Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
¿Só curso da lingua galega? |
|
O meu pai, cando era nena e tiña medo de algunha cousa, cantábame:
"Paxariños que andades voando
polas follas do loureiro
e subides polos ameneiros
a buscar o raiño do sol..."
Non me lembro como segue a letra, pero sí que o medo pasaba cando imaxinaba os paxariños voando, os loureiros e os raiños do sol. El falábame da súa aldea, da carballeira de Santa Minia, do río, e eu medrei imaxinando Pedrouzos e seus paxariños.
El morreu hai unha chea de anos. Pero sei que si soubese que estou falando e escribindo galego estaríase moi feliz. Hoxe eu podo falar e escribir porque meus compañeiros están doutro lado escoitándome. Sen eles e sen nosos profesores non estaría dicindo isto, porque cando fun á escola na miña casa deixouse de falar galego.
Manuela Barca Fernandez |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Unha marabilla Lela. Non atopo unha soa liña #blgtk08#sen que destile agarimosa sensación. Norber. |
|
|
Comentario por Norberto Lema Regini (22-04-2010 23:54) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|