Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A VOLTA AO MUNDO EN CLAVE GALEGA - 14/05/2015. |
|
 Por Norberto José Lema
E ocorreu aquí pretiño, sen saír do centro mesmo da Bos Aires ??de Pichuco y de Piazzolla??
Dunha apertada morea de sensacións que se amosan querendo saír fóra, a pluma vai en busca do papel para deixar a pegada dunha ilustre celebración internacional que involucrou o inefábel encanto dunha maioría de homes e mulleres novos, talentosos e cheos de afecto.
Breves misceláneas dun álbum de recordos individuais e ao mesmo tempo compartidos, onde se mostran xestos, coincidencias, diverxencias, miradas coitadas (edas outras), frases feitas, xentilezas, equívocos, etc. Un sobrevoo de lembranzas como flashes que escintilan e van discorrendo polos vieiros do esquecemento, xa que o tempo inexorábel fai, que os ecos do 11.º Congreso da Asociación Internacional de Estudos
Galegos comecen a minguar.
?????????
*Un parágrafo á parte débese á merecente cerimonia de apertura do congreso que se levou a cabo o día 6 de abril no Teatro Castelao do Centro Galego. Unha platea completa de invitados, moitos deles acabados de chegar á Arxentina por vez primeira;
ovacionou o saúdo de benvida de Débora Campos aos congresistas.
Mariela Sánchez tivo a cargo a presentación da conferenciante María Rosa Lojo, que desenvolveu a cuestión da Excentricidad gallega en el imaginario argentino y nuestra Galicia mestiza. Ao termo do maxistral discurso da escritora, presentouse o
Ciclo de diálogos coa coordinación de Víctor F. Freixanes e a participación de Silvia Dolinko, Norberto Cirio e Luis Cortese nunha excelente análise para abrir o xogo dun congreso suramericano. O seu título? Buenos Aires, capital da Cultura Galega.
Deseguido, deu comezo a fervorosa actividade do conclave ao calor da amizade e o recoñecemento mutuo entre xente, seica distante no planeta, pero non nos ideais.
?????????
* O profuso programa daba conta claramente da imposibel dispoñibilidade de tempo real para
responder a unha oferta tan completa de temas por demais interesantes no histórico, xeográfico, artístico, político, clerical, económico? Hai que elixir os temas como se fose dunha atractiva bandexa de bombóns que pasa diante nosa e vai levándose outras moitas tentacións. É cousa de coller e saber resignar. Así é un congreso.
E seguramente algún tesouro moi prezado ficou en proveito de cada quen.
Pero o que quedou no tinteiro? quedou.
???????
*Sen ánimo de esaxerar a nota, hai que deixar constancia dun relatorio que por momentos nos fixo estremecer de emoción. No segundo día do congreso, pola mañá cedo, expuxo o panel 4: De las tradicionales sociedades parroquiales a las nuevas
agrupaciones de difusión de la cultura gallega.
Con minucioso detalle, os oradores foron escribindo propostas e propósitos que dan razón á existencia de tales grupos.
Así, Patricia Alonso e María Rosa Iglesias, da Asociación Herbas de Prata, faláronnos da palabra da muller atravesando o colectivo galego; Susana Blanco e Octavio Fernández, de Tira a Lingua, dos grupos de conversa galega; Gisela Barbeito e
Isabel Cid, do Terzo da Fala, da lingua viva en Bos Aires e finalizaron Marcela Fernández Señor e Walter Sánchez que debuxaron a actualidade do teatro galego en Buenos Aires. A emoción chegou ao tope cando nun breve paso de comedia que ensaiou
Marcela para ilustrar mellor a súa exposición se lle crebou a voz e as bágoas agromaron dos seus ollos nunha candorosa demostración de amor sincero.
Seica, a primeira vez que os presentes na sala puideron apreciar o pranto sentido e real dunha actriz profesional en escena.
???????????
*Na hora das tarxetas persoais, a filóloga lucense deixoume unha das máis orixinais que endexamais pasaron polas miñas mans; a cartolina da nova profesora de galego da Universidade de Bangor e afeccionada birdwatcher, di simplemente:
Lorena López,
Gales, UK.
Leva o enderezo do correo e loce, debuxado por ela, un mockingbird (paxaro parecido a nosa calandra suramericana) sobrevoando ceibe, ao carón dunha gaiola de portas abertas.
??????????
