Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O MÉRCORES NO LALIN |
|
Ledicia é a palabra xusta para explicar os momentos vividos na compaña dunha destacadísima figura do galeguismo. En Víctor Fernández Freixanes, a Galicia da cultura, a do desenvolvemento económico e social, e a Galicia enxebre atopan sen variar, unha palabra cálida, amena e sensata, que as describe e analiza.
Laureado escritor; -recibiu o Premio Torrente Ballester en 1993 coa novela A cidade dos Césares -; é tamén periodista e editor de marcado acento na difusión e o fomento das letras galegas A súa personalidade é respectada en todas as esferas do quefacer de Galicia.
Logo dunha nerviosa espera, matizada coa chegada dos compañeiros e dos amigos invitados, presentóunolo Débora Campos, dando comezo a unha conversa que dende o inicio, amosou as cualidades dun home de fala clara, non exenta do mellor humor, e oportuno e medido histrionismo.
Nado e feito para a divulgación dos mellores valores da nosa terra, na súa exposición non faltaron detalles de fineza, como por exemplo, o ir lembrando os nosos nomes na medida que a conversa espallábase en diálogos reveladores cunha platea cada vez máis entusiasta.
Nun intre, ollou de fronte a Miguel e a Diego para insistir en que hai que preparar a xuventude americana perante unha plena integración na Galicia que vén.
Unha Galicia na que a tasa de natalidade é moi baixa, os novos de América como eles parecen ser a reserva substitutiva.
Non esqueceu a súa paixón pola literatura e brindouse en estímulos aos presentes pola escritura en galego. Dirixíndose a Débora, fixo unha mención sobre a idea da creación dos ?grupos de Bos Aires? e, non menos importante, o oferecemento como Director Xeral de Editorial Galaxia, da publicación de textos escritos en galego xurdidos da pluma de escritores deste continente.
Débora Campos, pola súa parte, interviu tamén con encendidos aportes: ?son galego porque me peta?, lle escoitamos, referíndose á decidida actitude que vale, e que hai que ter; e encheu con pertinentes subliñados os relatos e as relacións do invitado de honor.
O faladoiro rematou cando a sensación era que aínda ficaba moito máis para falar e aprender, pero as obrigas de cadaquén - esa implacable tiranía - decidiron a fin dunha verdadeira e amable clase de galeguismo coa plena participación de todos.
Ante nós pasara, deixando a súa estela, un home completamente vestido de negro e marfil na cabeleira. 21 de abril, de 2010
Norberto Lema Regini
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|