Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Rosalía das roseiras - 26/02/2014 |
|
Por Norberto Lema Regini
Rara mañá cun ceo cuberto pero aínda luminosa. Puntuais, fomos chegando todos nòs às dez e media, con cadanseu papeliño escrito para pendurar no branco cartaz de pano, e pegando, un por un, os mellores versos escollidos. Era unha cita xa tradicional e impostergàbel para os integrantes do Terzo da Fala. O lugar, una tradición tamén, de esta Bos Aires porteña e linda a máis non poder: o Xardín dos Poetas do Parque 3 de Febreiro.
Lonxe da calidez das xuntanzas dos mércores no Centro Lalín, íamos sentindo como concedida graza, desde as meixelas ata a pranta dos pés, a fonda frescura do aire ceibe do Rosedal.
Entón sentíuse a voz da poesía, e das cancións. Á ?Negra sombra? cun improvisado coro onde ?sábese- ninguén improvisa; porque cantando, deixa saìr a voar todo o que leva adentro.
E débese escoitar no Parque aínda, o rumoroso eco da letra de ?A Rianxeira? enchendo o baleiro que deixou o animoso acto de recordación fronte ao mármol da grande escritora.
Paseo das solitarias andainas e do amoroso bico furtivo das parellas novas; unha solleira mañá morniña, tal vez achegase maior calidez; pero?, poderìase pedir máis?
E velaí, naquele fermoso xardín, onde o seu ilustre legado agroma día a día entre as flores mellores, está Rosalía de Castro; galega e escritora que fora quen, para escribir na lingua enxebre e dalle trascendencia universal.
Como a lembrar mellor, si non nese escenario de rosas de todas as cores. Eido de pletóricas roseiras ; marco ideal dunha inesquecìbel mañá de febreiro, enchida de amor e amizade.
Por acó e por alá, rosas. Ofrenda e devoción por quen representa a ialma das letras galegas.
A nosa cidade ? Rosalía ? quere agasallarche en rosas.
|
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Graciñas Norberto, está moi bo.#blgtk08# Fermosos momentos compartidos. |
|
|
Comentario por Gisela (04-03-2014 09:37) |
|
|
2 |
Como sempre boísima a cróni#blgtk08#ca da homenaxe a Rosalía. |
|
|
Comentario por Manuela Meiga (04-03-2014 16:15) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|