Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Perliñas do dia |
|
*Sabías que?
o mascarón de proa da fragata libertad foi labrado en 1963 por un escultor galego:
Carlos García González?
??representa la República Argentina. La mujer mira el horizonte durante la derrota por los mares del mundo??
*Sabías que?
a rianxeira é unha canción nada en Bos Aires?
*Sabías que?
Me gustas tú é unha canción de Manu Chao?; nun intre, a letra di ?? me gusta La Coruña; me gustas tú??
Norberto Lema Regini |
|
|
|
Nosas Perliñas |
|

A proposta de Norberto foi que compartamos o que lemos, o que atopamos, o que escoitamos ou lembramos. que compartamos,como escribiu "costumes, rarezas, novas e ata segrediños que nos chaman a atención a todos. Daquelas ?perliñas? que un recolle por ahí lendo ou escoitándoas e que falan de cousas que teñan que ver coa galeguidade."
E de ali, foi botando no vento, as follas que van chegando de cada un de nos.
Coma a chorima, a flor do toxo,á que os Saraibas cantáronlle:Chorima nosa chorima, tan amarela no monte, ti é-la fror dos galegos, dos de onte e dos de hoxe. Fror de toxo, fror de toxo, fror da galeguidade as raíces son a ialma a chorima a saudade. Arrecendes os toxales, non te quixeches na casa, ergueita brava e ceibe como os galegos de raza. Somente a nosa terra abona a túa semente, chorima ti sí es nosa, fúche-lo e sera-lo sempre". |
|
|
|
Nosos Poetas benqueridos |
|
Celso Emilio Ferreiro ( De Longa noite de pedra)
AIRE PURO
O aire puro da mañá procrama
o seu dereito a entrar en cada casa.
¡Abrelle as portas, patria!
¡Dálle os teus seos, alma!
Deixa ise tufo acedo que te abafa,
esquece istas mortallas
estiña as túas bágoas,
fala,
canta,
arrumba a desespranza,
non deixes que te aldraxen; aldraxa.
Onte non. Pensa nas albas
que han de vir, ponlle cerco ás lembranzas
que te atan.
Deixa entrar a mañá crara
na túa casa. |
|
|
|
Nosos Poetas benqueridos |
|
Ramón Cabanillas
Galicia
¡Galicia! Nai e Señora,
sempre garimosa e forte;
preto e lonxe; onte, agora,
mañán... na vida e na morte!
....
¡Todo prá nosa Galicia,
fror de todal-as virtudes;
prá sedenta de xusticia,
ferida de escravitudes!
Namentras a sangre vibre
en beizos e corazón...
¡a espranza de véla libre
e este berro: Redención ¡
¡Xuremos! "Dereito ou torto,
sin máis alcuño ni-achego,
doente ou sán, vivo ou morto,
gallego...¡soio gallego!" |
|
|
|
a patria terceira |
|
 "Corre o vento, o río pasa.
Corren nubes, nubes corren
camiño da miña casa".
Rosalía
Queridos terceiros todos: nós tamén imos camiño da nosa casa, a lingua galega que é quen de nos dar a Patria en calquera parte do mundo. E nesa andaina non imos sós, formamos un grupo de boa xente, agasallo da vida, patria humana, xenerosa e sempre esperta, agardando que alguén precise axuda ou consolo. Para toda a Patria Terceira: parabéns no día dos amigos !!!
ALICIA LAGO ROCA |
|
|
|
|
|
|
|
|