*Silandeira, cun sorriso que non a abandona, ás veces con retranca, pero sempre amábel e doce, Kathleen March explicábame como é o condado do estado de Maine, onde mora. Nese intre, asevereille á introdutora da Cátedra de Lingua Galega en EE.UU. o que comprobei despois con toda seguridade que era un flagrante erro. Teño que remedar dalgunha maneira a fanfurriñada que lle botei a semellante galeguista como esta educadora norteamericana que namorándose da lírica do
Rexurdimento aprendeu a ler e escribir en galego. Esta muller, que é nin máis nin menos a fundadora e primeira presidenta da AIEG.
Non sei se o fino sentido do humor de Kathleen poderá asimilar, aínda hoxe, aquel dato xeográfico, que axiña comprobei que era unha torpeza grande coma un penedo.
?????????.
*Hai tempo, na miña nenez, coñecín á dona Dosinda que era de Chantada e vivía en Miramar. Pensei que nunca ía atopar alguén dese nome de muller. Pero? a mesa 8, Cultura e movementos migratorios, deume a propicia oportunidade, pois presentou a acreditada intervención dunha profesora da Denison University; a moi aplaudida Dosinda Alvite que achegou o seu traballo sobre a Aculturación conflictiva de inmigrantes gallegos en la cultura popular argentina.
?????????..
*No acto no que falaron o arxentino Ruy Farías; Silvia Facal Santiago, de Uruguai; Erica Sarmiento da Silva, do Brasil, e Carmen Norabuena Carrasco, de Chile, a propósito das Migraciones y exilios gallegos en el Cono Sur; case no final do faladoiro, xurdiu do público un rapaz que dirixiu a Carmen unha pregunta respectuosa, se se quere pertinente, segundo unha pasaxe da expoñente que mencionaba a fronteira norteña transandina. A pregunta, fóra de contexto e sen anestesia, foi referida á controvertida saída ao mar de Bolivia. A profesora Carmen Norabuena, inmutable, recolleu a luva con elegancia e decididamente deu unha resposta tecnicamente seria e responsable, pero só convincente desde un punto de vista unilateral. Xa remataba o panel 16.º do día mércores e saímos todos satisfeitos e moi amigos, claro.
?????????.
*No luscofusco do derradeiro día do congreso, o que subscribe estaba na esquina de Perú e Avda. de Mayo e de súpeto sentiu que alguén collía o seu brazo. Era Víctor Freixanes, transformado nun furtivo fotógrafo en busca de instantáneas reveladoras da identidade galega da cidade: pequenos recunchos, nomes, tendas, etc. O home ía relevando testemuños que manifestaran de feito a pegada galego ? porteña para o prolixo rexistro
no arquivo da súa muller, Malós Cabrera.
De socato estabamos tomando un café na London e asemade barallando un amplo menú de temas.
A conversa ía fluíndo polas nubes de Úbeda (que como sabemos, fican un pouco máis alá das serras de Outes), cando caemos na conta que nos agardaba o pracenteiro auditorio da Manzana de las Luces ao que o profesor Henrique Monteagudo, da Real Academia Galega lle impregnou de paraninfo coa conferencia que titulou Sempre en Bos Aires. Nese ámbito ideal, fomos degustando os derradeiros grolos do rico mel que esta ecuménica colmea soubo ofrecer xenerosa durante tres días de reunións
fascinantes sen descarte posible.
????????.
*A clausura do congreso levouse a cabo alí mesmo, no Complejo Histórico Cultural Manzana de las Luces e, sen dúbida, estivo á altura de tan importante acontecemento cultural. Inmediatamente despois da palabra do conferenciante deuse paso á despedida da presidenta Débora Campos e á consagración do relevo, Carmen Mejía Ruiz, diante da emblemática presenza de Katheen March, quen foi agasallada no peche cun ramo de flores no medio dun ledo barullo de aplausos e vivas co público de
pé.
?????????.
*Chegando á porta da Manzana de las Luces, alguén me chamou: ?Saúdote, porque xa non te vou ver!. Unha aperta e ata a volta, amigo!? berrou. E inmediatamente despois pechouse para min a porta de saída dun fermoso país de xente linda e
entrañábel.
Foron tres días de intercambio de erudición e experiencias. E aí rematou o congreso.
Seica 72 horas ditosas, que sinalan unha espera de tres anos detrás dunha ilusión que escintila ao lonxe: Madrid, 2018.
E onde queira que esteas, ti, que en abril 2015 estiveches en Bos Aires, recibe a mellor das lembranzas.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Moitas grazas Norberto por a fermosa síntese. Puxeches e#blgtk08#n palabras o que moitos pensamos e non podemos expresar. |
|
|
Comentario por Rosa (19-05-2015 01:02) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|