Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OS IRMÁNS - de Atahualpa Yupanqui - 04/08/2015.
Tradución: Susana García Otero


?Eu teño tantos irmáns
que non os podo contar
no val, na montaña,
na pampa, e no mar.

Cada quen cos seus traballos,
Cos seus soños, cada quen.
Coa esperanza por diante,
Coas lembranzas detrás.

Eu teño tantos irmáns
que non os podo contar.

Xente de mans quentes
por aquilo da amizade.
Cun choro, para choralo,
cun rezo, para rezar.

Cun horizonte aberto
que sempre está máis alá
e esa forza para buscalo
con teima e vontade.

Cando parece máis preto,
é cando se afasta máis.
Eu teño tantos irmáns
que non os podo contar.

E así seguimos andando,
curtidos de soidade.
E en nós van os nosos mortos
para que ninguén fique atrás.

Eu teño tantos irmáns
que non os podo contar
e unha irmá moi fermosa
que se chama Liberdade?


(A tradución foi feita na clase de Lingua, sen pretensión literaria nin poética)
Comentarios (1) - Categoría: Traballos do grupo de estudo - Publicado o 05-08-2015 02:35
# Ligazón permanente a este artigo
VISITA DE EDUARDO ESTEVEZ - 22/07/2015.
O Terzo da Fala recibiu O mércores pasado a visita de Eduardo Estévez, poeta arxentino en idioma galego.
Quedará nesa listaxe de días máxicos de historias perfectas feitas de memoria, boa xente, agarimo e futuro.

Un anaco de "Palermo", en Lúa gris.

..."mira
dicíalle eu
na miña lingua políglota
de ano e medio
mira a lúa
e pasaba un tren"


Se queredes saber de Eduardo: http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?
Comentarios (2) - Categoría: Contámoslles que... - Publicado o 28-07-2015 01:22
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE XULLO - DIA DA PATRIA - 24/07/2015.
Por Alicia Lago Roca.


Se se xuntan tódalas Bandeiras dos que amamos Galicia...
Se saímos á rúa cunha canción feita cos versos de todos...
Se somos quen de dicirche a ti Terra, canto e como te queremos...
Se perdemos o medo e desterramos a vergoña...
Se podemos poñer sempre primeiro a Patria...
O mellor Día da Patria Galega será este.
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 25-07-2015 01:58
# Ligazón permanente a este artigo
HISTORIA VIVA DA GALEGUIDADE NA ARXENTINA - 27/06/2015
Por Alicia Lago Roca.


A nosa compañeira Marita Ramallo facendo entrega das fotos, documentos, recordos familiares, xoias de historia de Galicia en Bos Aires na sede do MEGA na Federación de Asociaciones Gallegas. Con su presidente Francisco Lores e o historiador Ruy Farías.
Os terceiros sabemos da calidade de Marita, do seu amor por Galicia e polo seu Santiago de Compostela, e da mestura de emocións á hora de compartir con tódolos galegos desta cidade a propia historia.
Queda nas mellores mans.
Parabéns amiga !!!
Publicado no Facebook 26/06/2015.
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 27-06-2015 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
UN GALEGO QUE... - 14/05/2015.
Por José Augusto Gonzalez Navarro.



Hai hoxe 54 anos, un galego co so una maleta, o posto e miles de soños chegaba ó porto de Bos Aires. Aquí estaban os seus tíos que xa chegaran había 30 anos ...
Ese galego ollaba o mar na súa terra natal e dicía que algún día ía chegar a América, dese día se cúmpren hoxe 54 anos... de loita, ledicia, tristura e traballo...
Tantos anos despois pensó que todo iso non foi en balde.Onde quera que esteas agora, te fago unha homenaxe querido pai, grazas por tantas cousas, mais a principal é o amor que nos deches e o orgullo de ter sangue da túa terriña...
Comentarios (3) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 14-05-2015 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0