Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A VISITA DE XAVIER ALCALA - 07/01/2015 |
|
 Por Norberto Lema Regini
O Terzo da Fala transformou o habitual cafeíño das xuntanzas nun completo brunch coma se fóramos turistas preparando unha xornada de ledo percorrido polas rúas e avenidas da nosa propia cidade. O bar do Castelar Hotel foi o refuxio ideal para unha mañá impregnada dun alto índice de humidade e aínda compunxida, a poucas horas do criminal atentado na capital de Francia. Era 7 de xaneiro, mércores.
O salón do hotel, baleiro xa de hóspedes, ía sumando compañeiros do Terzo que chegaban para dar acollida a este entusiasta galeguista, enxeñeiro en Telecomunicacións, escritor prolífico e ameno conferenciante.
Como un porteño máis fuxindo do sol do verán, ingresou no salón. Mangas curtas, branca camisa, saudando nunha súpeta chegada na compaña de Carlos Brandeiro.
De seguido, Xavier Alcalá Navarro, cuxo currículo vital de tan extenso asombra, xa que ten unha folla de servizo que transcende Galicia, recala en España atinxindo a Europa, estabeleceu o seu sitio no medio da xuntanza. Demandou unha ?desas sen gasificar?, e comezou con voz clara e dicción impecábel a súa exposición. Deu un breve resumo persoal como introdución e axiña levantou voo coas súas palabras nunha morea sen fin de citas e lembranzas, unidas ás reflexións do caso. Aí mesmo confesouse cunha forte vocación lírica, aínda que o ensaio e a ficción seica se lle deron mellor.
Advertindo a incomodidade da recta e longa táboa, Xavier invitou a reunírmonos nun semicírculo para máis intimar e facilitar a audición. Nesa orde máis apropiada para escoitar un orador nun lugar público, quen suscribe puido situarse nun ángulo que permitía un completo panorama do resto dos oíntes comprobando como esas cariñas de aceno abraiado expresábanse silandeiras como dicindo: ?olla ti?, parece mentira!?; tal era de efectivo o discurso.
A atención era puntual, todos e todas seguían con vivo interese as glorias e miserias, as historias, andainas e costumes en relatos que se apoiaban de cando en vez, en dosaxes do simpático histrionismo que este amigo do Terzo manexa moi ben.
Sen deixar de botar unha mirada crítica sobre a actualidade máis quente, Xavier Alcalá, ollando con elocuencia ós presentes, movía a súa cabeza subliñada por unha prolixa barba gris e leves anteollos, facendo desfilar perante nós, anécdotas, enredos, e tamén algunhas celebradas revelacións nun colorido carrusel de sobranceiros personaxes, (algúns non tan ilustres), mesturados, uns e outros, en diversas situacións que en persoal síntese exhibiu para ilustrarnos e dar condimento e razón á nosa teima galeguista.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Gracias por avisarme de estas publicaciones. Me encantaría decir esto en gallego pero, por desgracia, no lo sé. Practico un poco leyendo. Si aparec#blgtk08#e algún curso de esta lengua tan dulce y con la que me gustaría charlar con mi tía que vive en España, les agradeceré me avisen
¡¡Saludos!! |
|
|
Comentario por Adriana Fraguas (28-01-2015 03:38) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|