Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Acender as lumieiras que é a Noite de San Xoán

Noite meiga, a noite de San Xoán.
Cando sexan as doce vamos recoller herba luísa, romeu, unhas xestas, e tamén fiúncho.
Temos o caldeiro coas sete augas listo para mergullalas nel, que van quedar ó orballo da noite para que todos na casa podan limparse os meigallos coa auga máxica pola mañá.
E non te esquezas do ramo da herba de San Xoán a que limpa a cara de grans, que tamén limpa a casa de trasnos bruxas e aparecidos.
Xa fixemos unha cachela de medo, coa leña verde para afumar ás bruxas, estache moi boa.....
A ver quen vai saltala primeiro. Cómpre facelo un número impar de veces nin 3, nin 1 tampouco. Dende lados distintos cada vez.
A cada chimpo hai que dicir:
?Cachela de San Xoán,
que non me morda nin cobra nin can.
Que no San Xoán as bruxas fuxirán.
Esta noite non te deites ata a mañá,
que as nove co día darán?

E tamén:

?Dios te dou,
Dios te criou,
Dios che saque esta ollada
se alguén cha botou.
Antes que o mal sexa visto,
naceu Cristo.
Morra este mal
e Viva Cristo!?

Imos de chimpar, e chimpar que é noite meiga a Noite de San Xoán.

Logo, a cinza da fogueira tirámola a carón dun río , dun arroio , dicíndolle:
?Demo maldito vaite de alí.
Alí vai a borrala de San Xoán tras de ti.
Dios te leve ó mar onde non cantou galiña ni galo.
E a que cantou levouna o diaño.?

Celin Prado Romero

Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 24-06-2010 05:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0