Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CINE E CHOCOLATE: "A Lingua das Bolboretas" - 7 de setembro de 2013.
Unha pintura de época.
O sábado, no Centro Lalín e coa colaboración da súa comisión de cultura, proxectamos a pelicula "A lingua dás bolboretas", terceiro encuento deste ciclo ciclo de "Cine e Chocolate". Boa pelicula, ricos churros e chocolate caliente fue o resultado desta llueviosa tarde no que non se descartou a camaradaría da comunidade galega.
“A lingua das bolboretas” é a versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro ¿Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.
Trata sobre a relación dun neno e o seu mestre durante a época da Guerra Civil Española. Comeza co neno, Moncho (Manuel Lozano), que ten medo de ir á escola xa que o tiñan asustado ó dicirlle que os mestres zoupaban nos estudantes. Moncho non quere ir ó colexio porque teme que o profesor lle pegue, como era habitual na educación da época. Pero o seu mestre non é así, xa que Don Gregorio (Fernando Fernán Gomez), utiliza o método de observación como ensinanza. Durante estes sucesos, estanse librando batallas preto de Madrid. Don Gregorio ensínalle moitas cousas a Moncho, principalmente fálalle sobre a liberdade. En consecuencia, cando os franquistas gañan a guerra, levan presos varios republicanos nun camión. No camión, atópanse varios amigos e coñecidos do lugar, pero tamén estaba Don Gregorio. Os pais de Moncho, en especial a súa nai, exhórtano a que berre cara ós republicanos, deixando clara a súa postura política. Comezou a berrarlles Roxos! Asasinos!, como facían o resto, pero ó cabo, marchou correndo detrás do camión dicíndolle a Don Gregorio Tilonorrinco! e Spiritrompa!, que eran cousas que aprendera del nas súas clases.
A pesar da chuvia, a reunión foi, xunto á proxección da película, ricos churros e chocolate quente un evento que finalizou cunha charla amable e entusiasta.
Esperámolos o 5 de outubro coa nosa próxima entrega!
Mirta La Gamma
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 09-09-2013 17:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal