Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

María do Cebreiro tróuxonos a Rosalía
Ela gardaba respectuoso silencio. Entrementres o anfitrión, un compracente Don Francisco Lores, tendo a carón seu unha disertante de luxo, ia invitándoa a expresarse con ? enteira liberdade? nese ámbito tan acolledor coma a Biblioteca Galega de Bos Aires onde na fronte esperaba a súa palabra unha platea con ansias renovadas de escoitar, ampliar coñecementos e gozar da boa compaña.
Pero foi na benvida do historiador Ruy Farías e na introdución ao tema da periodista Débora Campos, cando a súa atenta mirada asomaba perplexa, por riba dos seus brazos cruzados, sen poder evitar o rubor que lle producían os conceptos e as loas.
Despois dunhas moi divertidas ocorrencias entrámbolos dous presentadores, a súa graciosa presenza ergueuse decidida para dar comezo ao seu meduloso repaso da vida e obra da insigne escritora galega.
Nese intre, o seu bonito sorriso dun leve trazo agatuñado, coloreou as súas meixelas de rosa, e unha voz clara e precisa agromou da súa gorga invadindo a Biblioteca. O público entusiasta estimulado por todo o que mobiliza Rosalía, desempeñouse cunha participación moi activa. Certamente, quen teña lido un só poema rosaliano non pode ficar indiferente. Preguntas e relacións xurdiron axiña e as adecuadas respostas non se fixeron esperar. María do Cebreiro Rábade Villar, que tamén é ela mesma poetisa,ademais de estudosa analista da mitolóxica Rosalía, reflectiu acerca da relevancia dos escritos en prosa da figura liminar do Rexurdimento nada en Santiago de Compostela..
Non lle pareceu pertinente abondar nos sempre controvertidos vieiros da vida desa muller sete veces nai, esposa de Manuel Murguía; inda que afirmou nos tópicos coñecidos e comprobables. Leu unha persoal escolma de vibrantes poesías. Estudantes e estudosos, lectores e relectores, ou aqueles que se acercaron por curiosidade, sentíronse unha vez máis, seducidos pola paixón daquela escritora polo seu país, o seu pobo, e os seus sentimentos. Doces e doridos versos que se tornan severos cando é preciso reivindicar a dura realidade nun cantar. Rosalía de Castro, tamén fulgurante autora da novelística castelá, atopou en María do Cebreiro unha referente válida que ten a frescura propia dunha disertante erudita e nova.
Na sala do primeiro andar da Federación de Asociacións Galegas vese un carteliño que a eficiente Cecilia Escalhao colocou no teito dun armario; o anuncio di: ?Sala de silencio?.
Nunha atmosfera de moita tenrura, admiración e respecto sen falsa reverencia; rematou a tertulia e o imprescindible silencio volveu dominar. Lentamente a biblioteca ficou baleira e o auditorio retirouse satisfeito de estar un pouco máis preto da luz intensa desta grande da literatura universal, inequívoco símbolo da galeguidade.
Norberto José Lema Regini
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 09-09-2010 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0