Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A VOLTA AO MUNDO EN CLAVE GALEGA - 14/05/2015. |
|
 Por Norberto José Lema
E ocorreu aquí pretiño, sen saír do centro mesmo da Bos Aires ??de Pichuco y de Piazzolla??
Dunha apertada morea de sensacións que se amosan querendo saír fóra, a pluma vai en busca do papel para deixar a pegada dunha ilustre celebración internacional que involucrou o inefábel encanto dunha maioría de homes e mulleres novos, talentosos e cheos de afecto.
Breves misceláneas dun álbum de recordos individuais e ao mesmo tempo compartidos, onde se mostran xestos, coincidencias, diverxencias, miradas coitadas (edas outras), frases feitas, xentilezas, equívocos, etc. Un sobrevoo de lembranzas como flashes que escintilan e van discorrendo polos vieiros do esquecemento, xa que o tempo inexorábel fai, que os ecos do 11.º Congreso da Asociación Internacional de Estudos
Galegos comecen a minguar.
?????????
*Un parágrafo á parte débese á merecente cerimonia de apertura do congreso que se levou a cabo o día 6 de abril no Teatro Castelao do Centro Galego. Unha platea completa de invitados, moitos deles acabados de chegar á Arxentina por vez primeira;
ovacionou o saúdo de benvida de Débora Campos aos congresistas.
Mariela Sánchez tivo a cargo a presentación da conferenciante María Rosa Lojo, que desenvolveu a cuestión da Excentricidad gallega en el imaginario argentino y nuestra Galicia mestiza. Ao termo do maxistral discurso da escritora, presentouse o
Ciclo de diálogos coa coordinación de Víctor F. Freixanes e a participación de Silvia Dolinko, Norberto Cirio e Luis Cortese nunha excelente análise para abrir o xogo dun congreso suramericano. O seu título? Buenos Aires, capital da Cultura Galega.
Deseguido, deu comezo a fervorosa actividade do conclave ao calor da amizade e o recoñecemento mutuo entre xente, seica distante no planeta, pero non nos ideais.
?????????
* O profuso programa daba conta claramente da imposibel dispoñibilidade de tempo real para
responder a unha oferta tan completa de temas por demais interesantes no histórico, xeográfico, artístico, político, clerical, económico? Hai que elixir os temas como se fose dunha atractiva bandexa de bombóns que pasa diante nosa e vai levándose outras moitas tentacións. É cousa de coller e saber resignar. Así é un congreso.
E seguramente algún tesouro moi prezado ficou en proveito de cada quen.
Pero o que quedou no tinteiro? quedou.
???????
*Sen ánimo de esaxerar a nota, hai que deixar constancia dun relatorio que por momentos nos fixo estremecer de emoción. No segundo día do congreso, pola mañá cedo, expuxo o panel 4: De las tradicionales sociedades parroquiales a las nuevas
agrupaciones de difusión de la cultura gallega.
Con minucioso detalle, os oradores foron escribindo propostas e propósitos que dan razón á existencia de tales grupos.
Así, Patricia Alonso e María Rosa Iglesias, da Asociación Herbas de Prata, faláronnos da palabra da muller atravesando o colectivo galego; Susana Blanco e Octavio Fernández, de Tira a Lingua, dos grupos de conversa galega; Gisela Barbeito e
Isabel Cid, do Terzo da Fala, da lingua viva en Bos Aires e finalizaron Marcela Fernández Señor e Walter Sánchez que debuxaron a actualidade do teatro galego en Buenos Aires. A emoción chegou ao tope cando nun breve paso de comedia que ensaiou
Marcela para ilustrar mellor a súa exposición se lle crebou a voz e as bágoas agromaron dos seus ollos nunha candorosa demostración de amor sincero.
Seica, a primeira vez que os presentes na sala puideron apreciar o pranto sentido e real dunha actriz profesional en escena.
???????????
*Na hora das tarxetas persoais, a filóloga lucense deixoume unha das máis orixinais que endexamais pasaron polas miñas mans; a cartolina da nova profesora de galego da Universidade de Bangor e afeccionada birdwatcher, di simplemente:
Lorena López,
Gales, UK.
Leva o enderezo do correo e loce, debuxado por ela, un mockingbird (paxaro parecido a nosa calandra suramericana) sobrevoando ceibe, ao carón dunha gaiola de portas abertas.
