Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
XI CONGRESO INTERNACIONAL ASOCIACION ESTUDOS GALEGOS - 13/04/2015. |
|
Síntese da investigación presentada polo Terzo da Fala no XI Congreso Internacional de Estudos Galegos, celebrado en Bos Aires - Arxentina do 6 ao 8 de abril.
O mutualismo galego achégase á sociedade arxentina a finais do século XVIII baixo a pegada relixiosa e asistencial, segundo expresa o Dr. Ruy Farías no seu artigo ?Apuntes sobre la presencia gallega en la Ar-gentina?. No mesmo traballo, o profesor Farías remarca que o asociacionismo galego ía estendendo no país de acollida toda unha rede de relacións que reproducían os ámbitos aldeán e comarcal que quedaran atrás. O obxectivo primario era crear un espazo social, fundamentalmente recreativo, que achegase o ne-cesario vínculo co mundo laboral. Tratábase de concibir lazos de contención necesarios para formalizar os mecanismos que permitisen a réplica a distancia daqueles costumes e vivencias, atributos que portaban nas súas maletas cheas de morriña e esperanza.
Mentres no pasado as asociacións se presentaban como afastadas caixas de resonancia cultural ache-gando lembranzas da terra de orixe, no presente, os novos grupos amosan un escenario de renovadas inquedanzas dos descendentes daqueles precursores. Créanse hoxe, na Arxentina, espazos nos que se reforza a identidade galega a partir da defensa da cultura.
Deste xeito, ?Lectores Galegos?, ?Tira a lingua?, ?Xeito Novo?, ?Herbas de Prata?, ou ?O Terzo da Fala?, percorren un vieiro común para tratar a problemática da lingua e cultura galegas, a actitude da muller fron-te ao proceso migratorio do mundo actual ou a evolución da música enxebre. Enfoques actuais para recre-ar e difundir unha identidade que permanece viva na alma dos sucesores daqueles devanceiros.
En xullo de 2009, un grupo de estudantes de idioma galego remataba o segundo curso do programa ofi-cial para o ensino da lingua nai. Durante dous anos, nas oficinas que ocupaba a Xunta de Galicia na rúa 25 de Mayo, no centro da cidade de Bos Aires, galegos nados, fillos, netos e bisnetos reuníanse despois das clases para escoitar e escoitarse en galego, esa lingua que era o fío condutor entre eles e a entraña-ble voz dos seus.
As motivacións para asistir ao curso foron variadas, pero quizás a máis importante foi o persoal intento de recuperación dese tesouro ancestral que marcara a nenez: a lingua do berce. A palabra dos avós, as his-torias contadas, as cancións e arrolos dos pais, a escoita daquelas conversas cos paisanos, os brindes das festas... volvían á memoria dos alumnos con abraiante maxia.
O curso CELGA 2 remataba e manter o contacto era unha necesidade. Así, coa escusa de preparar as probas, xurdiu a idea de prolongar as clases alí mesmo, en reunións na aula sen profesor.
Conforme pasaba o tempo, o cadro de alumnos foise consolidando nunha auténtica amizade. Compartí-ronse relatos embebidos en bágoa e gromos de riso coas historias comúns da rica retranca galega. O te-ma principal era honrar a lingua galega falándoa e escribíndoa. Os profesores do curso impartírannos cla-ses cos textos clásicos e do Rexurdimento e fixeron desfilar diante nosa a lírica e a prosa de Castelao, Martín Códax, Rosalía, Cunqueiro, Sarmiento, Murguía? Pero tamén nos abriron as portas aos contempo-ráneos autores da nova literatura case descoñecidos para nós: Rivas, Freixanes, González Tosar, Villar Janeiro, De Toro... Dese xeito fomos descubrindo un contido fabuloso a partir de lecturas que se gardaban latentes nun atávico sitio do noso inconsciente. Agochada entre penedos, ríos e fragas, aquela cultura co-rría o pano para nós e mostrábase espléndida. Velaí o fundamento principal: Defender o uso desa musica-lidade, dese son. Tratábase de resgardar o uso da fala.
A toda esa listaxe de accións só lle faltaba un nome que representara as aspiracións do grupo, un que sinalara o camiño a seguir. Alguén lembrou daquela o papel que nas invasións inglesas tivera o ?Batallón de Voluntarios Urbanos de Galicia? de Bos Aires, a cidade que dera abeiro ás súas familias e ás ilusións de progreso. Máis coñecido como o ?Tercio de Gallegos?, este grupo estivo composto por unha nutrida compañía de comerciantes e profesionais ao mando doutro civil, o enxeñeiro pontevedrés Pedro Antonio Cerviño. Eles combateron con valentía nos arredores do Convento de San Domingo e atinxiron a gloria na defensa da zona de Retiro, onde loitaron ata a rendición incondicional dun dos máis aguerridos batallóns da forza invasora.
Así pois, o grupo de estudantes inspirouse naqueles homes de 1806 para defender o mantemento da cul-tura e a lingua galega. Nacía a idea ?do Terzo? mais con outros instrumentos, lonxe do estrondo da metra-lla pero coa mesma determinación daqueles homes.
Rematou o curso de galego e no pensamento de cada un xa estaba instalado o ideario da galeguidade. A sede do PSOE e o Club Español, hóspedes xenerosos, rexistraron o paso das reunións, que finalmente recalou no Centro Lalín, Agolada e Silleda, sede actual das xuntanzas.
A tarefa do grupo reflíctese nunha rutina semanal. A actividade toma como eixo o estudo da realidade da actualidade e do pasado, mergullando nos soportes tecnolóxicos e nos comentarios individuais que sobre o quefacer de Galicia se achegan á mesa das reunións. As novas van incorporándose á maneira de recor-tes xornalísticos; novas literarias, información das entidades galegas, comentarios da TVG... Con traballos didácticos inténtanse reforzar os coñecementos gramaticais. E tamén se recorre a unha selección de lec-turas, ditados de textos, exercicios para estimular a redacción propia deses parágrafos que a agochada historia de cada quen espera liberar para velos espallados no papel e botalos fóra do peto.
Por outra parte, as frecuentes visitas de escritores, xornalistas, educadores e funcionarios contribúen no fortalecemento dos vínculos, do compromiso e do afianzamento cultural do conxunto de compañeiros e implican as consecuentes deliberacións que esixe a recepción das visitas e a programación dos actos de celebracións.
Grazas ao apoio inestimable das autoridades do Centro Lalín, Agolada e Silleda, o Terzo da Fala tamén ofrece un ciclo de cine en idioma galego. Clásicas e modernas expresións da pantalla recompílanse, non sen esforzo, para achegalas unha vez ao mes ao microcine do centro, onde agarda un auditorio ávido de imaxes, sons e palabras que acariñen a morriña.
Un espazo aparte merece a actividade da nosa biblioteca. Xorde a partir da necesidade de dispoñer da lectura que nos brindan non soamente as letras mais recoñecidas da nosa rica literatura, senón tamén acceder aos novos nomes que fan da lingua galega a mais prezada ferramenta para describir a alma do noso pais.
Buscamos dar conta das historias dos que nos precederon e das nosas, pero en clave galega, porque ?con igual valor que aquel ?Tercio de Voluntarios?? os galegos e galegas dérono todo pola patria de orixe e pola nova terra de acollida.
Como inmigrantes e fillos, e netos, imos reconstruíndo a nosa identidade e coidamos que para iso é fun-damental interpelar o zume e a lentura da terra, a vida enteira galega, para lograr esmiuzar a realidade galaico - arxentina.
Debaixo desa índole natural, o grupo foi tomando corpo xunto a outros amigos que simplemente simpati-zan co achegamento a esa lingua feiticeira. E dese febril indagar arredor das raíces, atopamos que o uso do galego acada unha comunicación máis dinámica e congregante.
Temos aínda o desexo primordial de compartir coas novas xeracións a epopea migratoria e que esas his-torias que teñen moito que dicir se manteñan vivas sempre en Bos Aires.
Para o Terzo da Fala, colaborar co sostemento da cultura e lingua galega é un forte desafío de hoxe cara a un esperanzador mañá e o noso humilde e sinxelo tributo a Galicia, Terra Nai.
Agradécese especialmente a colaboración de Manuela Buján e Norberto Lema Regini, Alicia Lago Roca y Gisela Barbeito, integrantes do Terzo da Fala, na elaboración do presente traballo.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Os meus parabéns a Manuela Buján e Norberto Lema, que #blgtk08#tan ben souberon reflectir o sentir do Terzo.
|
|
|
Comentario por Manuela Barca (15-04-2015 06:16) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|