| Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
| Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| DIA DAS LETRAS GALEGAS |
|
 Nós, os galegos da diáspora que falamos galego por opción. Porque somos galegos e estamos orgullosos de selo.
Compartimos o agasallo que fai a Academia, e invitamos ós que podan vir ó Centro Bentanzos que facilitou tan xentilmente o lar, onde xunto a Herbas de Prata Galegas, e Os Gromos faremos o vindeiro sábado 19 ás 20 hs locais, unha sentida homenaxe a Valentín Paz Andrade. O autor, nunhas cartas que parecen feitas para nós, resalta a singularidade da nosa lingua, e afirma a necesidade de loitar por ela. |
|
|
|
|
| A visita de Víctor Freixanes a Bos Aires |
|
A visita de Víctor Freixanes a Bos Aires transformouse nunha data esperada. O mes de abril, ademáis do outono xa instalado, sempre trae a Víctor Freixanes que vén participar das actividades da “Feria del libro de Buenos Aires”. Como a estas alturas xa se trata dun “parente” querido e agardado, Víctor vai de percorrido por tódolos colectivos que están traballando para manter e espallar a cultura galega nesta cidade.
Dende que se creou o Terzo da Fala, alá polo ano 2009, o autor veu sempre falar con nós, sen preguntar nunca nin cantos eramos, nin se falabamos galego, nin se tíñamos coñecemento da súa obra. Con total xenerosidade, dedicounos o máis valioso: o seu tempo.
E esta vez non foi a excepción. Aproveitamos para face-la presentación do seu libro Cabalo de ouros cunha conversa aberta ó publico. Organizamos o acto en conxunto cos Lectores Galegos e coa colaboración da Federación de Asociacións Galegas de Bos Aires que puxo á nosa disposición a súa fermosa Biblioteca da rúa Chacabuco.
A emoción agardábao ó entrar porque alí, nunha listaxe de represaliados na provincia de Pontevedra, Freixanes atopou o nome do seu tío Xoaquín ( mencionado no libro ) e foi quen de compartir con todos nós a homenaxe que a memoria lle ditaba e as palabras non chegaban a describir. Alí estabamos todos, os Lectores do Tortoni, os alumnos do Santiago Apóstolo (que viñan de premialo coa súa Rosa dos ventos) co seu profesor Rodríguez Brandeiro, algunhas autoridades de centros da colectividade, e os estudantes de galego de tódolos niveles, desde o que pode ler e comprender pero non se anima a falar ata os que temos que ser calados á forza. Todos compartindo a marabilla da palabra, a dona das fantasías e das ilusións, capaz de levarnos a outro tempo na Vilanova de Alba mítica onde o medo era amo e señor, dono de vidas e mortes, e onde a única fuxida era o barco cara ás Américas.
Con todo, esta vez falouse máis do futuro, da nova editorial que terá sede en Bos Aires, da posibilidade de mercar libros en galego e ter acceso ás novidades que hoxe non dan chegado aquí, das accións a prol da lingua levadas a cabo nesta cidade que foi centro da cultura galega durante os tempos escuros.
Para todos nós, cada visita que chega desde a Terra é unha festa; ese anaco de Galicia que vén falar connosco trae o bosque e o mar, as aldeas dos nosos pais, os peiraos dos portos e as rúas das vilas, o fouciño do labrego e o libro. Todo cabe na palabra que vén da terra. Aínda os que nunca tiveron a sorte de volver a Galicia, todos participamos da cerimonia do encontro.
Non estivo ausente a morriña. Nós somos o mellor exemplo dela -“…a vida toda suspirando por volver”- di Freixanes no libro e tanta razón ten que ata os que vimos a luz primeira nesta beira, pasamo-la vida enteira volvendo á Terra. O sábado na Biblioteca, estivemos todos a carón da lareira nun lugar indefinido de Galicia, escoitando un longo conto que oxalá non remate.
Alicia Lago Roca |
|
|
|
|
| FALANDO DA NOVELA CABALO DE OUROS CO AUTOR |
|
 Temos o prazer de convidarvos á xuntanza co escritor,académico e editor Víctor Freixanes que vén presentar o seu libro "Cabalo de ouros" nunha conversa cos galegos de Bos Aires. O acontecemento, organizado polos Lectores Galegos e polo Terzo da Fala de Bos Aires terá lugar no sábado 21 de abril ás 5 da tarde na Biblioteca da Federación de Asociacións Galegas, na rúa Chacabuco 955 desta cidade.
Agradecemos a difusión da presente e esperamos que nos poidades acompañar nesta festa para a lingua galega.
Atte
O Terzo da Fala |
|
|
|
|
| No aniversario da nosa Rosalía |
|

"Mais vé que o meu corazón
é unha rosa de cen follas,
é cada folla unha pena
que vive apegada noutra!"
Rosalía de Castro
Homenaxe do
Terzo da Fala de Bos Aires
no seu 175 aniversario.
24 de Febreiro de 2012
Parque 3 de Febreiro – Xardín dos Poetas.
oterzodafala@gmail.com
www.blogoteca.com/oterzodafala
Facebook: O terzo da fala
|
|
|
|
|
| A miña Memoria e balance do Terzo da Fala |
|
Se botásemos unha ollada para atrás, atopariamos que non foi pouco o que fixemos; que máis alá dos fraternais cafés das xuntanzas do Lalín onde campa o recoñecemento mutuo, a estimulante “boa onda” e o espíritu galeguista, aínda atinximos semana tras semana, mes a mes, algunhas outras cousas máis.
