Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UNHA HISTORIA COMO TANTAS OUTRAS - 19/09/2014
Por Susana García Otero


?Tiña quince anos cando morreu miña nai. Meu pai morrera había xa tempo e os meus irmáns e máis eu quedamos sós, sen familia en Galicia. O noso único tío vivía en Bos Aires. El era irmán de miña nai e, cando soubo da súa morte, viaxou a Vigo buscarnos.
Eu era o irmán máis vello, logo viñan Xoaquín, Manuel e Concepción, a nena, a máis pequena.
Deberiamos marchar a Arxentina; atrás quedarían a nosa infancia, os nosos veráns nas praias de Vigo, os nosos amigos, as nosas historias como aquela vez na igrexa. Eu sempre acompañaba a miña nai na misa. Para min era moi aburrido, tería sete ou oito anos e só quería xogar, non estar alí. Un día levei alfinetes e, cando as señoras se axeonllaron para rezar, eu fun prendéndolles as faldras con eles. No momento en que as señoras se puxeron de pé e quixeron andar, eu saín correndo. Por suposto, miña nai non me levou nunca máis...
Eu non quería viaxar a Bos Aires. Con quince años, cría que xa era un home, tiña unha moza e quería quedar en Vigo. Meu tío aceptou as miñas razóns; quedaría na casa, traballaría e os meus padriños coidarían de min ata que fose maior de idade.
Chegou o día da partida e, ó ver os meus irmáns xa embarcados, cambiei de idea, corrín rapidamente á miña casa, puxen algunhas cousiñas nunha maleta e volvín ó porto, disposto a viaxar aínda que fose como polisón. Mais, no barco, meu tío xa mercara o meu billete. Os meus padriños fixéronse cargo da casa e periodicamente enviaron a renda a Bos Aires?...
E así, o avó Guillerme remataba a súa historia, mais narrada en castelán. Hoxe, a súa neta intenta facelo en galego.

Foto: Guillermo Otero Regueira (avó de Susana).
Comentarios (1) - Categoría: Traballos do grupo de estudo - Publicado o 20-09-2014 02:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Como dice el título, una historia como tantas, pero única para quien la vivió.
Y como diría Serr#blgtk08#at en su canción, "no hay nada mas bello que lo que nunca he tenido, nada mas amado que lo que perdi."
Comentario por Silvia Fernandez (06-10-2014 09:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0