Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
23/04/2016 - Buenos Aires celebra Galicia |
|
 Por Alicia Lago Roca.
Chegou o día !
Imos alá.
Buenos Aires celebra Galicia. Moita cousa para facer. Moita cousa para contarvos, porque
nós, galegos de Arxentina, celebramos a nosa orixe.
Cunha idea colectiva apareceu o mapa, esa representación da terra que arrinca bágoas de emoción, cheo de alfinetes con cadansúa historia de vida en dous continentes.
O mapa que nos une a todos, os de aquí e os de alá pero tamén é unha ponte entre pasado e presente.
Sempre co mapa os luxos que nos damos: Iolanda Castaño e Xavier Alcalá ubicando os seus lugares e Luis González Tosar, un poeta buscando a Insua dos poetas.
O Presidente da Xunta y o alcalde de Santiago deixando cadansúa pegada no mapa das orixes.
A nosa Delfina -a de Zas-, a señora que veu preparada cunha lupa, a velliña de Guntín...
Os da Mariña, os da Costa da Morte, o señor de Cee que veu comprobar se aínda estaba alí o seu "pincho", os da Terra Chá, os da raia, ata algún leonés...
Ignacio, o taxista de Lugo de vacacións en Buenos Aires axudando a atopar as aldeas perdidas. ..
As nosas amigas de Ponte do Porto, a familia de Miño, os de Ordes... Galegos e galegas que o primeiro que fan cando comeza a festa é buscar o mapa do Terzo.
Nunca tantos coma desta vez.
As rapazas de Santiago-emigradas novas-, os das Rías Baixas, os ourensáns, os que xa perderon o nome dos Concellos dos avós...
Tantos e tantos que haberà que ir pensando nun mapa máis grande que poida conter tanta morriña.
Aínda que pareza estraño, non somos quen de facer resumo da festa coa que por terceira vez esta cidade homenaxea ós que baixaron dos barcos para facer outra Patria.
Por tantos ollos con bágoas, por tantas "gracias" que escoitamos, por tantos encontros e reencontros, por tantas historias compartidas no noso chiringuito, porque escoitamos un pai dicìndolle a seu fillo " tu abuela hablaba igual que estas señoras" ... por tanto amor á Terra ...por todo. Por todo é que poñemos o esforzo e o tempo.
É marchamos contentos para a casa !
E ata outra! |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|