Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A miña Memoria e balance do Terzo da Fala |
|
Se botásemos unha ollada para atrás, atopariamos que non foi pouco o que fixemos; que máis alá dos fraternais cafés das xuntanzas do Lalín onde campa o recoñecemento mutuo, a estimulante ?boa onda? e o espíritu galeguista, aínda atinximos semana tras semana, mes a mes, algunhas outras cousas máis.
Permítaseme entón, arriscar un lixeiro repaso das experiencias vividas só co afán de recoñecer o actuado ao lonxe do ano.
Cumprimos atinadamente, no seu momento, con tres actos valiosos e puntuais:
1. recibir das mans de Víctor Freixanes, nuns dos actos especiais da Feria do Libro, a doazón dun volume da Antoloxía literaria. Un recoñecimento á nosa incipiente presenza;
2. o festexo do Día das Letras Galegas na Praza Castelao;
3. o do Día da Primavera, lembrado pic-nic feito no Parque Lezama que tivo o valor de remontar a cada un de nós á primeira mocidade e que, no fondo, non foi máis que un imaxinativo pretexto que nos permitiu mudar a xuntanza semanal a un espazo ó aire libre cheo de luz, cor e ledicia.
Xa no terreo institucional, temos que engadir na columna do HABER, a reafirmación da importancia das xuntanzas. O porto de partida de contidas inquedanzas tanto personais como grupais. As reunións dos mércores permítennos establecer, non soamente a mellor disxuntiva para observar con claridade o panorama do presente e futuro da agrupación, senón tamén, comprobar a habitual comunión de sinceros propósitos e voluntades.
Participativas e estimulantes, ademais están para pasalo ben e favorecer a achega das boas ideas.
Ao lonxe da temporada tivemos as consabidas lecturas de páxinas literarias e de interese xeral; repasos gramaticais, dictados de textos, e a novidade da proxección de películas faladas en galego. As cancións, (o Himno Galego que chegou para quedarse no peche das xuntanzas, como a cereixa da torta e ó mesmo ocorre cas esperadas e reclamadas coplas das máis picantes) viñeron para completar a vida do noso grupo. Ata un torneo de Brisca houbo. E sobre o final do ano, un par de sesións dun entusiasmante teatro lido digno de repetirse aínda máis.
Sería bo incrementar para 2012 o número de recepcións de visitas de interese. Neste ano, intentos non faltaron, pero o impediron motivos personais e profesionais dos candidatos. Aínda así, tivemos dúas figuras distinguidas como a de Freixanes no outono, e a de Débora Campos na segunda metade do ano, cuxa presenza e palabra foron un auténtico aliciente.
Mentres, podemos citar algúns feitos sustanciais da nosa vida dos 365 días que pasaron:
O máis sobresainte foi celebrar a achega dos novos compañeiros. Incorporacións que se integraron no grupo como un sopro de frescura.
Eles achegáronse e, co seu afecto e apoio, foron influentes no ánimo e as decicións.
Démoslle unha especial mención ás xuntanzas. Á atmosfera onde arrinca o auspicioso impulso que provoca, por exemplo, a actitude sa, repetidamente amosada nos presentes, de ler toda clase de textos con entusiasmo, fluidez e naturalidade e botarse tamén a cantar a viva voz.
Ou que un puñado de integrantes do Terzo, que toma clases de idioma galego; se sinta capaz de prestarse voluntariamente a escribir artigos da súa inspiración para publicar no anuario da revista da Asociación de Residentes de Outes.
Aínda algúns compañeiros fixeron os cursos de capacitación do Centro Galego e cumpriron ca persoal asignatura pendente de aprender a manexarse nos misterios de Internet.
É tamén demostrativa a espontánea presentación dos compañeiros a concursar nun certame literario organizado pola Federación de Sociedades Galegas.
Subliñemos sen dubidar, compañeiros, que a calor das xuntanzas é o que xenera ese esmero e determinación.
As ideas de confeccionar a tarxeta de saúdo de fin de ano e do operativo de compra e participación do billete do ?Gordo Navideño?- malia a mala fortuna no sorteo- foron felizmente cumpridas e ben achegadas.
Adaptándose, innovando sobre a marcha, transformándose segundo o paso dos días e as épocas do ano, estes tópicos deben repetirse no 2012.
Como se pode observar, é un saldo que engadindo os bos momentos vividos, amósase como positivo. E de cara ó ano que comeza, podemos encher concientemente a columna do DEBE entre todos.
É notabel o xeito das contribucións persoais coma esta conexión, realizada hoxe mesmo con este escritor galego representante de ProLingua. Un resultado que non é fortuíto. É o produto dunha actitude que non é, nin máis nin menos, que consecuencia de ese espíritu devandito. O que da valor ós merecidos piropos de Xabier Do Campo á remitente do correo da presentación do Terzo da Fala en sociedade.
Axenda 2012 (inicial)
*Para comezar o ano cas visitas ilustres, contamos ca promesa da presenza do profesor Carlos Brandeiro. O evento sería para a mañá do mércores 15 do mes de febreiro.
* Ao lonxe do 2012 será unha realidade a teima de instituirnos como Terzo da Fala de xeito oficial, o grupo de fillos e netos de galegos que promove e defende os valores culturais de Galicia.
*Temos pendente a instauración da afamada ?Orde Enxebre da póla de Carballo? para otorgar ás figuras destacadas, postas a consideración do T da F.
*Por outra banda; se hai interese, podemos probar de organizar unhas clases de debuxo.
E máis alternativas que iremos vendo segundo vaian xurdindo.
Grazas. Norberto Lema Regini
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|