Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Marita Ramallo, muller distinguida - 14/03/2014 |
|
As meiguiñas boas tamén existen. Marita Ramallo chegou da man dunha delas. Meiga de ben gañado prestixio, seica desvalorizado hoxe pola súa manifesta simpatía con algunha que outra asociación de fadas madriñas. Recoñecida militante galeguista, esta meiga amiga e compañeira, presentou Marita Ramallo ao Terzo da Fala e logo, sorrindo enigmática, ficou remexendo un fumegante ?cortadiño, metade leite - metade café?. Entrementres, ruborizada, a recentemente presentada espallaba a súa habitual xentileza .
A semana seguinte, as dúas compostelás ?moi animosas elas? volveron traendo un cartafol repleto de informacións e prezadas lembranzas. Marita expuxo o material na mesa e daquela deu comezo o seu ameno relato. Unha saga que se inicia en Santiago de Compostela e continúa en Bos Aires, pasando por arriscadas tramitacións nas oficinas de Emigración e nas alfándegas de Vigo e Lisboa, coa obstinación como compás, en dirección a estas costas do Río da Prata. Felizmente achegáronse á casiña do barrio de Flores, onde os Ramallo ? Freijeiro se reencontrarían definitivamente cumprindo o soño da súa nai Carmen, protagonista principal desta historia compartida con quen agardáballes en Bos Aires, Xosé (máis que nada, Pepe), o seu home.
Coa xuntanza familiar conseguida, outro capítulo daba comezo debaixo dun mesmo teito, agora a salvo, e xa lonxe dos axexos do revanchismo político daqueles anos que seguiron á guerra civil.
Ademais do cambio dos costumes, as xentes e a paisaxe; a morriña non ía ser máis que un forte estímulo a carón da morna lareira da ilusión arxentina.
Co final da aventura, abriuse a esperanza. Unha mestura de sensacións amoreáronse de aí en diante na novela de Marita, sobranceira compañeira do Terzo da Fala. Un desfilar de entrañables imaxes, onde o valor decisivo de Carmen domina o centro da escena, sostendo o fogar e criando unha rapazada de dous travesos galopíns máis unha primorosa cativa loura, incapaz de sobrepoñerse ás andainas destes pícaros, pero agarimosos irmáns, máis vellos ca ela.
As lembranzas daquela nenez pasada, coñecendo de preto os máis conspicuos representantes do exilio galego; decote fraternizando, e ás veces conspirando, na casa dos Ramallo. A compaña entrañábel de tantos obxectos queridos, así como as fotos e recortes dos xornais da época. En fin: agochadas nun caixón, aquellas pequeñas cosas, percorren vivificantes polas súas veas e, nalgúns albores e solpores do seu barrio de Almagro, fanlle fixar a mirada nun punto distante e mergullarse por enteiro a intimar con ela mesma.
O amor ao seu home, Ramón Ramires, e aos seus fillos e netos; a propia apertura ao auténtico sentimento da galeguidade, converténdose en queridísima confrade do Terzo da Fala. A irrenunciábel fidelidade ao san compañeirismo e á amizade sincera están modelados nesta arquitecta e profesora universitaria de nome María Ramallo Freijeiro, o xenio e figura dunha muller singular.
Neste ano 2014 o colectivo Herbas de Prata, integrado só por mulleres que distinguen anualmente ás galegas entre as galegas, tivo a delicadeza de elixir á nosa moi prezada Marita, compañeira do Terzo da Fala, e facer xustiza co seu abondoso mérito.
Un prometedor tributo, en síntese, de dúas agrupacións irmás dedicadas á defensa e sostemento da cultura galega na celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Norberto Lema Regini
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Fermosa palabras Norberto, par#blgtk08#a unha muller que é unha xoia, |
|
|
Comentario por Gisela (10-04-2014 16:08) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|