??????????
*Silandeira, cun sorriso que non a abandona, ás veces con retranca, pero sempre amábel e doce, Kathleen March explicábame como é o condado do estado de Maine, onde mora. Nese intre, asevereille á introdutora da Cátedra de Lingua Galega en EE.UU. o que comprobei despois con toda seguridade que era un flagrante erro. Teño que remedar dalgunha maneira a fanfurriñada que lle botei a semellante galeguista como esta educadora norteamericana que namorándose da lírica do
Rexurdimento aprendeu a ler e escribir en galego. Esta muller, que é nin máis nin menos a fundadora e primeira presidenta da AIEG.
Non sei se o fino sentido do humor de Kathleen poderá asimilar, aínda hoxe, aquel dato xeográfico, que axiña comprobei que era unha torpeza grande coma un penedo.
?????????.
*Hai tempo, na miña nenez, coñecín á dona Dosinda que era de Chantada e vivía en Miramar. Pensei que nunca ía atopar alguén dese nome de muller. Pero? a mesa 8, Cultura e movementos migratorios, deume a propicia oportunidade, pois presentou a acreditada intervención dunha profesora da Denison University; a moi aplaudida Dosinda Alvite que achegou o seu traballo sobre a Aculturación conflictiva de inmigrantes gallegos en la cultura popular argentina.
?????????..
*No acto no que falaron o arxentino Ruy Farías; Silvia Facal Santiago, de Uruguai; Erica Sarmiento da Silva, do Brasil, e Carmen Norabuena Carrasco, de Chile, a propósito das Migraciones y exilios gallegos en el Cono Sur; case no final do faladoiro, xurdiu do público un rapaz que dirixiu a Carmen unha pregunta respectuosa, se se quere pertinente, segundo unha pasaxe da expoñente que mencionaba a fronteira norteña transandina. A pregunta, fóra de contexto e sen anestesia, foi referida á controvertida saída ao mar de Bolivia. A profesora Carmen Norabuena, inmutable, recolleu a luva con elegancia e decididamente deu unha resposta tecnicamente seria e responsable, pero só convincente desde un punto de vista unilateral. Xa remataba o panel 16.º do día mércores e saímos todos satisfeitos e moi amigos, claro.
?????????.
*No luscofusco do derradeiro día do congreso, o que subscribe estaba na esquina de Perú e Avda. de Mayo e de súpeto sentiu que alguén collía o seu brazo. Era Víctor Freixanes, transformado nun furtivo fotógrafo en busca de instantáneas reveladoras da identidade galega da cidade: pequenos recunchos, nomes, tendas, etc. O home ía relevando testemuños que manifestaran de feito a pegada galego ? porteña para o prolixo rexistro
no arquivo da súa muller, Malós Cabrera.
De socato estabamos tomando un café na London e asemade barallando un amplo menú de temas.
A conversa ía fluíndo polas nubes de Úbeda (que como sabemos, fican un pouco máis alá das serras de Outes), cando caemos na conta que nos agardaba o pracenteiro auditorio da Manzana de las Luces ao que o profesor Henrique Monteagudo, da Real Academia Galega lle impregnou de paraninfo coa conferencia que titulou Sempre en Bos Aires. Nese ámbito ideal, fomos degustando os derradeiros grolos do rico mel que esta ecuménica colmea soubo ofrecer xenerosa durante tres días de reunións
fascinantes sen descarte posible.
????????.
*A clausura do congreso levouse a cabo alí mesmo, no Complejo Histórico Cultural Manzana de las Luces e, sen dúbida, estivo á altura de tan importante acontecemento cultural. Inmediatamente despois da palabra do conferenciante deuse paso á despedida da presidenta Débora Campos e á consagración do relevo, Carmen Mejía Ruiz, diante da emblemática presenza de Katheen March, quen foi agasallada no peche cun ramo de flores no medio dun ledo barullo de aplausos e vivas co público de
pé.
?????????.
*Chegando á porta da Manzana de las Luces, alguén me chamou: ?Saúdote, porque xa non te vou ver!. Unha aperta e ata a volta, amigo!? berrou. E inmediatamente despois pechouse para min a porta de saída dun fermoso país de xente linda e
entrañábel.