Permítaseme entón, arriscar un lixeiro repaso das experiencias vividas só co afán de recoñecer o actuado ao lonxe do ano.
Cumprimos atinadamente, no seu momento, con tres actos valiosos e puntuais:
1. recibir das mans de Víctor Freixanes, nuns dos actos especiais da Feria do Libro, a doazón dun volume da Antoloxía literaria. Un recoñecimento á nosa incipiente presenza;
2. o festexo do Día das Letras Galegas na Praza Castelao;
3. o do Día da Primavera, lembrado pic-nic feito no Parque Lezama que tivo o valor de remontar a cada un de nós á primeira mocidade e que, no fondo, non foi máis que un imaxinativo pretexto que nos permitiu mudar a xuntanza semanal a un espazo ó aire libre cheo de luz, cor e ledicia.
Xa no terreo institucional, temos que engadir na columna do HABER, a reafirmación da importancia das xuntanzas. O porto de partida de contidas inquedanzas tanto personais como grupais. As reunións dos mércores permítennos establecer, non soamente a mellor disxuntiva para observar con claridade o panorama do presente e futuro da agrupación, senón tamén, comprobar a habitual comunión de sinceros propósitos e voluntades.
Participativas e estimulantes, ademais están para pasalo ben e favorecer a achega das boas ideas.
Ao lonxe da temporada tivemos as consabidas lecturas de páxinas literarias e de interese xeral; repasos gramaticais, dictados de textos, e a novidade da proxección de películas faladas en galego. As cancións, (o Himno Galego que chegou para quedarse no peche das xuntanzas, como a cereixa da torta e ó mesmo ocorre cas esperadas e reclamadas coplas das máis picantes) viñeron para completar a vida do noso grupo. Ata un torneo de Brisca houbo. E sobre o final do ano, un par de sesións dun entusiasmante teatro lido digno de repetirse aínda máis.
Sería bo incrementar para 2012 o número de recepcións de visitas de interese. Neste ano, intentos non faltaron, pero o impediron motivos personais e profesionais dos candidatos. Aínda así, tivemos dúas figuras distinguidas como a de Freixanes no outono, e a de Débora Campos na segunda metade do ano, cuxa presenza e palabra foron un auténtico aliciente.
Mentres, podemos citar algúns feitos sustanciais da nosa vida dos 365 días que pasaron:
O máis sobresainte foi celebrar a achega dos novos compañeiros. Incorporacións que se integraron no grupo como un sopro de frescura.
Eles achegáronse e, co seu afecto e apoio, foron influentes no ánimo e as decicións.
Démoslle unha especial mención ás xuntanzas. Á atmosfera onde arrinca o auspicioso impulso que provoca, por exemplo, a actitude sa, repetidamente amosada nos presentes, de ler toda clase de textos con entusiasmo, fluidez e naturalidade e botarse tamén a cantar a viva voz.
Ou que un puñado de integrantes do Terzo, que toma clases de idioma galego; se sinta capaz de prestarse voluntariamente a escribir artigos da súa inspiración para publicar no anuario da revista da Asociación de Residentes de Outes.
Aínda algúns compañeiros fixeron os cursos de capacitación do Centro Galego e cumpriron ca persoal asignatura pendente de aprender a manexarse nos misterios de Internet.
É tamén demostrativa a espontánea presentación dos compañeiros a concursar nun certame literario organizado pola Federación de Sociedades Galegas.
Subliñemos sen dubidar, compañeiros, que a calor das xuntanzas é o que xenera ese esmero e determinación.
As ideas de confeccionar a tarxeta de saúdo de fin de ano e do operativo de compra e participación do billete do “Gordo Navideño”- malia a mala fortuna no sorteo- foron felizmente cumpridas e ben achegadas.
Adaptándose, innovando sobre a marcha, transformándose segundo o paso dos días e as épocas do ano, estes tópicos deben repetirse no 2012.
Como se pode observar, é un saldo que engadindo os bos momentos vividos, amósase como positivo. E de cara ó ano que comeza, podemos encher concientemente a columna do DEBE entre todos.
É notabel o xeito das contribucións persoais coma esta conexión, realizada hoxe mesmo con este escritor galego representante de ProLingua. Un resultado que non é fortuíto. É o produto dunha actitude que non é, nin máis nin menos, que consecuencia de ese espíritu devandito. O que da valor ós merecidos piropos de Xabier Do Campo á remitente do correo da presentación do Terzo da Fala en sociedade.
Axenda 2012 (inicial)
*Para comezar o ano cas visitas ilustres, contamos ca promesa da presenza do profesor Carlos Brandeiro. O evento sería para a mañá do mércores 15 do mes de febreiro.
* Ao lonxe do 2012 será unha realidade a teima de instituirnos como Terzo da Fala de xeito oficial, o grupo de fillos e netos de galegos que promove e defende os valores culturais de Galicia.
*Temos pendente a instauración da afamada “Orde Enxebre da póla de Carballo” para otorgar ás figuras destacadas, postas a consideración do T da F.
*Por outra banda; se hai interese, podemos probar de organizar unhas clases de debuxo.
E máis alternativas que iremos vendo segundo vaian xurdindo.
Grazas. Norberto Lema Regini
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|