Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UN RECUNCHIÑO DE OURENSE EN AVELLANEDA - 04/12/2014
Por Susana García Otero


No mapa de Galiza, onde o 14 de Setembro nós todos marcamos, con múltiples alfinetes de cores , as cidades e máis as aldeas dos nosos pais e avós, pódese ver que esas pegadas se espallan por case todo o territorio galego. No sur de Ourense, preto da fronteira con Portugal, só hai dúas marcas vermellas que sinalan Arzádegos e Enxames. Esas dúas están soíñas, moi preto unha da outra, marcando un recunchiño coma aquel que, coa mesma soidade, formaron María Adelaida Rodriguez Carballo e Clemente García Alvarez, os meus avós paternos, cando casaron o 5 de Outubro de 1914, en Avellaneda.
María Adelaida vivía en Arzádegos, coa súa nai, na casa dos seus avós maternos. Non coñeceu a seu pai. Ela e máis a súa nai traballaban na casa, facendo puntillas de encaixe. Tiña só un irmán, que emigrara a Arxentina e, dende alí, sempre lles escribía que el tiña un bo traballo e unha casa pequena para vivir con elas. En Xaneiro de 1913, as dúas mulleres chegaron a Bos Aires, mais atoparon que a casa eran dous cuartos nunha casa de ?inquilinato? e o traballo non bastaba para viviren os tres. O seu irmán díxolles que mentira porque as estrañaba moito. As mans delicadas de María Adelaida, afeitas ó encaixe, tiveron que afacerse ó traballo duro na fábrica téxtil. A pouco de chegaren, o seu irmán marchou ó mares do sur, á caza das baleas. Houbo un naufraxio; endexamais volveu. Elas quedaron sóas. Os paisanos axudáronas. Entre eles, estaba Clemente.
Clemente era de Enxames, non tiña familia en Arxentina. Os dous estaban sós, coma eses dous alfinetes vermellos. Tiveron cinco fillos. Viviron e morreron na súa modesta casa, sempre no mesmo barrio, onde tamén viviron e morreron os seus fillos. Deixáronnos unha herdanza moi prezada: cando alguén pregunta polos García, os veciños máis vellos contestan: ?Xente boa coma eles non é doado atopar?.

Foto: María Adelaida y Clemente (avós paternos de Susana).
Comentarios (0) - Categoría: Traballos do grupo de estudo - Publicado o 05-12-2014 03:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0