Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O NACEMENTO DO TERZO DA FALA - 08/11/2014
Nos comezos das xuntanzas do grupo, plantouse a discusión de cando foi a data precisa da fundación do Terzo da Fala. O dilema aínda non tivo solución, pero daquela autoconvocámonos a concursar cun relato persoal e anónimo para dirimir a cuestión. Cadanseu presentou un traballo e aprovouse "nun moi disputado certamen" esta alegoría asinada có alcume “Cachelos”.
O significativo é que é un texto que non presume de citar o día exacto e resolver o que se buscaba. Podría dicirse entón, aquilo de "se non e vero..."



"ASI COMENZOU TODO".

Lémbrome ben. Foi na rúa 25 de Mayo Nº 555; os alumnos reuníanse para repasar as leccións despois de rematado o curso de lingua galega. O lugar: no centro mesmo da cidade, as oficinas da sede da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.

Non costou esforzo algún. Naceu no medio das lecturas de Cunqueiro e Rosalía. Docemente, sen dar traballo. Soamente escoitouse un berro: “poñámoslle Terzo..., Terzo da Lingua”!

Alguén explicou o porqué do “Terzo” e propuxo: "coido que mellor sería da Fala".

E, naquela mañá do xullo porteño do ano 2009; coa lume sagrada de galegos nados, fillos e netos; O Terzo da Fala, tivo o seu berce morno, arredor do lar.

Moitas veces, a xente fica perplexa, sen reacción, marabillada e non atina a engadir nada máis. Nisos casos sería indispensable entón, que viñese un notario e fixese a data precisa. Que viñese axiña e pidese información. Que preguntase ós vecinos cando foi e como, que indagase á xente na rúa e na cafetería Santo Cristo; alguén tivo que ver escintilar as luces nas xanelas e voar as pombas!.

Algúns din polo baixo que o pariu unha femia. Unha das galegas do Terzo da Fala.

Quen é? Seica saberíao ela?

E naquela mañá do inverno porteño, a mística comezóu a medrar. Abofé.

Cachelos

Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 08-11-2014 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
JOSE DE CELIN - 24/10/2014


Xa no xantar do aniversario do Terzo da Fala tivemos a amarga sensación de despedida; José Antonio Vocos non estaba alí como outras tantas veces; a súa ausencia por enfermidade sentíase moito e foi imposíbel disimulalo entre nós.
José foi un porteño de lei que naceu na cidade de Córdoba. Un bo día, da man da súa muller Celín, coñeceu as comarcas de Meis e Ribadumia; aqueles entrañábeis percorridos fixeron nese mesmo intre, afincar na súa alma un claro sentimento de amor pola terriña pontevedresa, que xunto a Bos Aires, foron os seus preferidos lugares no mundo.
A súa voz rondará serena o noso ouvido citándonos tal vez un filme ou unha recordada canción que xa non compartiremos con el. Pero a súa longa estampa, sabemos, vaise erguer sempre, para cantar connosco as estrofas do himno galego e concluir saudando cunha aperta amiga e o seu doce sorriso de home bo.
Norberto Lema Regini

Comentarios (7) - Categoría: Contámoslles que... - Publicado o 01-11-2014 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal