Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONGRESO INTERNACIONAL ASOCIACION ESTUDOS GALEGOS - 09/04/2015.
Impresións dunha compañeira do Terzo sobre o Congreso.
Por Rosa M. Rodriguez

Estou FELiz, FELIz, FELIZ...........
Vivín 3 días marabillosos, inesquecibles.
Quero agradecer a todos os que traballaron para que isto fose posible. Tanto os organizadores como os oradores.
Emocióname ver mozos, de distintas partes do mundo, participando como oradores, presentando os seus traballos sobre e emigración galega, e sobre esta en Bos Aires. Moitos de eles fixeron a súas teses sobre o tema da emigración e a cultura galega, dentro e fora de Galicia.
Os estudantes do Colexio Santiago Apóstol, falando galego como se fosen nados en Galicia.
Camiñar por as rúas de Bos Aires, alemáns, brasileiros, españois, norteamericanos, arxentinos falando en Galego.
Compartir un café o un xantar lixeiro, porque as conferencias eran tan interesantes que nos quedabamos sen tempo, con Victor Freixanes, Rosario Alvarez, Henrique Monteagudo, Malores Villanueva, oradores, asistentes, organizadores, xuntos, que mais se pode pedir.
Nunca imaxinei cando me inscribín no 2009, no curso de Celga, que tería a oportunidade de vivir estas experiencias. Eu soamente quería poder escribir e falar a lingua dos meus pais.
A primeira experiencia foi no 2010 cando participei en Galicia do curso de Lingua e cultura Galega, despertou en mi a necesidade e a curiosidade por a defensa da lingua e da cultura. Nestes días, os distintos temas expostos, todos boísimos, o tema da emigración mobilizoume.
En cada un destes encontros vou descubrindo a miña identidade e cousas novas, sinalo algunhas, poucos coñecemos o patrimonio cultural que conten o Centro Galego ou as institucións recreativas e culturais que fundaron os nosos devanceiros, que corren o perigo de perderse, e dese modo, pérdese parte da nosa historia. O traballo tan interesante que fai o Museo da Emigración Galega (MEGA).
Hoxe penso que esta estrofa do himno Galego:
?desperta do teu sono
fogar de Breogan?
pode aplicarse os descendentes dos galegos en Bos Aires.
Comentarios (2) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 09-04-2015 18:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Htazas Tosa polas tías#blgtk08# fermosas palabras!!!
Comentario por Gisela (10-04-2015 11:46)
2 Engaiolantes as túas palabras sobre o Congreso.Paneis de luxo e o Terzo entre eles.No persoal,puiden asistir ao Obradoio de escrita de F.Fernandez Naval e foi emocionante #blgtk08#escoitar falar de Julio Cortázar traducido ao galego.Realmente inesquecible.Apertas e noraboa Terceiros e organizadores polo bo traballo feito.Apertas para cada ún de vós.
Comentario por mirta gosende faraldo (15-04-2015 03:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0