Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CINE E CHOCOLATE: "Os mortos van á présa" - 5 de outubro de 2013
Esperámolos o sábado 5 de outubro ás 16 hs. no Centro Lalín Agolada e Silleda para gozar de película ?Os mortos van á présa?.
O filme narra as historias de tres parellas pertencentes a distintas xeracións, nunha vila mariñeira e as crenzas da Galicia tradicional como fondo. A historia comeza cando unha camioneira chega á vila e o seu vehículo queda atrancado nunha ponte, o que impide o traslado do cadaleito dun home acabado de finar ese mesmo día.
Gañou 9 Premios Mestre Mateo 2008: mellor longametraxe, mellor dirección de produción (María Liaño), mellor dirección de fotografía (Suso Bello), mellor maquillaxe e perruquería (Raquel Fidalgo e Rosana Teijeiro), mellor deseño de vestiario (Saturna), mellor son (Carlos Faruolo), mellor interpretación masculina protagonista (Chete Lera), mellor interpretación feminina de reparto (Belén Constenla) e mellor interpretación masculina de reparto (Xosé Manuel Olveira "Pico").
Foi rodada en Ribadeo (provincia de Lugo), onde tivo lugar así mesmo a estrea. A rodaxe tivo que ser suspendida no verán de 2006 por problemas de financiamento, retomándose tempo máis tarde.
Esperámolos para gozar dunha boa película, un rico chocolate con churros e unha charla de amizade.
Crítica do filme
Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a ler? - Publicado o 16-09-2013 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
Moito chove?; imos ao cine?
Sábese: máis tarde ou máis cedo, a treboada de Santa Rosa, nunca falla.
O parte meteorolóxico das nove da noite do sábado 7 de septembro, dictounos unha marca nas precipitacións cercana ós cen milímetros. Sen dúbida, chover?, choveu!
Nun Bos Aires pasado por auga, pero xa sin lóstregos e tronos; a porta do microcine do Centro Lalín ficou pechada, a luz apagada, e xa non resoaba o aplauso espontáneo que arrincou dos espectadores logo da película, para despois ficar en amabel conversa prolongando a tertulia cunha cunca de saboroso chocolate.
En xeral, o ánimo ia recobrándose a modo, logo daquele patético final que aínda peta nas nosas conciencias; o desenlace da película ?A lingua das bolboretas?.
No remate do film, o director José Luis Cuerda deixa conxelada na pantalla, esa dura e ao mesmo tempo perplexa ollada do cativo Moncho, (ou ?Pardal?), que curtaba o alento e provocaba bágoas na estupefacta platea presente na última función do ciclo ?Cine e Chocolate?, o sábado 7 de septembro.
Esta grande ?confabulación? entre o galego Manolo Rivas, o logroñés Rafael Azcona e o albaceteño Cuerda, non fixo máis que atinxir unha alquimia tan preciosa que soamente puido lograr semellante xuntanza, unida á soberbia actuación dun grande como Fernando Fernán Gómez, intérprete ideal do mestre Don Gregorio, quen fora secundado por un elenco sobresaínte en calidade.
Dai a impresión que Rivas, imaxinou ese cruel desenlace da historia, e logo púsoxe a encher con situacións e diálogos intelixentes, un argumento que espide os dobreces da ialma envoltos nun costumismo de época, onde non falta aínda, a reflexión sobre o amor candoroso e o amor montaráz. Para iso válese da síntesis de dous contos máis, como ? Carmiña? e ?Un saxo na néboa? - tamén da súa autoría- que esta élite de realizadores engade con mestría ao fío conductor da historia principal que dai o nome á película.
Confesión de parte (1): nesta , a terceira ocasión, o cronista fixo o esforzo para chegar ata o final sentado no seu lugar; pois cando viu a película por segunda vez, rexeitando ver o remate novamente, retirouse do salón.
Confesión de parte (2): o mércores pasado celebróuse o Día do Mestre. Entón, como non lembrar - no día 11 de septembro - aquele sabio educador, no seu impecabel traxe novo cor marrón, como un emblema do ensino. Un indiscutibel paradigma de integridade e bondade, que no medio daquela tolemia española, ben puido ser tanxibel, real.
E velaí que o neno botoulle un chisco ó seu mestre querido e respectado.
Ateo! Tilonorrinco, espiritrompa!... berraba Monchiño.
Esgazante.
Norberto Lema Regini
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 16-09-2013 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
CARLOS NUÑEZ: hóspede de honra da Cidade de Bos Aires - 18 de setembro de 2013.






O 18 de setembro no Salón Valle Inclán do Centro Galicia, outorgaráselle ao gaiteiro Carlos Nuñez a distinción de hóspede ilustre da Cidade de Bos Aires.
A reserva de lugares para o evento, faise chamando ao teléfono: 4338-3091.
Logo da entrega haberá unha rolda de prensa.

Comentarios (2) - Categoría: Contámoslles que... - Publicado o 12-09-2013 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
CINE E CHOCOLATE: "A Lingua das Bolboretas" - 7 de setembro de 2013.
Unha pintura de época.
O sábado, no Centro Lalín e coa colaboración da súa comisión de cultura, proxectamos a pelicula "A lingua dás bolboretas", terceiro encuento deste ciclo ciclo de "Cine e Chocolate". Boa pelicula, ricos churros e chocolate caliente fue o resultado desta llueviosa tarde no que non se descartou a camaradaría da comunidade galega.
?A lingua das bolboretas? é a versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro ¿Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.
Trata sobre a relación dun neno e o seu mestre durante a época da Guerra Civil Española. Comeza co neno, Moncho (Manuel Lozano), que ten medo de ir á escola xa que o tiñan asustado ó dicirlle que os mestres zoupaban nos estudantes. Moncho non quere ir ó colexio porque teme que o profesor lle pegue, como era habitual na educación da época. Pero o seu mestre non é así, xa que Don Gregorio (Fernando Fernán Gomez), utiliza o método de observación como ensinanza. Durante estes sucesos, estanse librando batallas preto de Madrid. Don Gregorio ensínalle moitas cousas a Moncho, principalmente fálalle sobre a liberdade. En consecuencia, cando os franquistas gañan a guerra, levan presos varios republicanos nun camión. No camión, atópanse varios amigos e coñecidos do lugar, pero tamén estaba Don Gregorio. Os pais de Moncho, en especial a súa nai, exhórtano a que berre cara ós republicanos, deixando clara a súa postura política. Comezou a berrarlles Roxos! Asasinos!, como facían o resto, pero ó cabo, marchou correndo detrás do camión dicíndolle a Don Gregorio Tilonorrinco! e Spiritrompa!, que eran cousas que aprendera del nas súas clases.
A pesar da chuvia, a reunión foi, xunto á proxección da película, ricos churros e chocolate quente un evento que finalizou cunha charla amable e entusiasta.
Esperámolos o 5 de outubro coa nosa próxima entrega!
Mirta La Gamma
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 09-09-2013 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
O LALIN ERA UNHA FESTA - 4 de agosto de 2013.
Centro Lalín - Bos Aires
Só con ánimo de simpático resumo dun dos acontecementos que a axenda da colectividade acostuma, coido pertinente un breve relato do
acontecido o domingo 4 de agosto na festa de aniversario do Centro Lalin.
Con anterioridade arranxaramos Ma. Elena da Silva Baptista -a Sra. secretaria de Cultura ? e máis eu á participación do coro da ?Mutual del diario La Nación?, causa que motivou a miña compracida
presenza no medio da ?paisanada? do Deza.
Vocalizamos no salonciño das xuntanzas do Terzo da Fala, -no que eu chamo "o Microcine? do Lalín-; e logo saímos a escena na planta baixa.
Cantamos: ?Los mareados?, ?I will?, ?A Rianxeira?; e como bis moi celebrado, o bolero ?Contigo en la distancia?.
Aplausos, sorrisos, aplausos, (un sabe por experiencia, como avaliar os aplausos ollando ao público e sentindo a súa actitude), cariñas de
aprobación e ledicia sincera.
Pero foi sobre o final cando eu vivín o momento especial, de tan especial evento. Fomos buscar os abrigos e cando saiamos o baile
xa comezara; no medio da pista a xente abaneábase en parellas, mentres os músicos amenizaban desde o palco. E aí mesmo, sentíndome irresistibelmente movido polo ritmo do pasodobre aperteime a alguén moi coñecida por todos nós : a mesmísima Miluca.
A de Cortegada aceptou contenta a invitación a danzar, e foi aí cando a orquestra atacou con ?España cañí?, e logo con ?Mi jaca?, e despois ?El beso?? pero xa se compría para min a estipulada hora na que o encanto máxico vai esmorecendo axiña. Non quedaba máis entón, que abandonar o salón invocando as consabidas ?obrigas impostergables? para o resto da tarde.
Saíamos á beira da rúa e aínda achegágame ós oídos o célebre ?Suspiros de España??
Fun me asubiándoo.
Norberto Lema Regini

Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 03-09-2013 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0