Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
NADAL... - 05/12/2014 |
|
.jpg)
Así se expresou O Terzo da Fala en Faceboock mentres esperamos a chegada de ... o Apalpador!
Neste mes de Nadal baixa da serra un señor que, como non pode ser doutro xeito, fala galego. |
|
|
|
UN RECUNCHIÑO DE OURENSE EN AVELLANEDA - 04/12/2014 |
|
.jpg) Por Susana García Otero
No mapa de Galiza, onde o 14 de Setembro nós todos marcamos, con múltiples alfinetes de cores , as cidades e máis as aldeas dos nosos pais e avós, pódese ver que esas pegadas se espallan por case todo o territorio galego. No sur de Ourense, preto da fronteira con Portugal, só hai dúas marcas vermellas que sinalan Arzádegos e Enxames. Esas dúas están soíñas, moi preto unha da outra, marcando un recunchiño coma aquel que, coa mesma soidade, formaron María Adelaida Rodriguez Carballo e Clemente García Alvarez, os meus avós paternos, cando casaron o 5 de Outubro de 1914, en Avellaneda.
María Adelaida vivía en Arzádegos, coa súa nai, na casa dos seus avós maternos. Non coñeceu a seu pai. Ela e máis a súa nai traballaban na casa, facendo puntillas de encaixe. Tiña só un irmán, que emigrara a Arxentina e, dende alí, sempre lles escribía que el tiña un bo traballo e unha casa pequena para vivir con elas. En Xaneiro de 1913, as dúas mulleres chegaron a Bos Aires, mais atoparon que a casa eran dous cuartos nunha casa de ?inquilinato? e o traballo non bastaba para viviren os tres. O seu irmán díxolles que mentira porque as estrañaba moito. As mans delicadas de María Adelaida, afeitas ó encaixe, tiveron que afacerse ó traballo duro na fábrica téxtil. A pouco de chegaren, o seu irmán marchou ó mares do sur, á caza das baleas. Houbo un naufraxio; endexamais volveu. Elas quedaron sóas. Os paisanos axudáronas. Entre eles, estaba Clemente.
Clemente era de Enxames, non tiña familia en Arxentina. Os dous estaban sós, coma eses dous alfinetes vermellos. Tiveron cinco fillos. Viviron e morreron na súa modesta casa, sempre no mesmo barrio, onde tamén viviron e morreron os seus fillos. Deixáronnos unha herdanza moi prezada: cando alguén pregunta polos García, os veciños máis vellos contestan: ?Xente boa coma eles non é doado atopar?.
Foto: María Adelaida y Clemente (avós paternos de Susana). |
|
|
|
O NACEMENTO DO TERZO DA FALA - 08/11/2014 |
|
Nos comezos das xuntanzas do grupo, plantouse a discusión de cando foi a data precisa da fundación do Terzo da Fala. O dilema aínda non tivo solución, pero daquela autoconvocámonos a concursar cun relato persoal e anónimo para dirimir a cuestión. Cadanseu presentou un traballo e aprovouse "nun moi disputado certamen" esta alegoría asinada có alcume ?Cachelos?.
O significativo é que é un texto que non presume de citar o día exacto e resolver o que se buscaba. Podría dicirse entón, aquilo de "se non e vero..."
"ASI COMENZOU TODO".
Lémbrome ben. Foi na rúa 25 de Mayo Nº 555; os alumnos reuníanse para repasar as leccións despois de rematado o curso de lingua galega. O lugar: no centro mesmo da cidade, as oficinas da sede da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.
Non costou esforzo algún. Naceu no medio das lecturas de Cunqueiro e Rosalía. Docemente, sen dar traballo. Soamente escoitouse un berro: ?poñámoslle Terzo..., Terzo da Lingua?!
Alguén explicou o porqué do ?Terzo? e propuxo: "coido que mellor sería da Fala".
E, naquela mañá do xullo porteño do ano 2009; coa lume sagrada de galegos nados, fillos e netos; O Terzo da Fala, tivo o seu berce morno, arredor do lar.
Moitas veces, a xente fica perplexa, sen reacción, marabillada e non atina a engadir nada máis. Nisos casos sería indispensable entón, que viñese un notario e fixese a data precisa. Que viñese axiña e pidese información. Que preguntase ós vecinos cando foi e como, que indagase á xente na rúa e na cafetería Santo Cristo; alguén tivo que ver escintilar as luces nas xanelas e voar as pombas!.
Algúns din polo baixo que o pariu unha femia. Unha das galegas do Terzo da Fala.
Quen é? Seica saberíao ela?
E naquela mañá do inverno porteño, a mística comezóu a medrar. Abofé.
Cachelos
|
|
|
|
JOSE DE CELIN - 24/10/2014 |
|
Xa no xantar do aniversario do Terzo da Fala tivemos a amarga sensación de despedida; José Antonio Vocos non estaba alí como outras tantas veces; a súa ausencia por enfermidade sentíase moito e foi imposíbel disimulalo entre nós.
José foi un porteño de lei que naceu na cidade de Córdoba. Un bo día, da man da súa muller Celín, coñeceu as comarcas de Meis e Ribadumia; aqueles entrañábeis percorridos fixeron nese mesmo intre, afincar na súa alma un claro sentimento de amor pola terriña pontevedresa, que xunto a Bos Aires, foron os seus preferidos lugares no mundo.
A súa voz rondará serena o noso ouvido citándonos tal vez un filme ou unha recordada canción que xa non compartiremos con el. Pero a súa longa estampa, sabemos, vaise erguer sempre, para cantar connosco as estrofas do himno galego e concluir saudando cunha aperta amiga e o seu doce sorriso de home bo.
Norberto Lema Regini
|
|
|
|
NOSO GRUPO DE ESTUDO - 01/10/2014 |
|
Alicia Lago Roca, coméntanos que:
"Hai dous meses estamos compartindo no blog do Terzo os primeiros traballos escritos polas nosas compañeiras que comezan a aprendizaxe da lingua. Moito mérito teñen e moita responsabilidade no estudo, pero tamén moita modestia porque desexan que o seu traballo sexa coñecido como "escritos do grupo de estudantes de galego". Pola nosa parte, a dos compañeiros do Terzo, poñemos en valor a emoción dos contidos, o coidado das estruturas gramaticais, o respecto pola lingua e as ansias por mellorar. Parabéns e adiante."
|
|
|
|
|
|
|
|
|