Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DESDE O FONDO DO SANGUE.
Por Susana García Otero.


Na xuntanza pasada, Alicia preguntou se nós pensábamos que escribir en galego adoita ser máis doado que facelo noutra lingua e agregou que ela coidaba que era así porque o galego nos vén do fondo do sangue ou da alma. A reflexión levoume á miña infancia. Na miña familia non se falaba galego, mais a lingua do meus avós estaba sempre presente xa sexa nas frases, refráns e historias que a miña avoa non se cansaba de repetir, como nas ?romarías? do teatro Avenida, a onde eu ía xunto a miña avoa, miña nai e a miña tía Celta (chamada así polo Celta de Vigo, ocorrencia do meu avó). Cando a miña avoa morreu as súas historias e anécdotas seguiron presentes nas nosas conversas.
Cando partiu a miña nai e poucos meses despois a miña tía, un gran baleiro e una inmensa tristeza invadiu todo. Eu sentía que xa non tería con quen compartir esas historias de familia. Con elas bastaba una mirada ou un xesto para saber a frase que diría a miña avoa en tal situación.
Eu sigo dicindo ?como diría a miña avoa? e o meu fillo escóitame, porque el é todo amor, mais non é o mesmo.
Finalmente comprendín que a mellor maneira de evitar que todo se perda era estudar a lingua e a cultura que elas tanto amaron.
E aquí estou con todos vós porque, sen dúbida, o galego me vén do fondo do sangue e da alma.
Comentarios (1) - Categoría: Traballos do grupo de estudo - Publicado o 22-07-2014 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Emociòname ver estas tres historias feitas papel e frases, escritas nunha lingua que ata hai pouco só era un con#blgtk08#xunto de palabras soltas. Este último mes, Mirta, Marita e Susana déronlle sentido á existencia do Terzo. Grazas.
Comentario por alicia (23-07-2014 00:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0