Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Apuntes dunha mañá no Rosedal - 26/02/2014 |
|
*Non houbo moita deliberación. Axiña puxéronse de acordo Manuela Buxán, Isabel, e Carmiña. De seguido escoitouse unha entoada e moi digna, interpretación de ?Negra sombra? que por certo, se debería repetir máis a miúdo.
*Tan pronto comezaron engadíronse Alicia e Patricia. É que á hora de cantar, galegos e galegas, deixan as timideces ao lado e saen adiante sen complexos. O curioso é tamén a silandeira complicidade daqueles non tan dotados para entoar do mellor xeito as cancións. Pero non teñan medo, que, movidos a pura emoción, póñense a cantar ca forza e a decisión que impón o momento. Non importa como, pero cantan; e gozan cantando.
*José González Abilleira é o nome do autor do sentido poema dedicado a Rosalía, que foi lido no acto do mércores a carón do busto de Rosalía, por o seu fillo máis vello, noso compañeiro do Terzo da Fala, José Augusto.
*Moi emocionadas ámbalas dúas, víanse a súa muller María, e a irmá de González Abilleira, Áurea , na compaña do seu home Manuel, os dous naturais de Poio, Pontevedra, chegados hai poucos días a Bos Aires. Cómpre salientar o forte sentimento que embargaría a José Augusto, lendo aquelas palabras da lírica inspiración do seu pai morto recentemente; versos que evocan á grande escritora, tal vez nunca pronunciados en público.
*Foi de notar a cantidade de turistas visitando o Rosedal. Moitos brasileiros compracidos pola beleza destes espazos abertos do popular Bosque de Palermo. Seica, sempre é así; chegan todos xuntos a cachón, e como chegaron vánse a modiño, tras outra nova experiencia que lles garda a cidade na volta da esquina dun recuncho calquera.
*Sobre o final do acto, e cando íamos en caravana a prolongar a xuntanza cunha amabel cunca de café; presenciamos unha inesperada e grata escena cando Mimí tomóu contacto cunha simpática cadeliña dándolle o seu cariño e conmovéndonos de seguido, ao tomar a decisión de adoptala.
* Algo que foi causa do estupor dos que marchábamos a carón de Mari; pasóu cando un dos xardineiros viu que a nai de José Augusto levaba na mao unha rosa púrpura do ramo de flores que nos ten acostumados traer Gisela nestas ocasións; o home non tivo outra cousa mellor que reaccionar cun -.?¿señora, señora? usted arrancó esa flor para llevársela a su casa??. E ahí mesmo tivo que recoñecer o seu erro diante a resposta inmediata dos compañeiros disuadíndoo por completo e ríndonos pola anécdota.
N.L.R. |
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|