día de hoxe non comezaron, é a demostración máis evidente - como vostede ben sabe - de que aquí en Bos Aires, a pesar dá falta de publicidade, hai moita xente interesada en aprender galego ou mellor dito: en recuperar a lingua que é nosa de propio dereito.

A nosa incerteza agrávase debido a que se xa temos a data para vos exames en outubro próximo - Resolución do 22 de xaneiro de 2010, dá Secretaría Xeral de Política Lingüística (DOG 8 de febreiro de 2010) -. coa indicación de que debemos efectuar o pagamento dos mesmos antes do 30 de xuño, non se entende que aínda non teñamos os cursos iniciados nin sequera noticias do seu comezo.

Dirixímonos hoxe á Delegación da Xunta coidando que debemos face-los reclamos que corresponden perante as nosas autoridades.

Gustaríanos engadir que, sendo a maioría de nós galegos, nados alá ou aquí, fillos, netos e bisnetos de galegos, asístenos ou dereito de contar cos medios axeitados para aprende-la nosa lingua. Consideramos así mesmo que ademais é o noso deber.

Por outra parte non queremos esquecer a significación que ten este ano a celebración do Día das Letras Galegas, como tamén, especialmente as accións levadas a cabo pola plataforma Queremos Galego e outros colectivos de cidadáns que poñen a nosa lingua por diante e, deixando ideoloxías e ambicións políticas partidarias, están a dicir todos xuntos que o galego é a nosa razón e a nosa dignidade como pobo.

Nos facemos nosa a consigna: “O galego, é o noso existir” como foi tamén a dos nosos devanceiros que o conservaron e transmitiron, e parafraseando o dicir de nosos amigos galego – uruguaios: “O Galego é Patrimonio da Humanidade, patrimonio esencial que viaxou a través dos nosos emigrantes por todo o mundo. O Galego está vivo, e debe continuar a estar vivo na educación” . Tan vivo queremos o galego que pretendemos facer realidade o noso dereito de aprendelo aínda vivindo na Galicia exterior.
Por todo éllo Nós, en Bos Aires, como no resto dá Galicia da diáspora e nas catro provincias da Terra nai, tamén QUEREMOS GALEGO.

Agardando resposta favorable á nosa solicitude con referencia ao noso pedido, saudamos a Vostede coa debida consideración.
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 29-05-2010 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
17 DE MAIO 2.010 DIA DAS LETRAS GALEGAS - UXIO NOVONEIRA -

LETANIA DE GALICIA
GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr'os que calan din GALICIA
e saben sabemos

GALICIA da door chora á forza
GALICIA da tristura triste á foza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA atrelada queda á forza

libre pra servir libre pra servir
libre pra non ser libre pra non ser
libre pra morrer libre pra morrer
libre pra fuxir libre pra fuxir

GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obrera GALICIA nosa
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda


recóllote da TERRA estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n'il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa




recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda marcou a malla d'argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa


sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa





Comentarios (0) - Categoría: Perliñas da língua - Publicado o 17-05-2010 02:34
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: Textos Xerais - Publicado o 15-05-2010 02:05
# Ligazón permanente a este artigo
O Pregón para a Feira do Libro de Santiago de Compostela. Marcos S. Calveiro
Santiago nace das follas dun libro e non dun sartego como nos contaron, pois a historia é sempre unha verdade a medias que uns sempre nos relatan segundo lle foi o conto, normalmente o vencedores ou os que mandan. Aínda que para ser máis precisos, foron máis ben dous libros os que conformaron a cidade.
Dous libros, daquela códices, encadernados en vitela e coa súas follas de pergameo. Os dous agromaron case ao mesmo tempo, nos comezos do século XII, e tras deles está a pegada indeleble do primeiro arcebispo de Compostela, Diego Xelmírez. Estes libros dos que falo son a Historia Compostelana e o Liber Sancti Iacobi, máis coñecido como Códice Calixtino.
Estas dúas obras conforman un só espello. A Compostelana reflicte a luz cara ao interior, e o Calixtino cara ao exterior. Ambas as dúas comezan narrando a vida, milagres e martirio de Santiago, o trasladado do corpo santo dende Haifa a Galiza, a chegada a Iria Flavia, o lendario episodio coa raíña Lupa, a morte do dragón, a mansedume dos touros bravos, o enterramento no campo do Libredón e o descubrimento final, a inventatio, do seu sepulcro. A Compostelana prosegue cun relato da vida e logros do arcebispo Xelmírez, nun panexírico que tenta reafirmar a posición senlleira de Santiago en toda a Hispania cristiá. Pola contra o Calixtino transfórmase nunha verdadeira guía de viaxes do camiño, quizabes a primeira con claro interese comercial. Estamos pois ante o GPS daqueles peregrinos de antano: indícanse os camiños, as xornadas de andaina, os pobos e os seus veciños e costumes, os ríos bos e os malos, os hospitais e os santuarios a visitar ata chegar a Compostela, da que fai unha minuciosa e fermosa descrición de todas as súas marabillas.
Foron, destes dous libros de onde abrollou esta Xerusalén de Occidente que logo os canteiros embeleceron coa súa arte xenial a golpes de cicel e maceta. E pasaron os séculos co resón do constante repenicar do ferro sobre os perpiaños e co tintín das moedas que os cambeadores trocaban aos peregrinos chegados das máis afastadas terras, de Ponto a Noruega, de Exipto a Etiopía, como nos contou o licenciado Molina na súa Descrición do Reino de Galicia.
Ata que unha calorosa mañá de 1510 —si, estamos de aniversario—, un home dacabalo franqueou a porta Faxeira, aí na entrada do Franco. Chamábase García de Aranda, e o seu oficio era o de libreiro. En Compostela, máis que nada, adicouse a reparar códices relixiosos para o Cabido e a facer libros en branco, cadernos para os apuntamentos a Fabrica da catedral. Tras a súa marcha chegou Xoán do Río, que foi o primeiro do que temos constancia que vendou un libro impreso, daquela chamados libros de molde: un misal para o Hospital Real o 29 de xullo de 1527, polo que cobrou dous ducados.
Chegarían logo máis libreiros á cidade do Apóstolo: Xoán Verdote, Pedro López, Andrés Pajazo, Xiraldo do Sol, Guillerme Delmas, e Agostiño de Paz. Algúns, amais de libreiros, foron impresores ou encadernadores. E entre todos eles sobrancea a figura Xiraldo do Sol. De orixe francesa, na súa libraría da rúa da acibechería chegou atesourar centos de volumes, e foi quen de recuperarse dun pavoroso incendio no seu negocio. Á súa morte o inventario da súa libraría acadaba os 2.500 volumes, entre libros de fondo e aqueles novidades que lle chegaban dende Salamanca. Había libros en grego, en latín ou en romance. Libros de música, relixión, astronomía ou medicina. Obras de Homero e de Aristóteles. De Erasmo e de Maquiavelo. Ou O Amadís de Gaula ou A Celestina. Todo tiña cabida nos andeis da rúa da Acibechería, nun marabillosa relanzo de tolerancia e liberdade.
Estamos polo tanto de festa, por este aniversario perdido na poeira da nosa historia, e porque os libros saen as nosas rúas nunha mareira de coñecemento, ilusión e fantasía coa que esquecer a tristura de grisalla das nosas vida.
Sirvan agora as palabras do grande poeta de Celanova para darnos azos neste maio florido de libros que hoxe comeza:
Querédes castañas
D'os meus castiñeiros?...
Cantádeme un mayo
Sin bruxas nin demos:
Un mayo sin segas,
Usuras nin preitos.
Sin quintas, nin portas, nin foros, nin cregos
Todos sabemos quen son as bruxas e os demos que nos aldraxan e negan. Quen quere segar as carqueixas e uces das nosas letras. Quen quere poñer quintas e portas nas nosas bocas. Quen quere que a invernía nos asolague. Quen quere que outra primavera non chegue e murchen para sempre os pampullos do noso falar.
E en maio viremos berrar nestas rúas e a encher a quintana cun bico, unha flor e un cantar. Mais ese camiño hai que facelo acotío, en primavera si, pero no verán, no outono e no inverno, tamén. E mercar a nosa literatura debería ser o noso primeiro mandamento. Incumpríndoo, o demais de pouco vai servir. Precisamos falantes, mais tamén lectores. Onde están todos os que berran, corean e cantan? Eu non os vexo nas nosas librarías.
Temos unha literatura á altura ou mellor que calquera das europeas, con textos das máis variadas temáticas, calidades e rexistros. Sei que hai un libro galego para cada un de vós agardando nun stand desta mesma feira, poñería a miña propia man no lume. Só precisades achalos e darlles unha oportunidade, sei que non vos defraudarán aos moitos, que por desleixo, ignorancia ou prexuízos, non vos achegades a eles para acariñar as súas lapelas, para cheiralos, para abrir as súas follas onde abrochan as flores e mergullarvos na súa gozosa lectura.
E se tedes dúbidas, xa sabedes, preguntádelle aos libreiros, aos sucesores da arroutada estirpe daqueles oitos magníficos que hai 500 anos comezaron a abrir os seus negocios nestas mesmas rúas. E non está de mais, como remate deste pregón, repetir os seus nomes, como nun esconxuro que arrede todos os males que nos asexan neste tempos escuros, unha laica pregaria por eses novos tempos que son chegados. Animádevos e repetide comigo: García de Aranda, Xoán do Río, Xoán Verdote, Pedro López, Andrés Pajazo, Xiraldo do Sol, Guillerme Delmas e Agostiño de Paz

