Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Conferencia de María Pilar García Negro.


O mèrcores 14 vèn a profesora Marìa Pilar Garcìa Negro, autoridade en lingûìstica galega, escritora, polìtica, ex deputada etc.
Vai dar unha conferencia às 7 da tarde no Lalìn, cuxa organizaciòn compartimos coa xente de Cultura, pero aceptou vir às 5 da tarde para merendar connosco !!!!

María Pilar García Negro
É licenciada en Filoloxía Hispánica, Filoloxía Galego-Portuguesa e doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1976 e 1990 exerceu a docencia en ensino media na Coruña. É colaboradora da Asociación Sociopedagóxica Galega e da Asociación de Escritores en Lingua Galega, entre outras.
É autora de estudos, ensaios e investigacións lingüísticas.
Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a escoitar? - Publicado o 08-08-2013 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Sen maquillaxe



Dez da mañá dun mércores, no barrio de Congreso. Pola rúa Moreno ao 1900, unha muller dende a beira sur e outra pola norte, avanzan co paso decidido ata atoparse no mesmo punto, a porta do Centro Lalín. A trafega dun día normal de traballo na cidade mostra a habitual indiferenza pero, en troques, as dúas belas e novas porteñas, achéganse á escena imbuídas dese xeito especial que só palpita na alma dun artista. E a ese singular espírito que as une -a paixón polo teatro- súmanse as saudades e o agarimo que agroman dun amor ben gardado dentro dos seus corazóns.

O Centro Lalín ten todo preparado. As portas ábrense de par en par, as luces do salón enfocan o seu paso. Unha platea ansiosa de renovadas sensacións e gañas de coñecelas de preto acólleas. Un mundo alleo as táboas, pero cheo de fervor galeguista.

Alguén ordena o café e a animosa sala das reunións pobóase de anécdotas, lembranzas, e bo humor.

A función vai comezar.

Silvia “Angustias” Ramos e Marcela “Consuelo” Fernández Señor van sentíndose máis en confianza. Apoltrónanse, e xa ninguén saberá distinguir a realidade da ficción.

Marcela lembra: “...e aló no cume do monte, abrazada ó meu home, arredor daquela inesquecible paisaxe; souben da máis completa felicidade”; e subliña o dito abrindo os brazos nun aceno inconfundible de pracer.

Silvia entón, afirma a súa experiencia: “...nese intre, cando a miña tía avoa me díxo ollando os meus ollos: ´miña queridiña, ti es unha de nós´; foi que o comprendín todo; chorei e sentín a necesidade irrenunciable de escribir para explicar aquilo”.

E continuaron con algúns pasaxes da peza que fan naquel acolledor teatro de San Telmo. Un xogo actoral exclusivo, para o goce dos ollos e dos ouvidos dos perplexos integrantes do Terzo da Fala.

A tan agarimoso encontro so lle faltaban as cancións que, amodo, foron chegando; cancións que estaban axiña de acordo co entusiasmo da roda. So esperaban que as ensaiara a doce voz de Marcela para botalas ao ar. Unha canción trae a outra e o sentimento, sábese, adoita provocar algunha que outra bágoa furtiva. Inevitable pranto que ás veces dá o presente na mesa das xuntanzas. A grande mesa do Centro Lalín, do vermello pano de mesa onde conflúen os distintos vieiros do noso soño de alén do océano.

Arredor dela, estiveron “catro” galegas; Silvia, Marcela e Angustias e Consuelo, e alí nos deixaron a pegada da súa estimulante compaña. Unha irrepetible función privada que rematou ao mediodía do mércores 8 de setembro de 2010.

Xente de teatro. Xente, que sabe ben como se pode vivir un anaquiño de felicidade aínda sen maquillaxe.

Norberto Lema Regini

Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a escoitar? - Publicado o 30-09-2010 05:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal