Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Visitounos a Dra. Olga Castro - 28 de agosto de 2013. |
|
Visitounos a Dra Olga Castro, vicepresidente da AIEG (Asociación Internacional de Estudos Galegos). Contounos sobre a súa historia familiar, as actividades que desenvolve na Universidade e o proxecto de organizar no ano 2015 o XI Congreso da AIEG en Bos Aires.
Ademais falounos da súa investigación sobre a vida de Rosalia de Castro, a súa obra e a realidade da época na que lle tocou vivir. Foi unha amena charla onde, café mediante, dialogamos con ela. |
|
|
|
CINE E CHOCOLATE: "A Lingua das Bolboretas" - 7 de setembro de 2013 |
|
Esperámolos o 7 de setembro ás 16 hs. no Centro Lalín Agolada e Silleda para gozar da película "A Lingua dás Bolboretas" e dun rico chocolate con churros.
"A Lingua das bolboretas" é a versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro ¿Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.
Trata sobre a relación dun neno e o seu mestre durante a época da Guerra Civil Española. Comeza co neno, Moncho, que ten medo de ir á escola xa que o tiñan asustado ó dicirlle que os mestres zoupaban nos estudantes. Moncho non quere ir ó colexio porque teme que o profesor lle pegue, como era habitual na educación da época. Pero o seu mestre non é así... |
|
|
|
CINE E CHOCOLATE: "El Bosque Animado" - 17 de agosto de 2013 |
|
Un bosque na xungla
Antes iamos máis ao cine. Todos os venres buscaba o suplemento de espectáculos para ler as críticas das estreas cinematográficas da semana.
Unha noite sinalei co dedo un artigo do xornalista Aníbal Vinelli no que se refería eloxiosamente a un filme ?O Bosque Animado? de José Luis Cuerda sobre o libro do galego Wenceslao Fernández Flores.
Nun simpático pero tamén severo fresco de comezos da posguerra civil, contábanse as historias das xentes dunha vila do norte de España; lindas xentes que discorrían polo seu pequeno mundo abafadas por un ambiente no que as carencias da vida en sociedade eran tan grandes como grandes eran as súas resignacións nunha loita que esgotaba, unha a unha, as ilusións por modestas que fosen.
Julia, a miña muller, púxose a ler deseguido e cun sorrisiño cómplice aprobou o programa: ?Ah, clarísimo?, ya entendí todo?; si querés, vamos mañana?.
Pero o certo era que, naquel artigo no que se ponderaba una película española,Vinelli non facía máis que entusiasmarse cunha historia onde o principal asunto era Galicia e o pobo galego! Sen esquecer o que entendía como a maxia e nobreza do país, o xornalista facía mención a cada personaxe con gran tenrura e pechaba a nota salientando a excelente participación dun elenco fantástico e o mérito do guión de Rafael Azcona (Premio Goya, 1987), xunto as outras catro distincións: mellor película, mellor actor (Alfredo Landa), mellor música e mellor vestiario.
Pasaron moitos anos e aquelas impresións recobráronse intactas grazas á iniciativa xurdida no Terzo da Fala e ao empeño da nosa compañeira Alicia Lago ?outra fanática do Bosque Animado? que foi quen de procurar a copia coa que gozamos o sábado pasado no entrañábel microcine do Centro Lalín.
Atrévome a asegurar que non hai actriz ou actor que ao desfilar por este relato non deixe pegada. Ningún que non se apropiara, artisticamente falando, dese anaco de secuencia fílmica onde aparecera actuando. E todos son cribles? e queribles.
Hermelinda, Malvís (Fendetestas), Geraldo, Fiz de Cotobelo, Pilara, Marica da Fame, D?Abondo, etc. forman parte deste inesquecíbel carrusel humano, cálido e multicolor. Todos moi forte petan; aínda o simpático toliño que non falta nas mellores vilas, (Luis Ciges). Aquel que, nun acto xeneroso e leal, agasalla coa máis prezada das súas pitas a Marica da Fame, nai de Pilara, nun dos grandes momentos da película na que o variado prisma da alma galega se amosa tal cal.
Dende estas liñas, propoño que nos pronunciemos libremente a prol daquel personaxe que deixou maior pegada no modesto entender de cada un dos que vimos a fita. Ao respecto, debo dicir que no remate da tan amábel función, no medio da compracencia xeral, houbo quen botou de menos unha quenda final na que, quen así o desexase, puidese falar a gusto do que experimentou diante da pantalla. Coido que algúns dos presentes devecían por falar.
Será que cumpre principiar antes das catro da tarde?
Será que Cine e Chocolate vai tomando cada vez máis importancia?
Transmito a inquedanza.
Norberto Lema Regini
|
|
|
|
Presentación da Prof. María Pilar García Negro - 13 de agosto de 2013 |
|
Coa presentación da profesora María Pilar García Negro, quen nos ditou unha esperada conferencia sobre Rosalía de Castro, a Secretaría de Cultura del Centro Lalín, Agolada e Silleda, en colaboración co Terzo da Fala, non fixo máis que encher de amábel erudición e simpatía o microcine situado no primeiro andar do Centro.
Dun currículo fulgurante, María Pilar, - que é unha autoridade en lingüística e aínda profesora, escritora, deputada con mandato cumprido, etc,- deixounos para lembrar, unha clase que trascendeu datas e anecdotario, prodigándose en reflexións que enchen de real significado a esencial misión daquel luceiro do Rexurdimento.
Unha dición impecábel, en parella dunha doce entoación, son os signos de identidade que lle dan marco a un afinado rexistro de contralto e inspiran unha robustez que a súa contextura non pode negar.
Escoltada por Ma. Elena da Silva e Gisela Barbeito; asomaba no centro da ampla mesa coa súa prolixamente recortada cabeleira negra e o seu ?tailleur? de lucido cor morado que adorna unha camelia artificial pendurada na solapa. Advertíase na atenta platea, que a voz que agroma do seu peito é o vehículo ideal para dar sostemento ós sólidos coñecementos que resaltan o valor da obra rosaliana explicándoa, de paso, como universal alento de importancia ?centrípeta e non só centrífuga?, que proxecta a súa luzada á mesma raíz cultural da nación galega.
Sen deixar na beira a situación política actual do galego, noutro pasaxe da conversa que o público seguiu con crecente interese, acadou dous conceptos para ilustrar a cuestión da lingua: falou do galego ?consentido? e do galego ?con sentido, pero moi escaso?; facendo apropiado uso da agudeza que a paronimia presta.
Mentres tanto, da xente que permanecía inmóbil nas cadeiras, escoitábanse os infaltábeis - seica illados-, tusidos e os puntuais recitados en voz baixiña como rezos, para acompañar de memoria a lectura dos poemas que a disertante escollía.
E aínda nese momento, diante do incipiente catarro do ocasional cronista, xurdiu providencial, o xesto do profesor Brandeiro convidando cun refrescante carameliño de menta. Discretamente o home, se manifestaba sorrinte e compracido de haber tido un novo contacto con aquela muller de quen fora o seu alumno e seguro admirador.
Por a súa parte, María Pilar, ía rematando unha conversa que cun pechado aplauso amosou o xúbilo dos presentes por contar có inestimábel concurso da palabra dunha pontevedresa de Lamas; distinguida muller e ilustre mestra, nunha tertulia imperdíbel.
Norberto Lema Regini.
|
|
|
|
CINE E CHOCOLATE: "Doentes" - 6 de xullo de 2013 |
|
Na Arxentina o cine galego, certamente, non é frecuente nas salas comerciais; así e todo, alumnos dos cursos de lingua galega e fanáticos da pantalla grande fomos colectando na mente e na retina, unha por unha, as escasas películas anunciadas por algúns dos circuítos de exhibicións nas sociedades, os entrañables templos da galeguidade en Bos Aires.
Imposible esquecer no Terzo da Fala as primeiras experiencias propostas polos profesores de Lingua Galega, con copias que eles mesmos procuraban para
aproximarnos á mestura dos sons da fala enxebre coas imaxes da terra nai.
E como non, reflexionar polo tanto sobre a nosa posta en marcha dun novo ciclo cinematográfico
en épocas nas que o común é observar como as salas de cine se ven ameazadas pola sombra do quebranto.
No devir dos actos organizados polo Terzo a prol da cultura galega e no seo dalgunhas das xuntanzas dos mércores, xurdiu a convicción da pegada cinematográfica como infalible convocatoria para compartir un momento de goce estendido libremente a quen gustara participar. Cine na propia lingua, claro, pero aínda en castelán, cando o contido se amosa como un asunto enxebre.
Tarde do sábado, 6 de xullo de 2013 no Centro Lalín, Agolada e Silleda.
No primeiro andar á dereita o salonciño das reunións foi convertido nun apropiado microcine para que se puidese encher de entusiastas inquedos por participar da primeira das funcións de cine galego organizada polo Terzo da Fala e a Secretaría de Cultura do centro.
Ao redor das 17:30 horas, sinxelamente, cunhas poucas palabras de presentación, a proxección do filme Doentes deu comezo.
Xa a pantalla ía amosando as andanzas de don Valeriano e Cañete, namentres na platea se sentían as primeiras vibracións que provocaba o relato daquela vívida estampa peninsular dos anos 50; todo iso, na leda compaña da musiquiña que brincaba fóra dun fondo de acordeón incidental.
Foron 90 minutos engaiolantes que só puido dar por concluídos a palabra ?Fin?.
Nese intre agromou espontáneo un aplauso. A obra da figura das Letras Galegas 2013, o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, deixou a súa pegada nunha tarde fría do inverno porteño, seica morniña de entusiasmo galeguista. A oportuna invitación da casa cunha cunca de chocolate con churros foi o especial estimulante para a entusiasta quenda coloquial que pechou tan amable faladoiro coa firme promesa de renovar a mostra mes a mes, sempre no Lalín; sábado no serán.
Norberto Lema Regini.
|
|
|
|
|
|
|
|
|