Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Visítanos Roi Casal y Silvia Ferrre - 15/05/2014 |
|
O xoves 15 Roi Casal, fíxonos unha visita xunto á cantante Silvia Ferre. Neste cordial e ameno encñontro contounos que, ademais da arpa celta e a zanfona, toca o bouzoukinos.
Roi uniuse con 19 anos á lendaria banda galega Milladoiro, coa que gravou seis discos de mesturan o pop coa canción de autor e a raíz da música celta, estudou e viaxou polo mundo, aínda que en 2009 sentiu a necesidade de independendizarse.
Daquela, formou a súa propia banda na que tamén participa a cantante Silvia Ferre, cuxa marabillosa voz escoitamos no espectáculo "Pura esencia de Galicia" que se presentou no Teatro Avenida da nosa cidade.
Ademais lanzou o seu terceiro disco "Donos do noso destino"
Esta xira comprendeu Montevideo e seguirá na Habana, onde será galardoado co Premio Internacional Cubadisco 2014, un dos máis prestixiosos no ámbito musical, organizado polo Instituto Cubano de Música e o Ministerio de Cultura. Logo continuará por Miami e Nova York.
Pasamos, xunto a Silvia e a Roi, un momento cheo de anécdotas, plans e destacados comentarios que amenizaron e encheron de alegría a reunión semanal do Terzo. |
|
|
|
Principios - 08/05/2014. |
|
Consideramos no Terzo da Fala que, amodo, vai chegando o momento de botar luz sobre o noso cometido e sobre a maneira de inserir as nosas inquedanzas nunha realidade galega que se desprega diante o noso ollar como un complexo abano, tal vez afastado no espazo, pero moi próximo nos sentimentos.
O paso de Anxo Lorenzo pola nosa xuntanza veu a reafirmar a política de portas abertas que fomos mantendo desde a nosa fundación; unha estratexia que ten por única vocación o sostemento do universo cultural galego.
Ese comportamento ceibe de ataduras, permítenos coñecer e gozar da visita de personalidades de variada cor política, interesados pola existencia en Bos Aires dunha
nova agrupación de entusiastas galeguistas.
Pensamos que a reunión coa cúpula da Secretaría Xeral de Cultura e os seus selectos acompañantes nos deixou un saldo positivo no que se distingue o antes e despois dunha achega que nos compromete aínda máis cos principios que nos impuxemos. Tivemos, unha vez máis, a oportunidade de dar a coñecer, malia a distancia, que o noso empeño vai deixando pegada. Personaxes da vida pública de Galicia, e agora tamén
autoridades e funcionarios do goberno, tiveron a oportunidade de saber en que consiste e de que trata o Terzo da Fala; e xa non poderán ignorar este afán de mobilizarnos en unión, sexa cal sexa o rumbo político que, soberana e democraticamente, nos deamos de aquí en máis.
|
|
|
|
San Caetano tomou café na rúa Moreno |
|
Ás dez e media da mañá, a combi branca estacionou na porta do albergue das nosas xuntanzas, o Centro Lalín. Do seu interior comezou a baixar a comitiva que, en número de oito integrantes e encabezada polo secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, se achegou para saudar ó Terzo da Fala.
O sinxelo e distendido acto tivo lugar no salonciño vip da planta baixa onde deseguido comezou o diálogo no que o Dr. Anxo Lorenzo Suárez
interveu só cando unha quenda espontánea e libre sinalou a oportunidade de escoitar a súa palabra, precisa e breve, sen recorrer a establecidas retóricas.
Entre as visitas tivemos, unha vez máis, o agrado de saudar a figuras senlleiras do mundo actual das letras galegas, como os amigos Luis González Tosar e Xabier Castro Martínez; tomar o inapreciábel contacto co profesor Armando Requeixo Cuba e co xornalista e escritor Luís Pousa Rodríguez; así como coas distinguidas e amigables
funcionarias acompañantes.
Presentes en bo número, as compañeiras e os compañeiros do Terzo fixeron gala
unha vez máis da natural hospitalidade que despregan en toda ocasión, agasallando ós
invitados con atinadas intervencións nas que as inquedanzas polas políticas lingüísticas postas en práctica non ficaron fóra. Nese sentido, o propio secretario de Cultura amosou preocupación pola solución dos serios conflitos actuais e interese evidente pola continuidade dos cursos Celga.
Coa entrega dunha selección de volumes que a Secretaría Xeral de Cultura doou á biblioteca do Terzo da Fala e coa interpretación do Himno Galego por parte de todos os participantes chegou o final do faladoiro desa mañá do venres 25 de abril de 2014. Entrementres, o intercambio de saúdos e
a garantía da asistencia puntual ao posto da Xunta de Galicia na 40.ª Feira do Libro e ós diversos actos programados.
