Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A VISITA DE XAVIER ALCALA - 07/01/2015
Por Norberto Lema Regini


O Terzo da Fala transformou o habitual cafeíño das xuntanzas nun completo brunch coma se fóramos turistas preparando unha xornada de ledo percorrido polas rúas e avenidas da nosa propia cidade. O bar do Castelar Hotel foi o refuxio ideal para unha mañá impregnada dun alto índice de humidade e aínda compunxida, a poucas horas do criminal atentado na capital de Francia. Era 7 de xaneiro, mércores.
O salón do hotel, baleiro xa de hóspedes, ía sumando compañeiros do Terzo que chegaban para dar acollida a este entusiasta galeguista, enxeñeiro en Telecomunicacións, escritor prolífico e ameno conferenciante.
Como un porteño máis fuxindo do sol do verán, ingresou no salón. Mangas curtas, branca camisa, saudando nunha súpeta chegada na compaña de Carlos Brandeiro.
De seguido, Xavier Alcalá Navarro, cuxo currículo vital de tan extenso asombra, xa que ten unha folla de servizo que transcende Galicia, recala en España atinxindo a Europa, estabeleceu o seu sitio no medio da xuntanza. Demandou unha ?desas sen gasificar?, e comezou con voz clara e dicción impecábel a súa exposición. Deu un breve resumo persoal como introdución e axiña levantou voo coas súas palabras nunha morea sen fin de citas e lembranzas, unidas ás reflexións do caso. Aí mesmo confesouse cunha forte vocación lírica, aínda que o ensaio e a ficción seica se lle deron mellor.
Advertindo a incomodidade da recta e longa táboa, Xavier invitou a reunírmonos nun semicírculo para máis intimar e facilitar a audición. Nesa orde máis apropiada para escoitar un orador nun lugar público, quen suscribe puido situarse nun ángulo que permitía un completo panorama do resto dos oíntes comprobando como esas cariñas de aceno abraiado expresábanse silandeiras como dicindo: ?olla ti?, parece mentira!?; tal era de efectivo o discurso.
A atención era puntual, todos e todas seguían con vivo interese as glorias e miserias, as historias, andainas e costumes en relatos que se apoiaban de cando en vez, en dosaxes do simpático histrionismo que este amigo do Terzo manexa moi ben.
Sen deixar de botar unha mirada crítica sobre a actualidade máis quente, Xavier Alcalá, ollando con elocuencia ós presentes, movía a súa cabeza subliñada por unha prolixa barba gris e leves anteollos, facendo desfilar perante nós, anécdotas, enredos, e tamén algunhas celebradas revelacións nun colorido carrusel de sobranceiros personaxes, (algúns non tan ilustres), mesturados, uns e outros, en diversas situacións que en persoal síntese exhibiu para ilustrarnos e dar condimento e razón á nosa teima galeguista.
Comentarios (1) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 24-01-2015 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
O NACEMENTO DO TERZO DA FALA - 08/11/2014
Nos comezos das xuntanzas do grupo, plantouse a discusión de cando foi a data precisa da fundación do Terzo da Fala. O dilema aínda non tivo solución, pero daquela autoconvocámonos a concursar cun relato persoal e anónimo para dirimir a cuestión. Cadanseu presentou un traballo e aprovouse "nun moi disputado certamen" esta alegoría asinada có alcume ?Cachelos?.
O significativo é que é un texto que non presume de citar o día exacto e resolver o que se buscaba. Podría dicirse entón, aquilo de "se non e vero..."



"ASI COMENZOU TODO".

Lémbrome ben. Foi na rúa 25 de Mayo Nº 555; os alumnos reuníanse para repasar as leccións despois de rematado o curso de lingua galega. O lugar: no centro mesmo da cidade, as oficinas da sede da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.

Non costou esforzo algún. Naceu no medio das lecturas de Cunqueiro e Rosalía. Docemente, sen dar traballo. Soamente escoitouse un berro: ?poñámoslle Terzo..., Terzo da Lingua?!

Alguén explicou o porqué do ?Terzo? e propuxo: "coido que mellor sería da Fala".

E, naquela mañá do xullo porteño do ano 2009; coa lume sagrada de galegos nados, fillos e netos; O Terzo da Fala, tivo o seu berce morno, arredor do lar.

Moitas veces, a xente fica perplexa, sen reacción, marabillada e non atina a engadir nada máis. Nisos casos sería indispensable entón, que viñese un notario e fixese a data precisa. Que viñese axiña e pidese información. Que preguntase ós vecinos cando foi e como, que indagase á xente na rúa e na cafetería Santo Cristo; alguén tivo que ver escintilar as luces nas xanelas e voar as pombas!.

Algúns din polo baixo que o pariu unha femia. Unha das galegas do Terzo da Fala.

Quen é? Seica saberíao ela?

E naquela mañá do inverno porteño, a mística comezóu a medrar. Abofé.

Cachelos

Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 08-11-2014 23:15
# Ligazón permanente a este artigo
BOS AIRES CELEBRA GALIZA - 23/09/2014
Así evocaron e contan a experiencia de: "BOS AIRES CELEBRA GALIZA" integrantes do Terzo da Fala.

Por Mirta La Gamma

A cidade prepárase para celebrar Galiza.
A nosa avenida de Maio vístese de gala. Globos celestes e brancos móstrannos que alí etá presente a nosa historia, a nosa cultura, os nosos traxes e a nosa comida.
Qué día fermoso! Moita xente contando as súas historias, recordando os seus maiores e participando das actividades.
A misa bilingüe,as cores dos traxes galegos, a imaxe de Santiago Apóstol, o botafumeiro, todo, fixo desbordar de ledicia os nosos corazóns.
A xornada galega, rematou coa música e as canciones de Susana Seivane e logo coa música das gaitas arxentinas, uruguaias e chilenas.
Un día galego, non faltou nin a chuvia!


Por Susana García Otero

Chegou o 14 de Setembro e, con el, chegou a chuvia. Mais iso no foi un impedimento para ir celebrar Galiza na Avenida de Maio. Eu cheguei cedo para colaborar co armado do chiringuito, e cedo tamén chegaron as gaitas, e a súa música levoume lonxe, no tempo e no espazo, ás aldeas dos meus avós. Alegroume compartir o sentimento dos galegos e dos seus descendentes cando atopaban no noso mapa as súas ciudades ou as súas aldeas da orixe. Pero a ledicia máis grande foi cando o meu fillo me dixo: ?Ma, eu tamén marquei a cidade do teu avó cun alfilete?. Eu pensei que os meus avós, nalgún lugar, sorrirán , non só pola súa neta, se non tamén ao ver a seu bisneto celebrar Galiza. A semente segue medrando.


Por Patricia Alonso

Hoxe, un anaquiño de Bos Aires foi Galiza!...
Nun momento, quedei observando a rúa: vin xente pasar, sentín aromas, escoitei falar galego e, diante dos meus ollos en plena avenida de Mayo, comenzaron a camiñar gaiteros, galegas e galegos vestidos cos traxes típicos, peregrinos que parecían vir de tempos ídevos...no medio do orballo que lentamente caía, mentres ao lonxe soaba unha gaita...


Por N.L.R

Agás do mal tempo, a festa do domingo 14 de septembro "Bs. As. celebra Galicia", estivo moi ben en moitos aspectos. Mesmo que, o feito por O Terzo da Fala, penso que foi un auspicioso modelo para repetir noutras ocasións.
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 24-09-2014 04:09
# Ligazón permanente a este artigo
O MAPA DE TODOS - 18/09/2014
Por Alicia Lago Roca


