Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O PÍCNIC DA PRIMAVERA |
|
Foron cedo as cativas escapadelas cos meus amiguiños, esas furtivas incursións afastados dos nosos pais. Máis tarde a primeira moza, o primeiro cigarro; despois nos vintetantos anos, as lecturas nun banco silandeiro, e co tempo, o paciente ensino ós fillos a andar en bici.
Moitas vivencias do meu pasado que sentín e lembrei entrementres pegaba ao tronco da árbore a bandeira galega no mediodía do 21 de setembro.
A xuntanza comezaba e as galegas do Terzo da Fala, acendidas as meixelas polo ar e o sol, e tocadas as súas cabezas con bonitos panos de vibrante cor, preparaban a táboa debaixo das typas frondosas que lle dan sombra ao sector do auditorio.
O xantar non podía esperar máis. O xamón e queixo, a empanada, o chourizo e as sardiñas, xa nos facían chiscadelas. Logo, as filloas e a torta de Santiago, nunha alegre sobremesa coas cancións ao ritmo da pandeireta, animadas polas cantareiras Mirta e Graciela, do célebre grupo ?Mouchos e coruxas?.
Foi un día alegre e feliz para todos, que non fixo máis que me engadir unha nova e intensa vibración como daquelas que aínda perduran dentro de min.
Entre a follaxe do tempo empeñábase en xurdir a evocación do principio de todo; cando naquelas mañanciñas domingueiras o coruñés Abelardo Lema Barja, me mercaba no camiño unha mazá e me abría paseniño o portal do meu amado Parque Lezama.
Seica as mesmas vellas typas, nos viron gozar.
Norberto Lema Regini / Setembro de 2011
|
|
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|