Foron tres días de intercambio de erudición e experiencias. E aí rematou o congreso.
Seica 72 horas ditosas, que sinalan unha espera de tres anos detrás dunha ilusión que escintila ao lonxe: Madrid, 2018.
E onde queira que esteas, ti, que en abril 2015 estiveches en Bos Aires, recibe a mellor das lembranzas.
|
|
|
|
XI CONGRESO INTERNACIONAL ASOCIACION ESTUDOS GALEGOS - 13/04/2015. |
|
Síntese da investigación presentada polo Terzo da Fala no XI Congreso Internacional de Estudos Galegos, celebrado en Bos Aires - Arxentina do 6 ao 8 de abril.
O mutualismo galego achégase á sociedade arxentina a finais do século XVIII baixo a pegada relixiosa e asistencial, segundo expresa o Dr. Ruy Farías no seu artigo ?Apuntes sobre la presencia gallega en la Ar-gentina?. No mesmo traballo, o profesor Farías remarca que o asociacionismo galego ía estendendo no país de acollida toda unha rede de relacións que reproducían os ámbitos aldeán e comarcal que quedaran atrás. O obxectivo primario era crear un espazo social, fundamentalmente recreativo, que achegase o ne-cesario vínculo co mundo laboral. Tratábase de concibir lazos de contención necesarios para formalizar os mecanismos que permitisen a réplica a distancia daqueles costumes e vivencias, atributos que portaban nas súas maletas cheas de morriña e esperanza.
Mentres no pasado as asociacións se presentaban como afastadas caixas de resonancia cultural ache-gando lembranzas da terra de orixe, no presente, os novos grupos amosan un escenario de renovadas inquedanzas dos descendentes daqueles precursores. Créanse hoxe, na Arxentina, espazos nos que se reforza a identidade galega a partir da defensa da cultura.
Deste xeito, ?Lectores Galegos?, ?Tira a lingua?, ?Xeito Novo?, ?Herbas de Prata?, ou ?O Terzo da Fala?, percorren un vieiro común para tratar a problemática da lingua e cultura galegas, a actitude da muller fron-te ao proceso migratorio do mundo actual ou a evolución da música enxebre. Enfoques actuais para recre-ar e difundir unha identidade que permanece viva na alma dos sucesores daqueles devanceiros.
En xullo de 2009, un grupo de estudantes de idioma galego remataba o segundo curso do programa ofi-cial para o ensino da lingua nai. Durante dous anos, nas oficinas que ocupaba a Xunta de Galicia na rúa 25 de Mayo, no centro da cidade de Bos Aires, galegos nados, fillos, netos e bisnetos reuníanse despois das clases para escoitar e escoitarse en galego, esa lingua que era o fío condutor entre eles e a entraña-ble voz dos seus.
As motivacións para asistir ao curso foron variadas, pero quizás a máis importante foi o persoal intento de recuperación dese tesouro ancestral que marcara a nenez: a lingua do berce. A palabra dos avós, as his-torias contadas, as cancións e arrolos dos pais, a escoita daquelas conversas cos paisanos, os brindes das festas... volvían á memoria dos alumnos con abraiante maxia.
O curso CELGA 2 remataba e manter o contacto era unha necesidade. Así, coa escusa de preparar as probas, xurdiu a idea de prolongar as clases alí mesmo, en reunións na aula sen profesor.
Conforme pasaba o tempo, o cadro de alumnos foise consolidando nunha auténtica amizade. Compartí-ronse relatos embebidos en bágoa e gromos de riso coas historias comúns da rica retranca galega. O te-ma principal era honrar a lingua galega falándoa e escribíndoa. Os profesores do curso impartírannos cla-ses cos textos clásicos e do Rexurdimento e fixeron desfilar diante nosa a lírica e a prosa de Castelao, Martín Códax, Rosalía, Cunqueiro, Sarmiento, Murguía? Pero tamén nos abriron as portas aos contempo-ráneos autores da nova literatura case descoñecidos para nós: Rivas, Freixanes, González Tosar, Villar Janeiro, De Toro... Dese xeito fomos descubrindo un contido fabuloso a partir de lecturas que se gardaban latentes nun atávico sitio do noso inconsciente. Agochada entre penedos, ríos e fragas, aquela cultura co-rría o pano para nós e mostrábase espléndida. Velaí o fundamento principal: Defender o uso desa musica-lidade, dese son. Tratábase de resgardar o uso da fala.
A toda esa listaxe de accións só lle faltaba un nome que representara as aspiracións do grupo, un que sinalara o camiño a seguir. Alguén lembrou daquela o papel que nas invasións inglesas tivera o ?Batallón de Voluntarios Urbanos de Galicia? de Bos Aires, a cidade que dera abeiro ás súas familias e ás ilusións de progreso. Máis coñecido como o ?Tercio de Gallegos?, este grupo estivo composto por unha nutrida compañía de comerciantes e profesionais ao mando doutro civil, o enxeñeiro pontevedrés Pedro Antonio Cerviño. Eles combateron con valentía nos arredores do Convento de San Domingo e atinxiron a gloria na defensa da zona de Retiro, onde loitaron ata a rendición incondicional dun dos máis aguerridos batallóns da forza invasora.
Así pois, o grupo de estudantes inspirouse naqueles homes de 1806 para defender o mantemento da cul-tura e a lingua galega. Nacía a idea ?do Terzo? mais con outros instrumentos, lonxe do estrondo da metra-lla pero coa mesma determinación daqueles homes.
Rematou o curso de galego e no pensamento de cada un xa estaba instalado o ideario da galeguidade. A sede do PSOE e o Club Español, hóspedes xenerosos, rexistraron o paso das reunións, que finalmente recalou no Centro Lalín, Agolada e Silleda, sede actual das xuntanzas.
A tarefa do grupo reflíctese nunha rutina semanal. A actividade toma como eixo o estudo da realidade da actualidade e do pasado, mergullando nos soportes tecnolóxicos e nos comentarios individuais que sobre o quefacer de Galicia se achegan á mesa das reunións. As novas van incorporándose á maneira de recor-tes xornalísticos; novas literarias, información das entidades galegas, comentarios da TVG... Con traballos didácticos inténtanse reforzar os coñecementos gramaticais. E tamén se recorre a unha selección de lec-turas, ditados de textos, exercicios para estimular a redacción propia deses parágrafos que a agochada historia de cada quen espera liberar para velos espallados no papel e botalos fóra do peto.
Por outra parte, as frecuentes visitas de escritores, xornalistas, educadores e funcionarios contribúen no fortalecemento dos vínculos, do compromiso e do afianzamento cultural do conxunto de compañeiros e implican as consecuentes deliberacións que esixe a recepción das visitas e a programación dos actos de celebracións.
Grazas ao apoio inestimable das autoridades do Centro Lalín, Agolada e Silleda, o Terzo da Fala tamén ofrece un ciclo de cine en idioma galego. Clásicas e modernas expresións da pantalla recompílanse, non sen esforzo, para achegalas unha vez ao mes ao microcine do centro, onde agarda un auditorio ávido de imaxes, sons e palabras que acariñen a morriña.
Un espazo aparte merece a actividade da nosa biblioteca. Xorde a partir da necesidade de dispoñer da lectura que nos brindan non soamente as letras mais recoñecidas da nosa rica literatura, senón tamén acceder aos novos nomes que fan da lingua galega a mais prezada ferramenta para describir a alma do noso pais.
Buscamos dar conta das historias dos que nos precederon e das nosas, pero en clave galega, porque ?con igual valor que aquel ?Tercio de Voluntarios?? os galegos e galegas dérono todo pola patria de orixe e pola nova terra de acollida.
Como inmigrantes e fillos, e netos, imos reconstruíndo a nosa identidade e coidamos que para iso é fun-damental interpelar o zume e a lentura da terra, a vida enteira galega, para lograr esmiuzar a realidade galaico - arxentina.
Debaixo desa índole natural, o grupo foi tomando corpo xunto a outros amigos que simplemente simpati-zan co achegamento a esa lingua feiticeira. E dese febril indagar arredor das raíces, atopamos que o uso do galego acada unha comunicación máis dinámica e congregante.
Temos aínda o desexo primordial de compartir coas novas xeracións a epopea migratoria e que esas his-torias que teñen moito que dicir se manteñan vivas sempre en Bos Aires.
Para o Terzo da Fala, colaborar co sostemento da cultura e lingua galega é un forte desafío de hoxe cara a un esperanzador mañá e o noso humilde e sinxelo tributo a Galicia, Terra Nai.
Agradécese especialmente a colaboración de Manuela Buján e Norberto Lema Regini, Alicia Lago Roca y Gisela Barbeito, integrantes do Terzo da Fala, na elaboración do presente traballo.
|
|
|
|
CONGRESO INTERNACIONAL ASOCIACION ESTUDOS GALEGOS - 09/04/2015. |
|
Impresións dunha compañeira do Terzo sobre o Congreso.
Por Rosa M. Rodriguez
Estou FELiz, FELIz, FELIZ...........
Vivín 3 días marabillosos, inesquecibles.
Quero agradecer a todos os que traballaron para que isto fose posible. Tanto os organizadores como os oradores.
Emocióname ver mozos, de distintas partes do mundo, participando como oradores, presentando os seus traballos sobre e emigración galega, e sobre esta en Bos Aires. Moitos de eles fixeron a súas teses sobre o tema da emigración e a cultura galega, dentro e fora de Galicia.
Os estudantes do Colexio Santiago Apóstol, falando galego como se fosen nados en Galicia.
Camiñar por as rúas de Bos Aires, alemáns, brasileiros, españois, norteamericanos, arxentinos falando en Galego.
Compartir un café o un xantar lixeiro, porque as conferencias eran tan interesantes que nos quedabamos sen tempo, con Victor Freixanes, Rosario Alvarez, Henrique Monteagudo, Malores Villanueva, oradores, asistentes, organizadores, xuntos, que mais se pode pedir.
Nunca imaxinei cando me inscribín no 2009, no curso de Celga, que tería a oportunidade de vivir estas experiencias. Eu soamente quería poder escribir e falar a lingua dos meus pais.
A primeira experiencia foi no 2010 cando participei en Galicia do curso de Lingua e cultura Galega, despertou en mi a necesidade e a curiosidade por a defensa da lingua e da cultura. Nestes días, os distintos temas expostos, todos boísimos, o tema da emigración mobilizoume.
En cada un destes encontros vou descubrindo a miña identidade e cousas novas, sinalo algunhas, poucos coñecemos o patrimonio cultural que conten o Centro Galego ou as institucións recreativas e culturais que fundaron os nosos devanceiros, que corren o perigo de perderse, e dese modo, pérdese parte da nosa historia. O traballo tan interesante que fai o Museo da Emigración Galega (MEGA).
Hoxe penso que esta estrofa do himno Galego:
?desperta do teu sono
fogar de Breogan?
pode aplicarse os descendentes dos galegos en Bos Aires.
|
|
|
|
A VISITA DE XAVIER ALCALA - 07/01/2015 |
|
 Por Norberto Lema Regini
O Terzo da Fala transformou o habitual cafeíño das xuntanzas nun completo brunch coma se fóramos turistas preparando unha xornada de ledo percorrido polas rúas e avenidas da nosa propia cidade. O bar do Castelar Hotel foi o refuxio ideal para unha mañá impregnada dun alto índice de humidade e aínda compunxida, a poucas horas do criminal atentado na capital de Francia. Era 7 de xaneiro, mércores.
O salón do hotel, baleiro xa de hóspedes, ía sumando compañeiros do Terzo que chegaban para dar acollida a este entusiasta galeguista, enxeñeiro en Telecomunicacións, escritor prolífico e ameno conferenciante.
Como un porteño máis fuxindo do sol do verán, ingresou no salón. Mangas curtas, branca camisa, saudando nunha súpeta chegada na compaña de Carlos Brandeiro.
De seguido, Xavier Alcalá Navarro, cuxo currículo vital de tan extenso asombra, xa que ten unha folla de servizo que transcende Galicia, recala en España atinxindo a Europa, estabeleceu o seu sitio no medio da xuntanza. Demandou unha ?desas sen gasificar?, e comezou con voz clara e dicción impecábel a súa exposición. Deu un breve resumo persoal como introdución e axiña levantou voo coas súas palabras nunha morea sen fin de citas e lembranzas, unidas ás reflexións do caso. Aí mesmo confesouse cunha forte vocación lírica, aínda que o ensaio e a ficción seica se lle deron mellor.
