Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
?HISTORIAS DOS CRONOPIOS E DOS FAMAS? - 21/09/2014 |
|
?Historias dos cronopios e dos famas? de Julio Cortázar. ?Conservación das lembranzas? - Tradución: Susana García Otero
?Os famas para conservar as súas lembranzas proceden a embalsamalas do seguinte xeito: logo de fixar a lembranza con pelos e sinais, envólvena dos pés á cabeza nunha saba negra e colócana parada contra a parede da sala, cun carteliño que di: ?Excursión a Quilmes? ou ?Frank Sinatra?.
Doutro xeito, os cronopios, eses seres desaquelados e mornos, deixan as lembranzas soltas pola casa, entre berros ledos, e eles andan polo medio de elas, e cando unha pasa correndo, agarímana con soavidade e dinlle ?Non te vaias magoar? e tamén ?Coidado coa escaleira?. Por iso é que as casas dos famas son xeitosas e silandeiras, mentres nas dos cronopios hai gran rebumbio e portas que se petan. Sempre os veciños se queixan dos cronopios, e os famas moven a cabeza asintindo e van ver se as súas etiquetas están todas no seu sitio.?
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|