Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Principios - 08/05/2014.
Consideramos no Terzo da Fala que, amodo, vai chegando o momento de botar luz sobre o noso cometido e sobre a maneira de inserir as nosas inquedanzas nunha realidade galega que se desprega diante o noso ollar como un complexo abano, tal vez afastado no espazo, pero moi próximo nos sentimentos.

O paso de Anxo Lorenzo pola nosa xuntanza veu a reafirmar a política de portas abertas que fomos mantendo desde a nosa fundación; unha estratexia que ten por única vocación o sostemento do universo cultural galego.

Ese comportamento ceibe de ataduras, permítenos coñecer e gozar da visita de personalidades de variada cor política, interesados pola existencia en Bos Aires dunha
nova agrupación de entusiastas galeguistas.

Pensamos que a reunión coa cúpula da Secretaría Xeral de Cultura e os seus selectos acompañantes nos deixou un saldo positivo no que se distingue o antes e despois dunha achega que nos compromete aínda máis cos principios que nos impuxemos. Tivemos, unha vez máis, a oportunidade de dar a coñecer, malia a distancia, que o noso empeño vai deixando pegada. Personaxes da vida pública de Galicia, e agora tamén
autoridades e funcionarios do goberno, tiveron a oportunidade de saber en que consiste e de que trata o Terzo da Fala; e xa non poderán ignorar este afán de mobilizarnos en unión, sexa cal sexa o rumbo político que, soberana e democraticamente, nos deamos de aquí en máis.

O Terzo da Fala
Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a ler? - Publicado o 19-05-2014 21:38
# Ligazón permanente a este artigo
CINE E CHOCOLATE: "Os mortos van á présa" - 5 de outubro de 2013
Esperámolos o sábado 5 de outubro ás 16 hs. no Centro Lalín Agolada e Silleda para gozar de película “Os mortos van á présa”.
O filme narra as historias de tres parellas pertencentes a distintas xeracións, nunha vila mariñeira e as crenzas da Galicia tradicional como fondo. A historia comeza cando unha camioneira chega á vila e o seu vehículo queda atrancado nunha ponte, o que impide o traslado do cadaleito dun home acabado de finar ese mesmo día.
Gañou 9 Premios Mestre Mateo 2008: mellor longametraxe, mellor dirección de produción (María Liaño), mellor dirección de fotografía (Suso Bello), mellor maquillaxe e perruquería (Raquel Fidalgo e Rosana Teijeiro), mellor deseño de vestiario (Saturna), mellor son (Carlos Faruolo), mellor interpretación masculina protagonista (Chete Lera), mellor interpretación feminina de reparto (Belén Constenla) e mellor interpretación masculina de reparto (Xosé Manuel Olveira "Pico").
Foi rodada en Ribadeo (provincia de Lugo), onde tivo lugar así mesmo a estrea. A rodaxe tivo que ser suspendida no verán de 2006 por problemas de financiamento, retomándose tempo máis tarde.
Esperámolos para gozar dunha boa película, un rico chocolate con churros e unha charla de amizade.
Crítica do filme
Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a ler? - Publicado o 16-09-2013 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
CINE E CHOCOLATE: "A Lingua das Bolboretas" - 7 de setembro de 2013



Esperámolos o 7 de setembro ás 16 hs. no Centro Lalín Agolada e Silleda para gozar da película "A Lingua dás Bolboretas" e dun rico chocolate con churros.
"A Lingua das bolboretas" é a versión cinematográfica de varios relatos do escritor Manuel Rivas, publicados dentro do libro ¿Que me queres, amor?. José Luis Cuerda levou ó cine no ano 1999 esta historia da infancia nun contorno rural case idílico sobre a que se cerne a sombra do alzamento contra a II República Española.
Trata sobre a relación dun neno e o seu mestre durante a época da Guerra Civil Española. Comeza co neno, Moncho, que ten medo de ir á escola xa que o tiñan asustado ó dicirlle que os mestres zoupaban nos estudantes. Moncho non quere ir ó colexio porque teme que o profesor lle pegue, como era habitual na educación da época. Pero o seu mestre non é así...
Comentarios (1) - Categoría: Que estamos a ler? - Publicado o 01-09-2013 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Convite -Tarde de Cine e Chocolate






O sábado 17 a partir das 4 da tarde teremos función de cine no Centro Lalìn. Trátase da segunda película que veremos dentro do ciclo de cine galego.

"El bosque animado" baseada na obra de Wenceslao Fernàndez Flórez, unha película falada en castelán pero profundamente galega. O protagonista é o bosque de Cecebre, as árbores, e as persoas que o percorren: os donos do Pazo señorial, o cura, o bandido que se agocha no bosque, o tolleito, a rapaza guapa que debe emigrar á capital, os famentos, os rapaces ... Unha historia moi galega con actores e actrices de primeira e unha música que acompaña e enfeitiza.

Estades todo convidados.
Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a ler? - Publicado o 09-08-2013 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Nosos Poetas benqueridos
Celso Emilio Ferreiro ( De Longa noite de pedra)

AIRE PURO
O aire puro da mañá procrama
o seu dereito a entrar en cada casa.
¡Abrelle as portas, patria!
¡Dálle os teus seos, alma!
Deixa ise tufo acedo que te abafa,
esquece istas mortallas
estiña as túas bágoas,
fala,
canta,
arrumba a desespranza,
non deixes que te aldraxen; aldraxa.
Onte non. Pensa nas albas
que han de vir, ponlle cerco ás lembranzas
que te atan.
Deixa entrar a mañá crara
na túa casa.
Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a ler? - Publicado o 20-08-2012 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal