Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

As lembranzas dos nosos maiores.
As lembranzas da nenez de María del Carmen Ferro Portas




ADIVIÑAS:
NO ALTO ESTOU,
LADRO VEXO VIR,
CA MIÑA CAPIÑA,
NON PODO FUXIR.
(A landra,o froito do carballo)

* * *

CURCUBICO NON TEN BICO
NIN CARA, NIN CU, NIN COME,
OS FILLOS DE CURCUBICO,
TEÑEN CARA, CU E COMEN.
(O pitiño)

* * *

DURO E BLANDO O TEN A NENA
POLO SEU GUSTO PÍCANLLE O COIRO
SE VÉN O DINGUILINDÁNGALA
TÁPALLE O BURATO. (Os pendentes)

* * *
ESTE QUEIXO, QUEIXOLÁN
ESTA BOCA PIDE PAN,
ESTE NARIZ, NARICOTE,
ESTE OLLO, RIBERETE,
ESTE SEU IRMÁN
TÍRALLE POLO PIRILÁN


(A perrera)

OS XOGOS DO PASADO

ä unha da miña mula
Äs dúas, o reloxo
Ás tres, Santo André
Ás catro, San Ignacio
Ás cinco, o viño tinto
Ás seis, cantan os reis,
Ás sete, planto o meu carapuchete
Ás oito, recólloo,
Ás nove, canta o burro e chove,
Ás dez, ó través,
Ás once, pan e couce
Ás doce, paxariños a voar

-Lémbrase do xogo en castelán:
A la una de mi mula
A las dos, el relog
A las tres,San Adrés
A las cuatro, San Ignacio,
A las cinco, vino tinto,
A las seis, cantan los reis.
A las siete planto mi carapuchete,
A las ocho lo recojo
A las diez, a través,
A las once, pan y conce
A las doce, pajaritos a volar

Á CORDA:
Son á raiña dos mares
se vostede o van ver
bota o seu pano no chan
e vólveo recoller.
Paniño, paniño
quen mo dera ter
gardadino no peto
coma un dobrez de papel
aí vos vén San Miguel
von vsyto agullas
e un alfinete.

XOGO
Estaba o Señor Don Gato
estaba o Señor Don Gato
sentado na súa cadeira de ouro,
marrau, marrañau

Chegáronlle as noticias
chegáronlle as noticias
que había de ser casado
marrau, marrañau

O gato coa alegría
o gato coa alegría
subiú para o tellado,
marrau, marrañau
subiú para o tellado

Caeu do tellado abaixo
caeu do tellado abaixo
rompeu as sete costelas
marrau,marrañau
e a puntiña do rabo.

Levárono a enterrar
levárono a enterrar
á praza do pescado,
marrau,marrañau
a praza do pescado

Os gatos ían de loito
os gatos ían de loito
e os ratos ían bailando,
marrau,marrañau
e os ratos ían bailando.

* * *
Ó meu burro, ó meu burro,
dóelle a cabeza,
e o médico déulle
unha gorriña negra
unha gorriña negra
zapatiños de ilalá, ilalá.
Ó meu burro, ó meu burro,
dóelle a garganta,
e o médico déulle
unha tapabocas branca,
unha tapabocas branca.
Ó meu burro, ó meu burro,
dóenlle as costelas,
e o médico déulle
unha chaqueta amarela,
unha chaqueta amarela.
Ó meu burricán, ó meu burro,
doelle o corazón,
e o médico déulle
xarabe de limón,
xarabe de limón.
Ó meu burro, ó meu burro,
pícanlle os mosquitos,
e o médico díxolle
que mova o rabito,
que mova o rabito.
Ó meu burro, ó meu burro,
está moi cansadiño,
e o médico díxolle
que repose un anaquiño,
que repose un anaquiño.

RONDA:


A la rueda, rueda de pan y canela
cójete un chavito y vete a la escuela
Si no quieres ir,
échate a dormir
con el perejil y la hierba buena.
Maripé, Maripé, sentado me quedé
Quiriquí, quiriquí.
* * *
Un, dos, tres,
chocolate inglés,
cigarrillos 43.

* * *

A la lata, al latero
a la hija del chocolatero,
que si, que no,
que en mi casa mando yo.

* * *

Una vieja, teja, meja, chiribí,
gorda, ciega, y sorda
criaba sus hijos, tejos, mejos, chiribí
gordos, ciegos, y sordos.
Si la vieja no fuera teja, meja, chiribí
gorda, ciega y sorda,
sus hijos no serían tejos, mejos, chiribí
gordos, ciegos, y sordos.

* * *
Estando Franco mexando,
na porta dun convento
o gato, tira que tira
tiroulle polo instrumento.

CANTIGAS
Esta noite é noite boa
xa naceu o neno Xesús
xa naceu botando peidos
polo fumeiro do cu.

Cantigas da guerra:

Camillero, lévame amodo
non me movas moito
non me fagas sufrir.
Camillero, eu teno unha meniña
non quero morrer
Tantas ilusions para verme así.

* * *

Bela ferrolá,se quitaras a prerrera
érache un pouco mellor
A perrera non a quito,
non quero nin me dá a gana
mentres os homes non quiten
o pantalón de campá

AGACHADAS:

Don Melitón tiña tres gatos
e facíaos bailar nun prato
pola noite dáballes turrón,
que vivan os gatos de Don Melitón

* * * *

tres pitiños ten a miña tía,
un deles cántalle,
o outro píalle,
e o terceiro tócalle a sinfónía.

* * * *

Repalma, repalma, Niño Jesús
que viene cansado de andar con la cruz
chica morena, cómo la quieres
grande o pequeña?

* * * *
palomita blanca, que llevas en el pico?
Aceite y vinagre para Jesucristo
Jesucristo me mandó que lo repartiera yo
con las llaves del relog
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 07-06-2010 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe os mestres de cultura e lingua galega en Bos Aires

Dona Débora Campos, Dona Andrea Cobas Corral, Don Higinio Martinez Estevez, Don Adolfo Lozano Bravo, Don Carlos Rodriguez Brandeiro. Prof. Dn Sanchez Muiño.


Da nosa consideración:


O bo mestre deixa a súa pegada nos estudantes que teñen a sorte de atopalo no seu camiño. O mestre de galego non deixa só a súa pegada; tráenos unha mensaxe do pasado; fálanos coas verbas que outros moitos usaron antes; percorre un camiño antigo e novo porque é a doa dunha cadea que vai cara ó futuro.
Neste caso a palabra Grazas non abonda. E por isto moitas, moitas grazas.


O Terzo da Fala
Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a ler? - Publicado o 02-06-2010 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
O texto da carta que nos temos presentada o 17 de maio
Bos Aires, 17 de maio de 2010.

Sr Delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires
Don Alejandro López Dobarro.

Ref. Solicitude dos cursos Celga-Bos Aires.
Apoio á manifestación
?O galego: o noso existir?.


Por intermedio da Delegación da Xunta en Bos Aires, os que subscriben reiterámo-las nosas anteriores reclamacións a fin de que se resolva a incerteza sobre a continuidade dos cursos Celga que foran convocados pola Secretaría de Emigración e pola Delegación dá Xunta na nosa cidade durante os anos 2008 e 2009 e dos que aínda non temos noticias para o ano 2010.
Oportunamente realizaramos reclamos escritos tanto na Secretaría de Emigración como na Delegación coa listaxe de alumnos preinscritos no Celga 3, sen resposta concreta algunha ata ou presente. O feito de que temos unha longa listaxe de persoas interesadas en facer tamén os outros cursos Celgas, ademais dos outros cursos de Idioma e Extensión Cultural que ao día de hoxe non comezaron, é a demostración máis evidente - como vostede ben sabe - de que aquí en Bos Aires, a pesar dá falta de publicidade, hai moita xente interesada en aprender galego ou mellor dito: en recuperar a lingua que é nosa de propio dereito.

