Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Visítanos o Lic. Facundo Reyna Muniain.
Gisela Barbeito cóntanos que Facundo Reyna Muniain está a facer un traballo de investigación sobre a lingua na diáspora para USC coa participación do Enrique Monteagudo. Trátase dunha entrevista que el filma e que fai preguntas, é sinxela, leva 20 ou 30 minutos.

Quen é o Lic. Facundo Reyna Muniain?
E sociolingüista arxentino, reside actualmente en Santiago de Compostela. Especialista nas áreas de linguas en perigo, migración e diaspora. Curso o seu estudos de licenciatura en Letras (Lingüística) na Universidade de Bos Aires (UBA). Durante os seus estudos de licenciatura en Filoloxía Hispánica, realizou estudos de lingua e literatura galega, alemá, e danesa. Especializándose en sociolingüística e planificación lingüística. No ano 2011 foi subvencionado pola axencia de educación, ciencia e investigación do goberno de Dinamarca para unha estadía estival na Universidade de Copenhaguen. Tradutor e autor de artigos e recensións para diversas publicacións culturais recollidas en publicacións culturais de Galicia e Arxentina como Galicia Confidencial, Grial. Revista Galega de Cultura, Revista A Grileira. Dende 2004 ata a actualidade é investigador do Departamento de Lingua e investigación da Fundación Xeito Novo de Cultura Gallega. Actualmente encóntrase traballando na súa memoria de postgrao en sociolinguística, na Universidade de Santiago de Compostela (USC), España e participando como colaborador do equipo de sociolingüística galega do Instituto dá Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela. Entre as súas publicacións destacan Linguas de América e Europa -Torem, G., Reyna Munian, F. & Weler, A. (Ed.) Editorial AGrileira -. Bos Aires, 2008. ou Linguas e Vitalidade Editorial A Grileira- Marchio, L. Reyna Munian, F. & Weler, A. (C.ía) -Bos Aires.
www.usc-es.academia.edu
Comentarios (0) - Categoría: Contámoslles que... - Publicado o 12-01-2014 00:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0