Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Simplemente, Miluca
Miluca chegou ao Puerto Nuevo un mediodía de xaneiro de 1950 a bordo
do vapor ?Entre Ríos?. ?A dársena era un fervedoiro de nervios,
prantos e alegrías debaixo do sol do verán?. Lémbrase perfectamente: ?Na
Arxentina comezaba a celebración do Año del Libertador San Martín?.
Sobre o seu corpo de nena levaba un vestido gris estampado con
floriñas e debaixo unha blusa branca. Curta a melena, e co mesmo
floquiño na fronte que hoxe chove gris nos seus ollos escuros.
Zoquetes e sandalias nos seus pés e apertada no seu peto ?única filla
dunha filla única? a máis querida das bonequiñas de trapo que tivo; a
derradeira.
Inevitable, tamén trouxo con ela a congoxa, o severo sentimento que
foi agromando e provocando aquel aceno de desgusto xunto ao ollar
esquivo de tanto preguntarse: ?vir por que?, se eu era feliz aló?.
Da súa gozosa nenez no termo de Silleda deixábao todo. Que outro
sentimento, entón, podería ter unha rapaciña de trece anos, que a
adolescente pena da obriga de abandonar tan amado tesouro? Dezanove
días durou a aldraxe que ía poñendo de porto en porto, inexorable,
cada vez máis distancia e desconsolo.
?O meu nome é Emilia; Emilia Otero Gómez. A miña familia traballaba
no campo e na taberna da aldea que tiñamos nos baixos da nosa casa en
Cortegada. Coser a domicilio era outra das tarefas, que, cunha
maquiniña portátil que levaba baixo do brazo, facía miña nai. Meu pai
xa comezara coa aventura da emigración; aquilo que ao tempo marcaría o
meu destino?.
Miluca bebe un grolo, explicando que soamente té e catro biscoitos é
o seu almorzo desde que lle detectaron diabete. Conta que amaba a
escola e as bonecas de trapo que lle fabricaba a súa avoa, de quen
herdou o pracer por facer manualidades. Desde cedo asomou a vocación,
e o seu afastado destino bonaerense concedeulle a ocasión de formarse
como mestra e xa non de humildes bonequiñas.
Tivo que adoptar a cidadanía arxentina, e o longamente esperado
nomeamento oficial chegou nunha carta do Ministerio nun mediodía do
24 de febreiro de 1976.
Nese mesmo ano, as escolas Vicente Saura ?da igrexa de San José de
Villa Dominico? pola mañá, e no serán, a núm. 63 de Wilde vírona
chamar á clase repicando a campá no seu flamante branco mandil de
mestra. Ese día comprendeu Miluca, que unha porteña corte de meigas,
mouros e trasgos ían amosándolle co seu favor, a outra cara da moeda.
E co encantamento ?relata nun suspiro? apareceu o amor. ?Viaxei coa
miña nai; no porto esperábanos o meu pai. Alí mesmo despedinme dunha
parella de galegos que viña no barco. Co tempo, este matrimonio quixo
que eu fora a madriña do seu filliño. Iso, e coñecer ao pontevedrés
Benito ?o padriño por eles escollido? foi unha soa cousa. Pero unha
das cousas máis intensas que sentín na miña vida?.
Frechazo e casaron axiña no transcurso de 1957, cando aínda non
rematara 5º ano da Escola Normal. Logo viñeron os fillos Carlos e
Jorge Luis, e a súa vida deu unha volta completa de cara á felicidade.
?Alugabamos a casa, e vivía contenta coa miña familia, no meu lar e co
meu traballo
na docencia que sempre amei?.
Cando chegou a Bos Aires nada lle gustaba e mataba a rabia cos dous,
a súa nai e o seu pai. ?Alá tiñamos dúas moreas de patacas en canto
que aquí, apenas un quiliño?, queixábase cándida. E nun clamor, case
berrando: ?desprezabamos o leite da `Pichona´ pero as vacas de aquí si que
teñen auga?.
Moitos momentos e situacións ditosas da súa Pontevedra natal lembra
con agrado Miluca; por exemplo, algún dos acontecementos que esperaba
ansiosa eran cando se cocía o pan, e os días que acompañaba a súa avoa
á feira de Silleda. ?Na aldea todos falabamos galego e escribiamos en
castelán. Se pola beira do faladoiro na praza pasaba o cura, o médico
ou o mestre, saudabamos cun ?Buenos días, señor...´ e seguiamos coa nosa lingua
enxebre. Pero, ai! aquí tamén me fixeron sentir que o galego era unha
fala inferior. Por mor de ser mestra, impedíame eu mesma falar outra
lingua que non fose o castelán. O galego pasou a ser un trazo
distintivo da miña auténtica personalidade, algo que exhibía con
orgullo en afortunadas situacións illadas, momentos nos que a súa
práctica deixaba agromar os sentimentos máis puros dun atavismo que
ninguén ben nado pode esquecer
xamais. Andando o tempo, e xa xubilada da miña profesión, ía
experimentar máis a miúdo o hábito da nosa fala. Pero a vida, máis
cedo que tarde, petoume con dureza. O meu home morreu logo dunha longa
enfermidade e ao pouco tempo, nun desgraciado accidente, perdín os
meus dous fillos?.
Sen podelo evitar, interveu alguén na conversa preguntando con voz
trémula, apagada: ?Entón a vida é unha merda, Miluca??
Os demais calaron perplexos e Miluca botou unha ollada á luz da
xanela, alisou o mantel e amodo, contestou: ?Non; eu teño os meus
queridos netos e as miñas inquedanzas tamén?. Tempo atrás fixen un curso de
conta contos no Centro Cultural Ricardo Rojas. Logo apunteime no
Voluntariado do Centro Galego onde recibín unha apropiada preparación
para brindar asistencia a enfermos que estivesen necesitados;
fundamentalmente lecturas e compaña. O curso incluía conversas e
dramatizacións con médicos e psicólogos e leccións de moral?. Ese é o
compromiso que asumiu quedando satisfeita e dándolle o sentido dunha
verdadeira ancoraxe nas boas intencións que sentimos pero non sempre
cumprimos.
E así Miluca, que é alumna tamén do Curso de Cultura Galega ditado
polo profesor Rodríguez Brandeiro na Asociación de Outes, vai contando
unha rea de anécdotas, coma aquela da veciña galega que lle pedía que
explicase, unha e outra vez, o xeito do servizo de ida e volta das
augas correntes; ou daquelas primeiras compañeiras mestras que
se empeñaron desde o comezo da súa relación en chamala co seu
segundo nome, Sara.
Hai, en troques, algo que Miluca non pode explicar; unha negación
permanente nela: non quere retornar a Galicia. E nese 3 de novembro de
2010, cun sorriso cómplice, a quenda dos mércores no Centro Lalín,
resistiuse a crer que é certo. Porque, perante do Terzo da Fala,
tivemos unha señora, que como outras moitas galegas, se distingue por
ter determinado que na vida non se debe deixar nada na beira de fóra.
E esa é a súa carta de identidade.
Norberto Lema Regini
Comentarios (1) - Categoría: Que estamos a ler? - Publicado o 28-12-2010 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Simplemente perfecto. Graciñas, N#blgtk08#orberto, por este emotivo relato.
Comentario por Lorena (05-08-2014 22:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0