Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

?O PRISIONEIRO? de Jorge Luis Borges - 30/09/2014
Tradución: Susana García Otero

En Junín ou en Tapalqué refiren a historia. O neno desapareceu despois dun? malón?; díxose que o roubaran os indios. Os seus país buscárono inútilmente. Ao cabo dos anos, un soldado que viña do interior do país, faloulles dun indio de ollos azuís que podía ser o seu fillo. Deron ao fin con el (a crónica perdeu as circunstancias e non quero inventar o que non sei) e creron recoñecelo. O home, traballado polo deserto e pola vida bárbara, xa non sabía ouvir as palabras da súa lingua natal, mais se deixou conducir, indiferente e dócil, ata a casa. Aí se detivo, quizais porque os outros se detiveron. Mirou a porta, coma sen entendela. De súpeto, baixou a cabeza, berrou, atravesou correndo o ?zaguán? e máis os dous longos patios e entrou na cociña. Sen vacilar, meteu o seu brazo na ennegrecida fumeira e sacou o coiteliño de mango de hasta que agochara aí, cando neno . Os seus ollos brillaron de ledicia e os seus país choraron porque atoparan o seu fillo. Seica, á súa lembranza, seguiron outras, mais o indio non podía vivir entre paredes e un dia foi buscar o seu deserto. Eu querería saber que sentiu naquel intre de vertixe no que o pasado e o presente se confundiron; eu querería saber se o fillo perdido renaceu e morreu naquel éxtase ou se acadou recoñecer, sequera coma unha creatura ou un can, os seus país e a súa casa.
Comentarios (1) - Categoría: Traballos do grupo de estudo - Publicado o 30-09-2014 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
BOS AIRES CELEBRA GALIZA - 23/09/2014
Así evocaron e contan a experiencia de: "BOS AIRES CELEBRA GALIZA" integrantes do Terzo da Fala.

Por Mirta La Gamma

A cidade prepárase para celebrar Galiza.
A nosa avenida de Maio vístese de gala. Globos celestes e brancos móstrannos que alí etá presente a nosa historia, a nosa cultura, os nosos traxes e a nosa comida.
Qué día fermoso! Moita xente contando as súas historias, recordando os seus maiores e participando das actividades.
A misa bilingüe,as cores dos traxes galegos, a imaxe de Santiago Apóstol, o botafumeiro, todo, fixo desbordar de ledicia os nosos corazóns.
A xornada galega, rematou coa música e as canciones de Susana Seivane e logo coa música das gaitas arxentinas, uruguaias e chilenas.
Un día galego, non faltou nin a chuvia!


Por Susana García Otero

Chegou o 14 de Setembro e, con el, chegou a chuvia. Mais iso no foi un impedimento para ir celebrar Galiza na Avenida de Maio. Eu cheguei cedo para colaborar co armado do chiringuito, e cedo tamén chegaron as gaitas, e a súa música levoume lonxe, no tempo e no espazo, ás aldeas dos meus avós. Alegroume compartir o sentimento dos galegos e dos seus descendentes cando atopaban no noso mapa as súas ciudades ou as súas aldeas da orixe. Pero a ledicia máis grande foi cando o meu fillo me dixo: ?Ma, eu tamén marquei a cidade do teu avó cun alfilete?. Eu pensei que os meus avós, nalgún lugar, sorrirán , non só pola súa neta, se non tamén ao ver a seu bisneto celebrar Galiza. A semente segue medrando.


Por Patricia Alonso

Hoxe, un anaquiño de Bos Aires foi Galiza!...
Nun momento, quedei observando a rúa: vin xente pasar, sentín aromas, escoitei falar galego e, diante dos meus ollos en plena avenida de Mayo, comenzaron a camiñar gaiteros, galegas e galegos vestidos cos traxes típicos, peregrinos que parecían vir de tempos ídevos...no medio do orballo que lentamente caía, mentres ao lonxe soaba unha gaita...