* * * *
Cando limos o Pregón a primeira idea foi: quen nos dera escribir na nosa lingua aínda que só fora o 10 % de ben !
A marabilla das palabras feitas frases que teñen música de seu enche os ollos de ledicia e os oídos de maxia. Está a ensinar historia cunha prosa cargada de poesía, entretida e tan ben feita que, ao remate, ficamos querendo máis.
Neste lado do mundo, o de escribir ben en galego non o temos moi doado; sen profesores, sen os cursos Celga para este ano, practicamente sen libros, quédanos só o desexo e a lembranza do que nunca tivemos.
Vivimos noutro país, mergullados neste castelán con acento arxentino que falamos a cotío e aquí, a 10000 km da Terra, fabricámonos con moito esforzo unha realidade paralela feita de sons en galego tratando de acadar aquilo que debería ser noso de propio dereito. O escritor do Pregón deunos, sen querer, a mellor clase de lingua
Alicia Lago Roca

Comentarios (0) - Categoría: Perliñas da língua - Publicado o 11-05-2010 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
O artigo de Victor Freixanes no xornal La Voz de Galicia
VENTO NAS VELAS
O Terzo dá Fala

Ou 17 de decembro de 1806 creouse na cidade de Bos Aires ou Terzo de Voluntarios Urbanos de Galicia, tamén chamado Terzo de Galegos, milicia organizada para defender a capital do acoso dous ingleses. A unidade de infantes chegou reunir arredor de 600 naturais de Galicia, ás ordes de Pedro Cerviño, comprometidos coa defensa dá cidade, e a súa memoria sinala unha dás páxinas máis heroicas daquelas beiras do Prata. Anda nas crónicas e cantáresnos. A bandeira branca dous galegos (aínda non azul e branca) pode verse na igrexa de San Pedro Telmo, nos barrios do sur, e na Escola de Náutica dá capital arxentina.

Quince anos antes, en 1790, constituírase a Congregación de Naturais e Orixinarios do Reyno de Galicia, primeira organización societaria dá que noticia non continente americano, antecedente dás vigorosas comunidades societarias que, a partir do século XIX, xurdiron naquelas terras. Celebraba a súa festa anual ou 25 de xullo non adro dá igrexa de San Ignacio: romaría de tamborís e gaiteiros. Daquela xa vos galegos constituían unha dás achegas máis numerosas dá capital do Prata. Non Terzo de Galegos, que defendeu a cidade en 1806, figuraba Bernardino Ribadavia, ou que logo sería primeiro presidente dous arxentinos.

Douscentos anos despois, un grupo de fillos e netos de emigrantes acordaron constituír ou chamado Terzo dá Fala en homenaxe a aqueles precursores. Acaban de nacer. Son arredor de corenta persoas, de distintas idades e diversas profesións: arquitectos, avogados, funcionarios públicos, estudantes? Reuníronse por primeira vez arredor dás convocatorias de ensino dá lingua galega que promovía a anterior Xunta de Galicia (ou bipartito) e vos máis deles nunca visitaron Galicia. Cando a nova Administración por razóns económicas decidiu retirar vos profesores, non recuaron, organizáronse asembleariamente e xúntanse unha vez á semana para seguir estudando, comentando libros, informándose dá historia dúas seus avós, noticias dá terra, música, libros? Como non acceden doadamente ás lecturas que necesitan, utilizan fotocopias, e apáñanse coma poden. Tiven ou honra de visitalos e compartir con eles unhas horas non Centro Lalín, onde noutrora por certo reuníase clandestinamente Raúl Alfonsín cos seus seguidores, traballando a prol dá democracia, en plena ditadura dous militares.

Non son vos únicos. Non é a primeira vez que falo dás faladoiros do café Tortoni, por exemplo, animadas por Débora Campos e Andrea Covas. Antonio Pérez Prado, recentemente falecido, presidía a asociación Os Gromos, tamén de xente nova. Ou colectivo Xeito Novo traballa dende hai tempo cos mesmos obxectivos: a pervivencia e continuidade dá memoria dúas galegos entre as novas xeracións de emigrantes ou descendentes de emigrantes. Ou grupo Sete Netos leva a música galega, mesturada con outras músicas celtas, polos escenarios do continente americano (algunha vez estiveron en Galicia). Máis recentemente, creouse ou colectivo Herbas do Prata? Son algúns casos. Malia vos que non ou queren ver, a Galicia exterior existe.
Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a ler? - Publicado o 04-05-2010 04:33
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal