Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PARA ANGUSTIAS... CONSUELO; E VICEVERSA
Esta peza teatral, creación do colectivo de fillos e netos de inmigrantes chamado ?De los barcos?, conta as tristuras e as alegrías dun relato que amosa a amizade entre dúas veciñas dunha aldea galega. Amigas as que as penurias económicas e a escaseza de oportunidades apartan inevitablemente da súa entrañable relación.

Entrambas vanse tecendo sen interrupcións e á distancia, os ?consuelos? e as ?angustias? recíprocos, mentres ven pasar a vida nun longo desexo de reencontro.

Angustias e Consuelo son galegas, pero ninguén pode ignorar ese destino rachón e non buscado, que existe na natureza de todo inmigrante do mundo.

A sinxeleza e claridade do texto de Silvia Ramos, sinala puntualmente que o afastamento físico dos seres queridos non fai máis que aproximar os seus corazóns e que, maila o que sucede nos seus corpos ao longo dos anos, a esperanza de atoparse algún día, non envellece xamáis.

A posta en escena de Patricio Azor amosa con intelixencia e moita imaxinación, unha conversa que permanece no tempo e no espazo. Os 11.000 km. de lonxanía e a proximidade dos sentimentos son ben explícitos e convencen ao espectador que, aos poucos, vai deixándose levar pola mán de dúas estupendas actrices de teatro independente que non falan senón unha mestura de galego e castelán, moi común e grata ao noso oído rioplatense. Nótase nas intérpretes que a alma galega non é indiferente para elas.

Nunha parte, fan un contrapunto de palabras soltas cos nomes de obxectos e vivencias; lembranzas queridas que expresan con moita dor e amargura, nun diálogo de ida e volta; case berrándoas. Noutro, Marcela Fernández Señor, mentres vai arranxando unhas frores dándolle a espalda ao público, entrega unha interpretación antolóxica da fermosa canción ?O maio?, coa súa doce e melodiosa voz. Estes son dous momentos sublimes que non se poden deixar de subliñar.

E aquela cereixeira que se secou na horta, onde Consuelo ía sentarse á súa sombra, e mesmo as vágoas verdadeiras de Silvia Ramos no papel da namoradisa Angustias das ?pernas aínda boas?; son particularidades que lle engaden intensidade á narración.

Quen coñece ou coñeceu alguén coma Angustias ou Consuelo, vai sentir fronte a escena, a viva presencia desa persoa. E, quen sabe delas, pero nunca as viu e as ouviu, ten agora a oportunidade de facelo nun acolledor teatriño de San Telmo, os domingos ás oito da noite. Elas presentaranse a si mesmas: son Angustias e Consuelo, nada máis que dúas amigas como para coñecelas de preto e rematar queréndoas.
Norberto Lema Regini
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 16-09-2010 03:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0