Por N.L.R

Agás do mal tempo, a festa do domingo 14 de septembro "Bs. As. celebra Galicia", estivo moi ben en moitos aspectos. Mesmo que, o feito por O Terzo da Fala, penso que foi un auspicioso modelo para repetir noutras ocasións.
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 24-09-2014 04:09
# Ligazón permanente a este artigo
?HISTORIAS DOS CRONOPIOS E DOS FAMAS? - 21/09/2014
?Historias dos cronopios e dos famas? de Julio Cortázar. ?Conservación das lembranzas? - Tradución: Susana García Otero

?Os famas para conservar as súas lembranzas proceden a embalsamalas do seguinte xeito: logo de fixar a lembranza con pelos e sinais, envólvena dos pés á cabeza nunha saba negra e colócana parada contra a parede da sala, cun carteliño que di: ?Excursión a Quilmes? ou ?Frank Sinatra?.
Doutro xeito, os cronopios, eses seres desaquelados e mornos, deixan as lembranzas soltas pola casa, entre berros ledos, e eles andan polo medio de elas, e cando unha pasa correndo, agarímana con soavidade e dinlle ?Non te vaias magoar? e tamén ?Coidado coa escaleira?. Por iso é que as casas dos famas son xeitosas e silandeiras, mentres nas dos cronopios hai gran rebumbio e portas que se petan. Sempre os veciños se queixan dos cronopios, e os famas moven a cabeza asintindo e van ver se as súas etiquetas están todas no seu sitio.?
Comentarios (0) - Categoría: Traballos do grupo de estudo - Publicado o 22-09-2014 01:56
# Ligazón permanente a este artigo
FALAR - 19/09/2014
Por Susana García Otero


Elixín este conto de Séchu Sende titulado ?Falar? porque penso que quizais sexa unha situación vivida polo meu pai, fillo de galegos de Ourense. Non creo que sexa o caso de miña nai xa que o meu avó materno era de Vigo e alí fálase máis o castelán ?segundo confirma tamén Marita- e a miña avoa era uruguaia, filla de galegos de A Coruña, e só coñecía algunhas palabras ou frases soltas.
O relato está narrado en primeira persoa por Clara, unha nena de apenas un ano que xa quere comezar a falar. Ela observa atentamente os movementos da súa casa e da súa familia. Sabe que é moi importante comezar a falar porque así poderá comunicarse mellor cos seus pais. Ela practica en segredo algunhas palabras porque quere que todo saia moi ben. Agora, hai algo que lle chama a atención e a confunde. É que cando os seus pais falan entre eles, ou cos seus avós, din ?A nena está esperta?, mais cando falan con ela din ?Clara, mi niña, ya estás despierta?. A nena non sabe porque lle chaman ?mi niña? se ela é ?a súa nena?.
Clara está nun dilema, pensa que eles están agardando que ela se poña a falar pero ela non sabe se o facer como o fan os seus pais cando falan entre eles ou se poñer a falar desoutra maneira na que falan con ela. E remata dicindo ?As súas razóns terán para non querer que fale coma eles?.
Comentarios (0) - Categoría: Traballos do grupo de estudo - Publicado o 20-09-2014 03:35
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA HISTORIA COMO TANTAS OUTRAS - 19/09/2014
Por Susana García Otero


?Tiña quince anos cando morreu miña nai. Meu pai morrera había xa tempo e os meus irmáns e máis eu quedamos sós, sen familia en Galicia. O noso único tío vivía en Bos Aires. El era irmán de miña nai e, cando soubo da súa morte, viaxou a Vigo buscarnos.
Eu era o irmán máis vello, logo viñan Xoaquín, Manuel e Concepción, a nena, a máis pequena.
Deberiamos marchar a Arxentina; atrás quedarían a nosa infancia, os nosos veráns nas praias de Vigo, os nosos amigos, as nosas historias como aquela vez na igrexa. Eu sempre acompañaba a miña nai na misa. Para min era moi aburrido, tería sete ou oito anos e só quería xogar, non estar alí. Un día levei alfinetes e, cando as señoras se axeonllaron para rezar, eu fun prendéndolles as faldras con eles. No momento en que as señoras se puxeron de pé e quixeron andar, eu saín correndo. Por suposto, miña nai non me levou nunca máis...
Eu non quería viaxar a Bos Aires. Con quince años, cría que xa era un home, tiña unha moza e quería quedar en Vigo. Meu tío aceptou as miñas razóns; quedaría na casa, traballaría e os meus padriños coidarían de min ata que fose maior de idade.
Chegou o día da partida e, ó ver os meus irmáns xa embarcados, cambiei de idea, corrín rapidamente á miña casa, puxen algunhas cousiñas nunha maleta e volvín ó porto, disposto a viaxar aínda que fose como polisón. Mais, no barco, meu tío xa mercara o meu billete. Os meus padriños fixéronse cargo da casa e periodicamente enviaron a renda a Bos Aires?...
E así, o avó Guillerme remataba a súa historia, mais narrada en castelán. Hoxe, a súa neta intenta facelo en galego.

Foto: Guillermo Otero Regueira (avó de Susana).
Comentarios (1) - Categoría: Traballos do grupo de estudo - Publicado o 20-09-2014 02:11
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0