Advertindo a incomodidade da recta e longa táboa, Xavier invitou a reunírmonos nun semicírculo para máis intimar e facilitar a audición. Nesa orde máis apropiada para escoitar un orador nun lugar público, quen suscribe puido situarse nun ángulo que permitía un completo panorama do resto dos oíntes comprobando como esas cariñas de aceno abraiado expresábanse silandeiras como dicindo: ?olla ti?, parece mentira!?; tal era de efectivo o discurso.
A atención era puntual, todos e todas seguían con vivo interese as glorias e miserias, as historias, andainas e costumes en relatos que se apoiaban de cando en vez, en dosaxes do simpático histrionismo que este amigo do Terzo manexa moi ben.
Sen deixar de botar unha mirada crítica sobre a actualidade máis quente, Xavier Alcalá, ollando con elocuencia ós presentes, movía a súa cabeza subliñada por unha prolixa barba gris e leves anteollos, facendo desfilar perante nós, anécdotas, enredos, e tamén algunhas celebradas revelacións nun colorido carrusel de sobranceiros personaxes, (algúns non tan ilustres), mesturados, uns e outros, en diversas situacións que en persoal síntese exhibiu para ilustrarnos e dar condimento e razón á nosa teima galeguista.
|
|
|
|
?GUERRA QUIMICA?, de J. Coletti (escritor mendocino) - 19/12/2014 |
|
?Saíron das covas subterráneas, silandeiras e atentas. A enceguecedora luz varría o contorno de sombras e sorprendeu a vangarda. Os seus corpos eran delgados e fortes. (?) Enxergaron o horizonte e aspiraron a fresca brisa. Lonxe divisábanse os luminosos pétalos da árbore do recendo, vermellos e carnosos, sobre os cimbreantes talos protexidos de espiñas. (?) Case invisibeis, entrecortados pola brétema, podían divisarse os membros do comando de técnicos que se adiantaran para demarcar a área da recolleita. Abaixo, nos apousentos, húmidos e mornos, bulía a vida da familia das exploradoras, á carón dos depósitos dos alimentos. (?) Observaron a vella pegada que conducía ao val achegado; viron como o vento apertaba a multitude de cadavres calcinados sobre a herba. Un sentimento de pavor percorreu a columna escura e apertada das obreiras que agardaba a orde de avanzar. Lixeiros contactos dos seus corpos, coma se fose un diálogo codificado, poñíanas nas condicións para unha boa receptividade. A enerxía toda e máis o poder da vontade eran para a causa do traballo da comunidade. (?) Os corpos armoniosos e perfectos, case inmóviles, agardaban a orde, e cando chegou a sinal vibrátil, unha multitude emerxeu das catacumbas e encamiñou cara ás praderías verdes para coller canto cada unha podía transportar con rapidez á cidade subterránea. Os seixos e máis as follas dos piñeiros xigantes entorpecían o paso. (?) Nin os lóstregos de luz que viñan do espazo, nin o esforzo ata o límite, nin o aburante po que destruíra tantas xeracións, era impedimento para esta nova invasión. (?)Mentres un grupo cortaba, outro comezaba o regreso. De súpeto, un son inesperado estalou no aire, mentres unha sombra voluminosa, multiplicando o efecto da luz sobre as outras sombras, formou unha tempestade de pavor sobre a caravana. As máis fortes trataron de chegar, apresurando o paso e sostendo con forza a carga que levaban sobre os seus ombreiros. Outras, fébles e atemorizadas, procuraban agocharse entre as altas herbas que estaban á beira do camiño. Os berros dos gardians para impoñer orde, foron esmagados polo estrondo áspero que chegaba do ceo e, antes que se puidesen gorecer, unha choiva pestilente caeu sobre o camiño e cubriunas. (?) A asfixia e máis o terror provocáballes en segundo unha morte dolorosa. Unha tras outra, as formidábeis atletas sucumbiron xunto ós ennegrecidos corpos das que integraran as expedicións anteriores, vítimas do mesmo mal.
-?¡Malditas! Non dexarei unha soa con vida?- Berraba o xardineiro mentres espallaba o veleno para formigas no xardín.?
(Tradución: Susana García Otero)
|
|
|
|
|
|
|
|
|