Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

San Caetano tomou café na rúa Moreno
San Caetano tomou café na rúa MorenoÁs dez e media da mañá, a combi branca estacionou na porta do albergue das nosas xuntanzas, o Centro Lalín. Do seu interior comezou a baixar a comitiva que, en número de oito integrantes e encabezada polo secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, se achegou para saudar ó Terzo da Fala.

O sinxelo e distendido acto tivo lugar no salonciño vip da planta baixa onde deseguido comezou o diálogo no que o Dr. Anxo Lorenzo Suárez
interveu só cando unha quenda espontánea e libre sinalou a oportunidade de escoitar a súa palabra, precisa e breve, sen recorrer a establecidas retóricas.

Entre as visitas tivemos, unha vez máis, o agrado de saudar a figuras senlleiras do mundo actual das letras galegas, como os amigos Luis González Tosar e Xabier Castro Martínez; tomar o inapreciábel contacto co profesor Armando Requeixo Cuba e co xornalista e escritor Luís Pousa Rodríguez; así como coas distinguidas e amigables
funcionarias acompañantes.

Presentes en bo número, as compañeiras e os compañeiros do Terzo fixeron gala
unha vez máis da natural hospitalidade que despregan en toda ocasión, agasallando ós
invitados con atinadas intervencións nas que as inquedanzas polas políticas lingüísticas postas en práctica non ficaron fóra. Nese sentido, o propio secretario de Cultura amosou preocupación pola solución dos serios conflitos actuais e interese evidente pola continuidade dos cursos Celga.

Coa entrega dunha selección de volumes que a Secretaría Xeral de Cultura doou á biblioteca do Terzo da Fala e coa interpretación do Himno Galego por parte de todos os participantes chegou o final do faladoiro desa mañá do venres 25 de abril de 2014. Entrementres, o intercambio de saúdos e
a garantía da asistencia puntual ao posto da Xunta de Galicia na 40.ª Feira do Libro e ós diversos actos programados.

N. L. R.
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 08-05-2014 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0