A nosa incerteza agrávase debido a que se xa temos a data para vos exames en outubro próximo - Resolución do 22 de xaneiro de 2010, dá Secretaría Xeral de Política Lingüística (DOG 8 de febreiro de 2010) -. coa indicación de que debemos efectuar o pagamento dos mesmos antes do 30 de xuño, non se entende que aínda non teñamos os cursos iniciados nin sequera noticias do seu comezo.

Dirixímonos hoxe á Delegación da Xunta coidando que debemos face-los reclamos que corresponden perante as nosas autoridades.

Gustaríanos engadir que, sendo a maioría de nós galegos, nados alá ou aquí, fillos, netos e bisnetos de galegos, asístenos ou dereito de contar cos medios axeitados para aprende-la nosa lingua. Consideramos así mesmo que ademais é o noso deber.

Por outra parte non queremos esquecer a significación que ten este ano a celebración do Día das Letras Galegas, como tamén, especialmente as accións levadas a cabo pola plataforma Queremos Galego e outros colectivos de cidadáns que poñen a nosa lingua por diante e, deixando ideoloxías e ambicións políticas partidarias, están a dicir todos xuntos que o galego é a nosa razón e a nosa dignidade como pobo.

Nos facemos nosa a consigna: ?O galego, é o noso existir? como foi tamén a dos nosos devanceiros que o conservaron e transmitiron, e parafraseando o dicir de nosos amigos galego ? uruguaios: ?O Galego é Patrimonio da Humanidade, patrimonio esencial que viaxou a través dos nosos emigrantes por todo o mundo. O Galego está vivo, e debe continuar a estar vivo na educación? . Tan vivo queremos o galego que pretendemos facer realidade o noso dereito de aprendelo aínda vivindo na Galicia exterior.
Por todo éllo Nós, en Bos Aires, como no resto dá Galicia da diáspora e nas catro provincias da Terra nai, tamén QUEREMOS GALEGO.

Agardando resposta favorable á nosa solicitude con referencia ao noso pedido, saudamos a Vostede coa debida consideración.
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 29-05-2010 17:36
# Ligazón permanente a este artigo
17 DE MAIO 2.010 DIA DAS LETRAS GALEGAS - UXIO NOVONEIRA -

LETANIA DE GALICIA
GALICIA digo eu ún di GALICIA
GALICIA decimos todos GALICIA
hastr'os que calan din GALICIA
e saben sabemos

GALICIA da door chora á forza
GALICIA da tristura triste á foza
GALICIA do silencio calada á forza
GALICIA da fame emigrante á forza
GALICIA vendada cega á forza
GALICIA atrelada queda á forza

libre pra servir libre pra servir
libre pra non ser libre pra non ser
libre pra morrer libre pra morrer
libre pra fuxir libre pra fuxir

GALICIA labrega GALICIA nosa
GALICIA mariñeira GALICIA nosa
GALICIA obrera GALICIA nosa
GALICIA irmandiña
GALICIA viva inda


recóllote da TERRA estás mui fonda
recóllote do PUEBLO estás n'il toda
recóllote da HISTORIA estás borrosa




recóllote i érgote no verbo enteiro
no verbo verdadeiro que fala o pueblo
recóllote pros novos que vein con forza
pros que inda marcou a malla d'argola
pros que saben que ti podes ser outra cousa
pros que saben que o home pode ser outra cousa


sabemos que ti podes ser outra cousa
sabemos que o home pode ser outra cousa





Comentarios (0) - Categoría: Perliñas da língua - Publicado o 17-05-2010 02:34
# Ligazón permanente a este artigo

Comentarios (0) - Categoría: Textos Xerais - Publicado o 15-05-2010 02:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0