Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

16 de Xullo noso aniversario

Por NORBERTO JOSÉ LEMA REGINI

Lémbrome ben. Foi na rúa 25 de Maio Nº 555; nas oficinas da antiga sede da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires, no Centro mesmo da cidade.

Non costou esforzo algún. Naceu a carón do rumor dos poemas de Cunqueiro e Rosalía. Docemente, sen dar traballo. Soamente escoitouse un berro: ?poñámoslle Terzo..., Terzo da Lingua?!

Alguén explicou o porqué do ?Terzo? e propuxo: "coido que mellor sería da Fala".

E, naquela mañá dos primeiros días do agosto porteño do ano 2009; coa lume sagrada de galegos nados, fillos e netos; tivo o seu berce morno arredor do lar, O Terzo da Fala.

Moitas veces, despois do acontecido a xente fica sen reacción, perplexa, marabillada e non atina a engadir nada máis. É indispensable entón, que veña un notario e fixe a data precisa. Que veña axiña e pida información. Que pregunte aos veciños, á xente na rúa, que indague na cafetería Santo Cristo. Alguén tivo que ver escintilar as luces nas xanelas e voar as pombas!.

Algúns din polo baixo que o pariu unha femia. Unha das admirables galegas do Terzo da Fala.

Quen é? Seica saberíao ela?

A mística comeza a medrar. Abofé


Comentarios (1) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 16-07-2011 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Rosalía de Castro no 126º aniversario da sua morte


Homenaje a Rosalía De Castro en el 126 aniversario de su muerte.

NEGRA SOMBRA

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

ROSALÍA DE CASTRO (Follas Novas, 1880)

Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a ler? - Publicado o 16-07-2011 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
TRES VECES V I C T O R
Por NORBERTO JOSÉ LEMA REGINI

FREIXANES I

O home ten ben gañado o título de amigo dilecto do Terzo da Fala. Outra vez, como na visita do ano pasado, atopou nunha axenda moi estreita un anaco de tempo para dedicalo aos nosos mércores de xuntanza no Centro Lalín. Non foi distinto
nesta do 27 de abril de 2011. Sempre co encantador soporte de Débora Campos e na compaña non menos encantadora de María Dolores Cabrera Iglesias, a súa muller, Víctor Freixanes tróuxonos hoxe como onte a mesma treboada de ideas e impulsos que invitan a montar a onda no desafío ?da doce vertixe da táboa do surf?, como lle gustou dicir agasallándonos cunha espléndida metáfora da súa rebordada hucha, e instigarnos á
ineludible tarefa de facer noso o ideario, e procurar impoñelo.
Pero non só nos deixou un discurso fondo e saboroso, tamén puxo encol da mesa o derradeiro proxecto da editorial que comanda. Sabemos polo seu relato, da chamada ?Mar Maior?, editora aínda en xestación que viría cumprir cun labor necesario
e práctico como é o de poñer ao noso alcance os títulos literarios en galego, pero impresos e distribuídos nesta praza.
Unha grande primicia para nós. Ademais do seu afecto e cordialidade que outra cousa se pode pedir?

FREIXANES II

Cando son as 19:30 da tarde do 28 de abril de 2011, o home detén a súa marcha na entrada do Pavillón Amarelo da Feria del Libro de Bos Aires e di algo a ?Malós? Cabrera; ela saca do bolso a cámara fotográfica, o home enfoca e agradece a un grupo de mulleres novas e riseiras mentres unha delas, a máis vella, fala con el. Víctor Fernández Freixanes volve ao carón da súa muller e reproduce o seguinte diálogo: ?Usted es español??. ? No, gallego. ? Ah, gallego...; y que piensa de los sudacas de aquí, eh? (...)

A rúa 12 do Pavillón Amarelo, aparece tras a maraña de elegantes e temporais estruturas, de alfombras de cores e ultra iluminados locais, que amosan e agochan a xente que acude á festa dos lectores e das mil e unha novidades baixo lemas diversos e apelacións de mercado das produtoras de lecturas para todos os gustos.
Por fin, nunha esquina atópase o posto da Xunta de Galicia onde se pode ver un Ruy Farías atarefado nunha aplicada atención das consultas dos paseantes e dos recentemente chegados ao evento. Aínda falta para que a xente se xunte na entrada da sala Javier Villafañe. Dentro do recinto prepáranse convenientemente os aparellos para que o impecábel son colme as expectativas dun auditorio que comprende adultos novos e vellos, e aínda cativos chegados do Instituto Santiago Apóstol baixo a compracida e protectora ollada de Carlos Brandeiro, o seu querido profesor.

Coa presentación de Freixanes como director da Editorial Galaxia e de Francisco

López-Barxas, director xeral do Libro e Bibliotecas, fíxose a entrega de exemplares
da ?Antoloxía da literatura galega (1196-1981)?, en edición bilingüe inglés-galego,publicada pola Xunta de Galicia en colaboración coas editoriais Galaxia e Xerais, que reúne cincuenta e cinco textos de diversos xéneros e de autores de todas as épocas; especial escolma traducida por Jonathan Dunne.

Protagonizou a entrega tamén, o representante da Asociación Galega de Editores (AGE), Xelasio Suárez Santiso.

O Terzo da Fala, tivo o seu flamante exemplar do volume, e a nosa Celia Prado Romero, ?Celín?, cumpriu co honor de recibilo das mans de Víctor Freixanes.

A continuación, tras a aplaudida foto dos patrocinadores, donantes e receptores, deu comezo a actuación de Cándido Pazó, nun espectáculo persoal que responde ao xeito do teatro actual e aínda do café concert. Unha actuación memorable
dun intérprete especialmente chegado de Galicia co seu, ás veces picante e sempre agudo, humor para facernos rir con gañas.

FREIXANES III

Serán de sábado, cedo. Pola tele fútbol, e nas rúas cheas de sol, os modernos buses dos citytours amosando paseniño o mellor Bos Aires outonal.

Café Tortoni das porteñas lembranzas cuxas paredes gardan testemuño de alegres encontros e discordias silandeiras. Das táboas entrañables e inesquecibles faladoiros; da orde inefable que xorde firme e cantareira: ¡Chocolate, uno...!, ¡café dossssss!

O home está sentado no medio da sala Alfonsina Storni, aló no Tortoni profundo. Sorrí e agarda o momento da venia para liberar os coñecementos que garda no seu peto. Entón as palabras flúen, agroman nun relato erudito, para dar un amplo
paseo pola historia universal do Xornalismo. Afirma este pontevedrés cincuentón, alto e de ben peiteada cabeza branca, que no século dezaoito coa Revolución Francesa a ignorancia tivo que retroceder, gañando terreo a escolarización dunha cidadanía que se interesaba cada vez máis en ter a información que daquela só tiñan uns poucos, os
poucos que sabían ler. E vai sostendo un completísimo desfile de figuras, sucesos e progresos tecnolóxicos que tiveron que ver no pasado, ata os medios de comunicación de masas no mundo actual.
Tanto ilustrado espallar non fixo máis que abrir o interese ao diálogo do atento público que encheu o reservado salón. Diálogo ao que se prestou coa franqueza e amabilidade que o caracteriza, incluíndo o que se pode entender, no xeito das elegantes maneiras, coma unha reverencia: a cita puntual do nome do ocasional tertuliano. Un trazo sobresaínte que distingue a súa personalidade.
No seo desta xuntanza dos Lectores Galegos de Bos Aires, o derradeiro encontro con Víctor Freixanes neste 2011 ía chegando ao final. Agora ninguén ficaba na súa cadeira, os oíntes querían achegarse ao disertador, estreitar a súa man; e xa todo eran apertas e bicos de recoñecemento para Andrea Cobas Carral e Débora Campos,
condutoras deste espazo de galeguidade e porteñidade ben entendidas. De pé o home saudaba e despedíase riseiro deica a próxima visita a súa entrañábel Bos Aires.

