Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un sentido adeus sen vanos discursos
A nova chegounos coa dureza que o presentido desenlace non puido mitigar. María Inés Moreiras González foi unha das fundadoras do Terzo da Fala.
Infaltabel nos eventos e celebracións, achegàndonos o seu amistoso sorriso e aquela ollada enmarcada de fino carey, que sobrevoaba a reunión para non perder detalle. Xestos que sempre ficarán entre nós como subliñando a súa impecábel presenza.
Nada en O Saviñao, Lugo, en 1947, chegara sendo moi nova a Bos Aires onde estudou e se consagrou á profesión de modista e a súa familia; aquela que hoxe acompañamos na sùa dor coa comprensión e o agarimo que a lembranza de María Inés impòn.
Seica, ausente na última xuntanza, a súa cálida achega estivo connosco.
Norberto José Lema
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 06-12-2013 19:50
# Ligazón permanente a este artigo
30 de outubro - A Cicatriz Branca en Bos Aires
A Cicatriz Branca en Bos Aires -30 de outubro 18 h no Espacio Cultural Virrey Liniers e 4 de novembro 19h no Centro Cultural da Cooperación.

Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e, entre lusco e fusco, despedida. Sen lugar onde ir nin a quen acudir, Merce pasa tres días e tres noites encrequenada na Estación Constitución onde a súa vida entrenza coa de outras migrantes. Á par dun traballo na fábrica Mil8, Merce casa, asiste a clases de contabilidade nalgunha das Sociedades Galegas mais un bo día a norma esnaquiza por algo tan simple como prendarse dunha situación que aínda non é quen de nomear.
www.acicatrizbranca.com
Comentarios (2) - Categoría: Contámoslles que... - Publicado o 10-10-2013 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
CINE E CHOCOLATE: "Os mortos van á présa" - 5 de outubro de 2013
Ultima función do ano ? Non, non nos podedes deixar sen película en galego!
Foi a frase máis escoitada ó remate de `Os mortos van ás présas` mesturada cos sorrisos o sabor doce de boca que che deixa o feito de ver unha película bonita e ben actuada. Os comentarios acostumados, a admiración polo grande entre os grandes Pico Olveira, o xeito de Duran Morris interpretando o crego, as historias agochadas por debaixo da anécdota central, o éxito de Belén Constenla, a fermosa paisaxe tan amada do litoral galego...
Pois si, é a última función do ano pero non a derradeira porque para o próximo teremos maís cine galego, en galego. Nunca imaxinamos que viría tanta xente, con tanto entusiasmo e amor pola propia cultura e con tanta fame dela. Nunca pensamos que convidarian a outros, que pasarían a información polo vello ` boca a boca` e que serian quen de multiplicar o número de asistentes sábado a sábado. Non temos máis que palabras de agradecemento para os compañeiros da Comisión de cultura do Lalin e de convite para todos: Vémonos no vindeiro mes de marzo na sala de cine do centro Lalin, Silleda e Agolada.
Alicia Lago Roca

Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 07-10-2013 20:48
# Ligazón permanente a este artigo
Visitounos a Dra. MARÍA XOSÉ AGRA ROMERO - 19 de setembro de 2013.
Doutora en Filosofía. Profesora titular de Ética e Filosofía Política na Universidade de Santiago de Compostela.
As súas liñas de investigación desenvólvense sobre Filosofía política, teorías de xustiza e teoría crítica feminista.
Actualmente forma parte do grupo de investigadoras do proxecto "Feminismo, Ilustración e Multiculturalidade: procesos de ilustración no Islam e as súas implicacións para as mulleres" dirixido pola Doutora Celia Amorós Puente.

Qué é o álbum de mulleres?
O Álbum de mulleres é un proxecto da Comisión Técnica de Xénero do Consello da Cultura Galega en colaboración co portal culturagalega.org.
Parte dun proceso de recuperación e difusión de contribucións das mulleres á cultura galega e universal, como un exercicio necesario de memoria e recoñecemento. Persegue introducir progresivamente acceso a datos, documentación e información en dous niveis:un mo xeral para ser empregado como referencia informativa básica;e outro para ser empregado como unha ferramenta de trballo en ámbitos especializados (investigacións, ensino, divulgación...) O Álbum tamén é un proxecto aberto a informacións e suxestións.
(Fuente: ".álbum de mulleres")

http://www.culturagalega.org/album
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 23-09-2013 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
CARLOS NUÑEZ: Hóspede de Honra da Cidade de Bos Aires - 19 de setembro de 2013
O gaiteiro español Carlos Nuñez, recoñecido mundialmente, foi distinguido como Hóspede de Honra da Cidade de Bos Aires. A declaración, aprobada pola totalidade dos membros da Lexislatura, foi unha iniciativa da deputada Lidia Saya quen fixo entrega deste esta mañá na Casa do Centro Galego.
O acto contou coa presenza de embaixador de España en Arxentina, Román Oyarzún, autoridades do Consulado, do Centro Galego, da Xunta General de Galicia en Bos Aires e da comunidade en xeral.
A xeito de peche, o artista interpretou, en frauta, música de Galicia e invitou novos estudantes da casa a bailar sobre o escenario do auditorio.
(Fonte: Parlamentario.com)
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 23-09-2013 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0