Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A VIAXE DUNHA BOTELLA DE OPORTO - 02/08/2014 |
|
 Por Marita Ramallo Freijeiro.
Os meus pais casaron o 19 de marzo de 1924, o día de San Xosé. Foron de ?lúa de mel? á cidade de Oporto, en Portugal.
Alí visitaron un amigo de meu pai que agasallou a miña nai cunha botella de oporto para festexar o día do nacemento do primeiro fillo.
Despois da viaxe, os meus volveron a Santiago de Compostela onde vivía a familia paterna e ían eles fixar a súa residencia.
Sen coñecemento de miña nai, meu pai regálalle ó meu avó a famosa botella.
Anos máis tarde, un irmán de meu pai, residente na Arxentina, viaxou a Santiago e o meu avó regaloulle a botella de oporto.
Pero esta historia non remata aquí. Pasaron máis de corenta anos e en Bos Aires a botella chegou, finalmente, ás mans de miña nai.
Ninguén puido bebela pois o viño non estaba en condicións, mais o importante é que miña nai rematou coa botella nas súas mans, celebrándoo cos seus fillos.
Fotografía: xentileza Marita Ramallo Freijeiro. A foto mostra o día da voda dos seus pais. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|