Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

30 de outubro - A Cicatriz Branca en Bos Aires
A Cicatriz Branca en Bos Aires -30 de outubro 18 h no Espacio Cultural Virrey Liniers e 4 de novembro 19h no Centro Cultural da Cooperación.

Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e, entre lusco e fusco, despedida. Sen lugar onde ir nin a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites encrequenada na Estación Constitución onde a súa vida entrenza coa de outras migrantes. Á par dun traballo na fábrica Mil8, Merce casa, asiste a clases de contabilidade nalgunha das Sociedades Galegas mais un bo día a norma esnaquiza por algo tan simple como prendarse dunha situación que aínda non é quen de nomear.
www.acicatrizbranca.com
Comentarios (2) - Categoría: Contámoslles que... - Publicado o 10-10-2013 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
CINE E CHOCOLATE: "Os mortos van á présa" - 5 de outubro de 2013
Ultima función do ano ? Non, non nos podedes deixar sen película en galego!
Foi a frase máis escoitada ó remate de `Os mortos van ás présas` mesturada cos sorrisos o sabor doce de boca que che deixa o feito de ver unha película bonita e ben actuada. Os comentarios acostumados, a admiración polo grande entre os grandes Pico Olveira, o xeito de Duran Morris interpretando o crego, as historias agochadas por debaixo da anécdota central, o éxito de Belén Constenla, a fermosa paisaxe tan amada do litoral galego...
Pois si, é a última función do ano pero non a derradeira porque para o próximo teremos maís cine galego, en galego. Nunca imaxinamos que viría tanta xente, con tanto entusiasmo e amor pola propia cultura e con tanta fame dela. Nunca pensamos que convidarian a outros, que pasarían a información polo vello ` boca a boca` e que serian quen de multiplicar o número de asistentes sábado a sábado. Non temos máis que palabras de agradecemento para os compañeiros da Comisión de cultura do Lalin e de convite para todos: Vémonos no vindeiro mes de marzo na sala de cine do centro Lalin, Silleda e Agolada.
Alicia Lago Roca

Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 07-10-2013 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal