Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sen maquillaxe |
|
Dez da mañá dun mércores, no barrio de Congreso. Pola rúa Moreno ao 1900, unha muller dende a beira sur e outra pola norte, avanzan co paso decidido ata atoparse no mesmo punto, a porta do Centro Lalín. A trafega dun día normal de traballo na cidade mostra a habitual indiferenza pero, en troques, as dúas belas e novas porteñas, achéganse á escena imbuídas dese xeito especial que só palpita na alma dun artista. E a ese singular espírito que as une -a paixón polo teatro- súmanse as saudades e o agarimo que agroman dun amor ben gardado dentro dos seus corazóns.
O Centro Lalín ten todo preparado. As portas ábrense de par en par, as luces do salón enfocan o seu paso. Unha platea ansiosa de renovadas sensacións e gañas de coñecelas de preto acólleas. Un mundo alleo as táboas, pero cheo de fervor galeguista.
Alguén ordena o café e a animosa sala das reunións pobóase de anécdotas, lembranzas, e bo humor.
A función vai comezar.
Silvia ?Angustias? Ramos e Marcela ?Consuelo? Fernández Señor van sentíndose máis en confianza. Apoltrónanse, e xa ninguén saberá distinguir a realidade da ficción.
Marcela lembra: ?...e aló no cume do monte, abrazada ó meu home, arredor daquela inesquecible paisaxe; souben da máis completa felicidade?; e subliña o dito abrindo os brazos nun aceno inconfundible de pracer.
Silvia entón, afirma a súa experiencia: ?...nese intre, cando a miña tía avoa me díxo ollando os meus ollos: ´miña queridiña, ti es unha de nós´; foi que o comprendín todo; chorei e sentín a necesidade irrenunciable de escribir para explicar aquilo?.
E continuaron con algúns pasaxes da peza que fan naquel acolledor teatro de San Telmo. Un xogo actoral exclusivo, para o goce dos ollos e dos ouvidos dos perplexos integrantes do Terzo da Fala.
A tan agarimoso encontro so lle faltaban as cancións que, amodo, foron chegando; cancións que estaban axiña de acordo co entusiasmo da roda. So esperaban que as ensaiara a doce voz de Marcela para botalas ao ar. Unha canción trae a outra e o sentimento, sábese, adoita provocar algunha que outra bágoa furtiva. Inevitable pranto que ás veces dá o presente na mesa das xuntanzas. A grande mesa do Centro Lalín, do vermello pano de mesa onde conflúen os distintos vieiros do noso soño de alén do océano.
Arredor dela, estiveron ?catro? galegas; Silvia, Marcela e Angustias e Consuelo, e alí nos deixaron a pegada da súa estimulante compaña. Unha irrepetible función privada que rematou ao mediodía do mércores 8 de setembro de 2010.
Xente de teatro. Xente, que sabe ben como se pode vivir un anaquiño de felicidade aínda sen maquillaxe.
Norberto Lema Regini
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|