Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O MAPA DE TODOS - 18/09/2014 |
|
.JPG) Por Alicia Lago Roca
Foi unha idea colectiva que, como tódolos grandes feitos, tivo un ou dous iniciadores que recibiron despois as achegas dos compañeiros na xuntanza dos mércores. O mapa de Galicia que fora un agasallo do irmán de Rosa, os alfinetes máis grandes para que se visen ben, e despois a pendurar o mapa cunha lamia de "telgopor" que deixase poñer a marca de cada quen. O transporte a cargo de Fabián con moito mimo para que non rompese. Todo se fixo, ata botarlle o seu aquel cunha pequena póla dun carballo verdadeiro ó lado da que leva o fermoso símbolo dos terceiros.
E alí comezou o milagre: cada paisano que pasaba paraba fronte ó mapa e marcaba un, dous e ata catro lugares en lembranza dos pais ou avós. Emocionaba ver estes netos, con medio século ás costas, dicindo ?aquí naceu a miña avoa? para, uns minutos despois, volver cos seus propios netos para que coñecesen o sitio onde todo comezou. E, como se fose obra das meigas boas, escoitábase deles o galego que aprenderon de pequenos e que nunca falaran antes.
Nada faltou, aquel que lembraba as cartas que escribía de pequeno, cos enderezos cravados na memoria; o que buscaba sen ter idea certa do sitio; a que lembraba a última viaxe en procura da terra amada; e tamén os que querían ver os portos de saída dos seus; os asturianos nados no límite que tamén atopaban alí a súa aldea e os do Bierzo ( o León galego) felices de ver que alí estaba apuntado o sitio. Non faltaron os despistados de Navarra ou de Castela que tamén querían deixar a súa pegada ! Ata a parella de mozos galegos que estaban aquí como turistas e non entendían a emoción dos arxentinos de segunda xeración cando vían o mapa de Galicia.
Moitos coidaron que, co feito de sinalar a aldea, convocaban á festa os espíritos dos seus familiares e marchaban cos ollos brillantes cheos de morriña; e tamén quen quixo levar a foto poñendo alí o dedo. Unha ducia de fotos anda polas redes contándolle ó mundo que case 300 lugares foron sinalados nun mapa de Galicia pendurado no ?chiringuito? deste colectivo de galegos que se negan a esquecer lingua e cultura da Terra.
Privilexio dos que estivemos alí axudando, orientando e sentindo a mesma emoción dos que atopaban cada lugar. Agasallo extra nun día cheo de maxia, este mapa quedará gardado para as próximas festas, ata que o último dos galegos de Bos Aires poida deixar a súa pegada nel.
Permitídeme que, de maneira persoal, remate dicindo que puxen a pegada de meu pai en ( Sisán) Ribadumia, a de miña nai na aldea de Vilarraso ( Aranga ) e, como desexo e promesa, tamén a do meu futuro en Miño. E que sentín como propios cada un dos sinais deixados alí como marcas permanentes de amor e agradecemento ós que foron antes.
|
|
|
|
BOS AIRES CELEBRA GALICIA - 14/09/2014 |
|
.jpg) Os asistentes a Bos Aires celebra Galicia na nosa querida Avida de Maio opinaron...
Alicia Lago Roca: "Bos Aires celebra Galicia, por primeira vez e para os vindeiros anos.
Na avenida máis galega, pasado, presente e futuro de Galicia en América. Grazas a tódolos que o fixeron posible; grazas por permitirnos ser parte da festa.
E un grazas moi especial para Helena, a terceira máis pequena, que encheu de alegría o noso chiringuito".
O Terzo da Fala: "Así quedou o noso mapa. Máis de 300 pegadas dos galegos e galegas que un día aquí chegaron. Milleiros de palabras feitas historias de vida, lembranzas dos que xa non están pero viven nos fillos e netos, a emoción dos que atopaban a pequena aldea dos seus e ata aquel que nos dixo "se poño o sinal no mapa parece que o espíritu de meus pais está aquí, agora". Non faltou quen tiña o enderezo aprendido de tantas cartas escritas e buscaba en toda a provincia o pequeno niño sen saber máis que o nome da aldea. Tamén a rapaza bilbaína que quixo deixar a súa pegada na Coruña por amor á cidade e ata os do Bierzo que contentos encheron de marcas as aldeas do León galego.
Así debería escribirse a historia, coa xente común enchendo de amor un mapa".
Federico Trillo: "A festa xa acabou. Nin a incesante choiva foi quen de parar os nosos corazóns sedentos de verbas, de gaitas, de danzas, de ver unida a toda a colectividade galega traballando para que o día galego na diáspora saíra o mellor posible. ¡Que alegría cando se decidiu face-lo festival, incluso coa posibilidade (e logo, realidade) dun clima adverso! E que agradable sorpresa cando, coas primeiras gotas dunha tarde que tería milleiros, a nosa actitude ben reflectía os nosos pensamentos: ?Que así é aínda máis parecido a Santiago, ho!?
A festa xa acabou; o primeiro festival deste tipo en Bos Aires, de moitísimos máis por facer, rematou cun cúmulo de persoas decididas a resistir o temporal (entre os que eu estaba) ata que alguén dixera que iso".
(Ex alumno Colexio Santiago Apostol)
Patricia Alonso: "O Mapa de Galiza no stand de O Terzo da Fala foi unha idea marabilosa!
Co correr do día fóronse enchendo de amor moitos corazóns, pois...quen pasaban por alí, ao buscar o lugar de nacemento dos seus pais ou avós e marcar o sitio, sen sabelo, ía debuxando no mapa unha rede de "partidas e encontros" neste simbólico e fondamente emotivo reencontro galego á beira da Avenida de Mayo porteña. |
|
|
|
A VIAXE DUNHA BOTELLA DE OPORTO - 02/08/2014 |
|
 Por Marita Ramallo Freijeiro.
Os meus pais casaron o 19 de marzo de 1924, o día de San Xosé. Foron de ?lúa de mel? á cidade de Oporto, en Portugal.
Alí visitaron un amigo de meu pai que agasallou a miña nai cunha botella de oporto para festexar o día do nacemento do primeiro fillo.
Despois da viaxe, os meus volveron a Santiago de Compostela onde vivía a familia paterna e ían eles fixar a súa residencia.
Sen coñecemento de miña nai, meu pai regálalle ó meu avó a famosa botella.
Anos máis tarde, un irmán de meu pai, residente na Arxentina, viaxou a Santiago e o meu avó regaloulle a botella de oporto.
Pero esta historia non remata aquí. Pasaron máis de corenta anos e en Bos Aires a botella chegou, finalmente, ás mans de miña nai.
Ninguén puido bebela pois o viño non estaba en condicións, mais o importante é que miña nai rematou coa botella nas súas mans, celebrándoo cos seus fillos.
Fotografía: xentileza Marita Ramallo Freijeiro. A foto mostra o día da voda dos seus pais. |
|
|
|
DIA DE GALIZA E O SEU SANTO PATRON - 26/07/2014 |
|
Hoxe a conferencia do Profesor Carlos Rodríguez Brandeiro desbordou calquera previsión e o salón do Centro Lalin Agolada Silleda quedou pequeno. Moita xente para escoitar falar da importancia da lingua galega. Moita xente convidada en conxunto pola Comisión de Cultura do Centro e polo Terzo. Moita xente que pensa e sinte en galego.
E el seremos quen de marcar o camiño dende a diáspora galega ?
Muro Facebook(O Terzo da Fala)
Foto:xentileza Fabián Gónzalez Fraga . |
|
|
|
A MIÑA CHEGADA AO TERZO. |
|
Por Marita Ramallo Freijeiro.
Cheguei ao grupo no final do 2009 nunha xuntanza no Club Español.
Foi un ano moi malo para min pola enfermidade e morte do meu home.
No club a Meiga invitoume a una xuntanza de fillos e netos de galegos. Eles estudaran galego e cando os cursos remataron, formaron un grupo chamado Terzo da Fala para practicar a lingua. Gustoume moito este proxecto pois eu, sendo galega, non falaba o meu idioma.
Eu cheguei a Bos Aires en 1939 coa miña nai e dous irmáns, exiliados. Había dous anos que chegara meu pai ao país. El era un galeguista de alma amigo de personaxes tan brillantes como Castelao, Suárez Picallo, Arturo Cuadrado por mencionar só algúns.
Eles viñan xantar na nosa casa en Flores pois a miña nai era una moi boa cociñeira.
Ela non falaba galego e na casa só se usaban palabras ou se cantaba en galego.
No grupo quedei marabillada do amor que eles sentían por Galicia, pola súa lingua e a súa cultura. Ademais , polo agarimo e pola comprensión con que me recibiron.
Eu comprendía o galego, mais non sabía a gramática nin a fonética nin a escritura.
Despois de facer o curso do Celga I e II, eu sigo nas nubes. Socorro!!!
|
|
|
|
|
|
|
|
|