Foi unha idea colectiva que, como tódolos grandes feitos, tivo un ou dous iniciadores que recibiron despois as achegas dos compañeiros na xuntanza dos mércores. O mapa de Galicia que fora un agasallo do irmán de Rosa, os alfinetes máis grandes para que se visen ben, e despois a pendurar o mapa cunha lamia de "telgopor" que deixase poñer a marca de cada quen. O transporte a cargo de Fabián con moito mimo para que non rompese. Todo se fixo, ata botarlle o seu aquel cunha pequena póla dun carballo verdadeiro ó lado da que leva o fermoso símbolo dos terceiros.
E alí comezou o milagre: cada paisano que pasaba paraba fronte ó mapa e marcaba un, dous e ata catro lugares en lembranza dos pais ou avós. Emocionaba ver estes netos, con medio século ás costas, dicindo ?aquí naceu a miña avoa? para, uns minutos despois, volver cos seus propios netos para que coñecesen o sitio onde todo comezou. E, como se fose obra das meigas boas, escoitábase deles o galego que aprenderon de pequenos e que nunca falaran antes.
Nada faltou, aquel que lembraba as cartas que escribía de pequeno, cos enderezos cravados na memoria; o que buscaba sen ter idea certa do sitio; a que lembraba a última viaxe en procura da terra amada; e tamén os que querían ver os portos de saída dos seus; os asturianos nados no límite que tamén atopaban alí a súa aldea e os do Bierzo ( o León galego) felices de ver que alí estaba apuntado o sitio. Non faltaron os despistados de Navarra ou de Castela que tamén querían deixar a súa pegada ! Ata a parella de mozos galegos que estaban aquí como turistas e non entendían a emoción dos arxentinos de segunda xeración cando vían o mapa de Galicia.
Moitos coidaron que, co feito de sinalar a aldea, convocaban á festa os espíritos dos seus familiares e marchaban cos ollos brillantes cheos de morriña; e tamén quen quixo levar a foto poñendo alí o dedo. Unha ducia de fotos anda polas redes contándolle ó mundo que case 300 lugares foron sinalados nun mapa de Galicia pendurado no ?chiringuito? deste colectivo de galegos que se negan a esquecer lingua e cultura da Terra.
Privilexio dos que estivemos alí axudando, orientando e sentindo a mesma emoción dos que atopaban cada lugar. Agasallo extra nun día cheo de maxia, este mapa quedará gardado para as próximas festas, ata que o último dos galegos de Bos Aires poida deixar a súa pegada nel.
Permitídeme que, de maneira persoal, remate dicindo que puxen a pegada de meu pai en ( Sisán) Ribadumia, a de miña nai na aldea de Vilarraso ( Aranga ) e, como desexo e promesa, tamén a do meu futuro en Miño. E que sentín como propios cada un dos sinais deixados alí como marcas permanentes de amor e agradecemento ós que foron antes.


Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 19-09-2014 05:09
# Ligazón permanente a este artigo
BOS AIRES CELEBRA GALICIA - 14/09/2014

Os asistentes a Bos Aires celebra Galicia na nosa querida Avida de Maio opinaron...

Alicia Lago Roca: "Bos Aires celebra Galicia, por primeira vez e para os vindeiros anos.
Na avenida máis galega, pasado, presente e futuro de Galicia en América. Grazas a tódolos que o fixeron posible; grazas por permitirnos ser parte da festa.
E un grazas moi especial para Helena, a terceira máis pequena, que encheu de alegría o noso chiringuito".

O Terzo da Fala: "Así quedou o noso mapa. Máis de 300 pegadas dos galegos e galegas que un día aquí chegaron. Milleiros de palabras feitas historias de vida, lembranzas dos que xa non están pero viven nos fillos e netos, a emoción dos que atopaban a pequena aldea dos seus e ata aquel que nos dixo "se poño o sinal no mapa parece que o espíritu de meus pais está aquí, agora". Non faltou quen tiña o enderezo aprendido de tantas cartas escritas e buscaba en toda a provincia o pequeno niño sen saber máis que o nome da aldea. Tamén a rapaza bilbaína que quixo deixar a súa pegada na Coruña por amor á cidade e ata os do Bierzo que contentos encheron de marcas as aldeas do León galego.
Así debería escribirse a historia, coa xente común enchendo de amor un mapa".

Federico Trillo: "A festa xa acabou. Nin a incesante choiva foi quen de parar os nosos corazóns sedentos de verbas, de gaitas, de danzas, de ver unida a toda a colectividade galega traballando para que o día galego na diáspora saíra o mellor posible. ¡Que alegría cando se decidiu face-lo festival, incluso coa posibilidade (e logo, realidade) dun clima adverso! E que agradable sorpresa cando, coas primeiras gotas dunha tarde que tería milleiros, a nosa actitude ben reflectía os nosos pensamentos: ?Que así é aínda máis parecido a Santiago, ho!?

A festa xa acabou; o primeiro festival deste tipo en Bos Aires, de moitísimos máis por facer, rematou cun cúmulo de persoas decididas a resistir o temporal (entre os que eu estaba) ata que alguén dixera que iso".
(Ex alumno Colexio Santiago Apostol)

Patricia Alonso: "O Mapa de Galiza no stand de O Terzo da Fala foi unha idea marabilosa!

Co correr do día fóronse enchendo de amor moitos corazóns, pois...quen pasaban por alí, ao buscar o lugar de nacemento dos seus pais ou avós e marcar o sitio, sen sabelo, ía debuxando no mapa unha rede de "partidas e encontros" neste simbólico e fondamente emotivo reencontro galego á beira da Avenida de Mayo porteña.
Comentarios (1) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 16-09-2014 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0