Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A perliña de nosa Lela
Santiago del Estero, que é a cidade de orixe europea
máis antiga da Arxentina, foi fundada en 1552 nos
esteros do río Dulce.
Debe o seu nome ao apóstolo Santiago e aos esteros
onde foi batizada.
Na bandeira e no escudo está a cruz galega.


Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 17-10-2012 04:12
# Ligazón permanente a este artigo
Perliñas do dia
*Sabías que…
o mascarón de proa da fragata libertad foi labrado en 1963 por un escultor galego:
Carlos García González?
“…representa la República Argentina. La mujer mira el horizonte durante la derrota por los mares del mundo…”

*Sabías que…
a rianxeira é unha canción nada en Bos Aires?

*Sabías que…
Me gustas tú é unha canción de Manu Chao?; nun intre, a letra di “… me gusta La Coruña; me gustas tú…”
Norberto Lema Regini
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 17-10-2012 04:09
# Ligazón permanente a este artigo
Nosas Perliñas

A proposta de Norberto foi que compartamos o que lemos, o que atopamos, o que escoitamos ou lembramos. que compartamos,como escribiu "costumes, rarezas, novas e ata segrediños que nos chaman a atención a todos. Daquelas “perliñas” que un recolle por ahí lendo ou escoitándoas e que falan de cousas que teñan que ver coa galeguidade."
E de ali, foi botando no vento, as follas que van chegando de cada un de nos.
Coma a chorima, a flor do toxo,á que os Saraibas cantáronlle:Chorima nosa chorima, tan amarela no monte, ti é-la fror dos galegos, dos de onte e dos de hoxe. Fror de toxo, fror de toxo, fror da galeguidade as raíces son a ialma a chorima a saudade. Arrecendes os toxales, non te quixeches na casa, ergueita brava e ceibe como os galegos de raza. Somente a nosa terra abona a túa semente, chorima ti sí es nosa, fúche-lo e sera-lo sempre".
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 17-10-2012 03:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal