Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Un galego en Caminito |
|
Hai moito tempo que non vexo un western daqueles; unha película con John Wayne co seu Colt na cintura incluído, aplicando trompazos a discreción e balas a esgalla para limpar ?necesariamente? un territorio indomábel, cheo de indios desapiadados e ameazantes; unha terra basta, onde ?andan os ladróns tras os que rouban?.
Pasou que The searchers (en España chamouse Centauros del desierto e entre nós, ?Más corazón que odio?) ten fama de ser unha das mellores películas de cowboys da historia. Desa inesquecíbel visión, o noso novo amigo lembrábase moi ben do nome e apelido dun dos protagonistas, e foi así que o Martin Pawley, colleuno como propio para asinar profesionalmente as súas moi atinadas críticas cinematográficas.
O luns pasado coñecemos a Martin Pawley, crítico coruñés asignado para asistir ao festival de cine internacional BAFICI e xunto coa nosa compañeira do Terzo da Fala, Patricia Alonso, fixémoslle compaña nunha percorrida polos puntos de interese turístico da cidade; aqueles sitios que se poden abarcar nunha soa tarde porteña, a única, que lonxes e curtametraxes a cachón, permitíronlle distraerse da mostra. Unha volta que rematou en Caminito onde lle sinalamos a Martin, entre outras cousas, que na outra beira do Riachuelo é xa a Provincia de Bos Aires.
Alí, case sen darnos conta, no medio do luscofusco outonal, un gran patacón de prata agromou no ceo co formato de lúa chea, escintilando apenas trémulo no espello calmo do Riachuelo. E velaí, que o intre inspirou a Martin, empedernido cinéfilo á fin, e o noso visitante exclamou case rindo: Lúa de Avellaneda?, citando certamente o título dunha peza do noso mellor cine arxentino, algo que coñece ben de preto.
Logo de que o trío cantase Caminito a capela sobre a Vuelta de Rocha, mentres a noite ía avanzando, tiven que despedirme deles pero unha cousa quedoume en claro: foi un encontro moi simpático cunha figura do xornalismo especializado que en todo momento se prestou con naturalidade a unha conversa enriquecedora na que, sen dúbida, a cinematografía non ficou fóra de tema.
Pola tarde démonos o grande gusto de ?presentarlle? persoalmente algúns dos personaxes da cultura popular que lle provocaron un aberto sorriso. Nun estratéxico desfile, soamente casual en aparencia, saíron a saudar o noso vagabundeo, a enteireza de espírito, o vigor físico e a insubornábel lealdade ás causas xustas que prodigaba o cacique Patoruzú (Paseo Colón e Belgrano), o inefábel Isidoro Cañones (Chile e Balcarce) e a cativa máis célebre nada do bufo dun humorista gráfico, retirada moi antes de tempo en pleno apoxeo da súa ben gañada fama. Nena cun agudo sentido da observación e toda a graza para xulgar un mundo controvertido e ruín, presentámoslle a Mafalda, aquela que aínda nos divirte e entenrece (Defensa e Chile).
A infatigábel Patricia ?cicerone de auténtica vocación? foi quen para improvisar o percorrido infalíbel; para iso non tivo máis que apañar os catro ases da baralla turística porteña: a) Puerto Madero, b) San Telmo, c) tango na Praza Dorrego e d) La Boca. Un itinerario ideal, moito máis se nos relacionamos en lingua galega.
Pawley volveu á Coruña e coido agora que o elenco que escolleu John Ford; con Wayne, con Natalie Wood, Jeffrey Hunter, Vera Miles e a sempre eficaz presenza de Ward Bond, pode ser unha excelente opción para acomodarse fronte á pantalla nunha destas noites de Semana Santa.
Damas e cabaleiros!.. teñamos conta e gocemos con ? Máis corazón que odio.
Norberto Lema Regini
(17/04/14) |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|