Fóra, ao lonxe dunha Avenida de Mayo espléndida, ía agochándose o morno sol do outono porteño.


Comentarios (1) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 01-06-2011 05:13
# Ligazón permanente a este artigo
O NOSO COMPROMISO
Este sábado 30, o mesmo dia da gran festa pola lingua galega que se está a desenvolver en Santiago, o noso colectivo recolle as ondas do seu andar. Asistimos marabillados á conferencia do escritor Víctor Freixanes no Tortoni, arropados por moitísimas persoas interesadas na defensa da lingua galega e por tanto partícipes na nosa loita.

Son estas as ondiñas que non vemos marchar pero que, cando volven nos dan o alento para soster a nosa andaina aínda que ás veces o camiño non sexa o mais doado.

O noso compromiso è ser fermento, coa morriña como unha cantiga de berce e coa memoria viva dos que un día viñeron, sempre soñando unha viaxe de volta que non puideron facer.

http://cadernos.blogaliza.org/2011/02/03/o-galego-importa-dentro-e-fora/

Cando lemos as mencións o noso corazón berra de ledicia porque onte O Terzo da Fala recibiu, xunto a outros colectivos e institucións recoñecidos da cultura galega no exterior, un exemplar do primeiro tomo da Antoloxía de la Literatura Galega: ?Anthology of galician literature. Antoloxía da literatura galega [1196-1981??, en edición bilingüe inglés-galego, editada por Jonathan Dunne e publicada pola Xunta de Galicia en colaboración coas editoriales Galaxia e Xerais. Este recoñecemento do noso traballo quedará como un fito na historia do Terzo.

http://www.galiciaaberta.com/actualidade/cultura-e-turismo-entrega-na-feira-do-libro-de-bos-aires-antolox%C3%AD-da-literatura-galega-p

O noso camiñar coma colectivo naceu do amor pola lingua e a cultura galega e este sentimento segue sendo a lareira de tódalas nosas xuntanzas.

Alicia Lago Roca, Celia Prado Romero

Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 01-05-2011 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Unha fermosa galega da diáspora membro da RAG

Noso colectivo está de festa:
XOSÉ LUÍS REGUEIRA FERNÁNDEZ, ACADÉMICO ELECTO DA REAL ACADEMIA GALEGA E DÉBORA CAMPOS VÁZQUEZ, ACADÉMICA CORRESPONDENTE
25 de marzo de 2011.-
O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o 25 de marzo de 2011, acordou nomear académico electo a don Xosé Luís Regueira Fernández, para ocupar a vacante que se produciu tras o falecemento da académica numeraria dona Olga Gallego Domínguez.
Na mesma sesión produciuse o nomeamento de Débora Campos Vázquez como académica correspondente.....
Débora Campos Vazquez (Buenos Aires, 1973), filla de galegos, naceu no Centro Gallego de Buenos Aires. É xornalista e profesora na Universidade de Buenos Aires (UBA). Licenciouse en Ciencias da Comunicación na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Buenos Aires (UBA). Tamén se formou na escola de xornalistas TEA, mentres traballaba en diarios como Clarín, El Día, Página/12, El Día e revistas como Noticias, Veintitrés, Mercado, entre outras.
Foi colaboradora do diario electrónico Vieiros de Galicia e membro do Foro de Periodismo Argentino (FOPEA). Traballa hai cinco anos no único diario gratuíto que chega ás principais universidades de Buenos Aires. É autora do blog Fíos Invisibles (http://fiosinvisibles.blogspot.com/) e columnista no Diario Cultural da Radio Galega. Coordina, xunto á licenciada en Letras Andrea Cobas Carral, o ciclo de literatura galega "Lectores galegos en Bos Aires" no mítico Bar Tortoni na Avenida de Mayo de Bos Aires.
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 31-03-2011 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0