N. L. R.
|
|
|
|
Un galego en Caminito |
|
Hai moito tempo que non vexo un western daqueles; unha película con John Wayne co seu Colt na cintura incluído, aplicando trompazos a discreción e balas a esgalla para limpar ?necesariamente? un territorio indomábel, cheo de indios desapiadados e ameazantes; unha terra basta, onde ?andan os ladróns tras os que rouban?.
Pasou que The searchers (en España chamouse Centauros del desierto e entre nós, ?Más corazón que odio?) ten fama de ser unha das mellores películas de cowboys da historia. Desa inesquecíbel visión, o noso novo amigo lembrábase moi ben do nome e apelido dun dos protagonistas, e foi así que o Martin Pawley, colleuno como propio para asinar profesionalmente as súas moi atinadas críticas cinematográficas.
O luns pasado coñecemos a Martin Pawley, crítico coruñés asignado para asistir ao festival de cine internacional BAFICI e xunto coa nosa compañeira do Terzo da Fala, Patricia Alonso, fixémoslle compaña nunha percorrida polos puntos de interese turístico da cidade; aqueles sitios que se poden abarcar nunha soa tarde porteña, a única, que lonxes e curtametraxes a cachón, permitíronlle distraerse da mostra. Unha volta que rematou en Caminito onde lle sinalamos a Martin, entre outras cousas, que na outra beira do Riachuelo é xa a Provincia de Bos Aires.
Alí, case sen darnos conta, no medio do luscofusco outonal, un gran patacón de prata agromou no ceo co formato de lúa chea, escintilando apenas trémulo no espello calmo do Riachuelo. E velaí, que o intre inspirou a Martin, empedernido cinéfilo á fin, e o noso visitante exclamou case rindo: Lúa de Avellaneda?, citando certamente o título dunha peza do noso mellor cine arxentino, algo que coñece ben de preto.
Logo de que o trío cantase Caminito a capela sobre a Vuelta de Rocha, mentres a noite ía avanzando, tiven que despedirme deles pero unha cousa quedoume en claro: foi un encontro moi simpático cunha figura do xornalismo especializado que en todo momento se prestou con naturalidade a unha conversa enriquecedora na que, sen dúbida, a cinematografía non ficou fóra de tema.
Pola tarde démonos o grande gusto de ?presentarlle? persoalmente algúns dos personaxes da cultura popular que lle provocaron un aberto sorriso. Nun estratéxico desfile, soamente casual en aparencia, saíron a saudar o noso vagabundeo, a enteireza de espírito, o vigor físico e a insubornábel lealdade ás causas xustas que prodigaba o cacique Patoruzú (Paseo Colón e Belgrano), o inefábel Isidoro Cañones (Chile e Balcarce) e a cativa máis célebre nada do bufo dun humorista gráfico, retirada moi antes de tempo en pleno apoxeo da súa ben gañada fama. Nena cun agudo sentido da observación e toda a graza para xulgar un mundo controvertido e ruín, presentámoslle a Mafalda, aquela que aínda nos divirte e entenrece (Defensa e Chile).
A infatigábel Patricia ?cicerone de auténtica vocación? foi quen para improvisar o percorrido infalíbel; para iso non tivo máis que apañar os catro ases da baralla turística porteña: a) Puerto Madero, b) San Telmo, c) tango na Praza Dorrego e d) La Boca. Un itinerario ideal, moito máis se nos relacionamos en lingua galega.
Pawley volveu á Coruña e coido agora que o elenco que escolleu John Ford; con Wayne, con Natalie Wood, Jeffrey Hunter, Vera Miles e a sempre eficaz presenza de Ward Bond, pode ser unha excelente opción para acomodarse fronte á pantalla nunha destas noites de Semana Santa.
Damas e cabaleiros!.. teñamos conta e gocemos con ? Máis corazón que odio.
Norberto Lema Regini
(17/04/14) |
|
|
|
Edición 2014 del Ciclo: "Cine y Chocolate" - 12/04/2014 |
|

O Terzo dá Fala e a Comisión de Cultura do Centro Lalín, Agolada e Sillda invitan á edición 2014 do "Ciclo de Cine e Chocolate".
O sábado 12 de abril ás 16 hs proxectaremos o filme "PRADOLONGO "
?Pradolongo? é a historia de tres amigos da infancia que ven como a súa amizade se deteriora a raíz das diferenzas de clase e dos conflitos amorosos que xorden nas súas vidas.
A rodaxe, realizada entre o 16 de agosto e o 28 de setembro de 2007, tivo lugar integramente en Galicia. Durante sete semanas, o equipo técnico e artístico levou a cabo o seu traballo en Valdeorras, unha bisbarra situada no extremo oriental da provincia de Ourense.
Malia ser tan só exhibida dende a súa estrea, o 14 de marzo de 2008, en Galicia, PRADOLONGO parece terse convertido xa nun fito da cinematografía galega.
Estades todo convidados.
|
|
|
|
|
|
|
|
|