<language>ga</language> 
O vindeiro 4 de xullo volve a FESTA RACHADA DA BAÑA na súa VIII edicion, e como sempre estades convidados.
Este ano contamos con:
- Xosé Marentes (A Fonsagrada).
- Armadanzas de Laraño.
- A Requinta da Laxeira (Vedra)
- Tanto Nos Ten (Redondela)
Tamén estarán grupos como Os Campantes da Baña, Os Enxebres de Cacheiras, Murga Os Revoltas, A Requinta de Xian, Vai de Roda de Rianxo, Os Pequenos (A Baña)... e moitos máis.
Tamén teremos obradoiros de xogos e baile tradicional e contamos con zona de acampada.
se queredes acompañarnos, a festa comenza ás 13:00 h. na Area Recreativa Agra de Chans, en San Vicente da Baña.
Non esquenzades traelos instrumentos ou moitas ganas de bailar. 
Nova Actuación
XXVII Curso de Cultura Tradicional Galega de Cantigas e Frores
   <description><![CDATA[Xa está aberto o prazo de matrícula para o XXVII Curso de Cultura Tradicional Galega. 
XXVII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA
9, 10 e 11 de abril de 2009
LUGAR: 
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa.
Avda. da coruña s/n (Lugo)
ESPECIALIDADES:
1. Técnicas de gaita
2. Técnicas de canto e pandeireta
3. Técnicas de baile tradicional
4. Técnicas de percusión tradicional
5. Técnicas de zanfona
Cada persoa pódese inscribir nunha especialidade. Para as especialidades 1, 2, 4 e 5 haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais. 
PREZO DA MATRÍCULA:
30 €, agás para os socios/as da Asociación Cultural“Cántigas e Frores” e da Asociación de Gaiteiros Galegos, que será de 20 €.
PAGAMENTO NA CONTA: 2091 0152 29 3040026419
Os gastos da estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ó curso.
INSCRICIÓNS:
Datos Requiridos: Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo, enderezo electrónico, código postal e localidade. Especialidade na que solicita inscribirse. 
As inscricións pódense enviar a :
FAX: 982 26 52 80
EMAIL: inscricions@cantigasefrores.com
COMPRE ADXUNTAR XUSTIFICANTE DE PAGAMENTO. O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATARÁ NO MOMENTO EN QUE SE CUBRAN AS PRAZAS DE CADA ESPECIALIDADE.
PROGRAMA:
XOVES 9
09:00 a 10:00 Entrega de documentación e presentación do curso
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica
VENRES 10
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
18:30 a 20:00 Clase práctica
SABADO 11
10:00 a 11:00 Clase práctica
11:30 a 13:30 Clase práctica
16:00 a 18:00 Clase práctica
19:00 ACTO DE CLAUSURA E ENTREGA DE DIPLOMAS
MESTRES:
1. Técnicas de Gaita: Agustín Sánchez. 
Comeza a tocar a gaita con 11 anos da man de pepe temprano. Ten gañado numerosos concursos de gaita. Colaborou co cuarteto “luvas verdes” e foi mestre en diversas asociacións e centros galegos.
2. Técnicas de Canto e Pandeireta: Sandra Diéguez. 
Directora das pandereteiras da A.C.F. “O Fiadeiro” de Vigo. Mestra e compoñente de numerosas asociacións coas que ten gañado diversos premios.
3. Técnicas de Baile Tradicional: Gustavo Couto. 
Membro da sección de baile da O.C.T. “Ultreia”. Director de diferentes escolas de baile tradicional na comarca de Santiago de Compostela. Forma parte do proxecto Ronsel.
4. Técnicas de Percusión Tradicional: Roi Adrio.
Comeza os seus estudios musicais con Moxenas. Ten tomado clases de percusión tradicional da man de X. M. Oliveira, "Chuco". Na actualidade é membro de “Quempallou”, “Faltriqueira” e outras agrupacións.
5. Técnicas de Zanfona: Paulo González. 
Licenciado en Música Antiga. Titulado en Educación Musical. Diplomado co título profesioinal de gaita e ten realizado o curso de zanfona na U.P. de Vigo. Director do grupo “Amar Contra o Silêncio”.
COORDINADORA DO CURSO: Mónica Fernández Fernández. 
Jaiteirada na Baña
   <description><![CDATA[Venres 23 dende as 21:00 h ( e ata que remate) no Local Social da Baña (climatizado con lareira) que está na rúa de atras do centro médico.
Poderedes disfrutar baratamente duns chourizos ó viño, viño sen chourizos, cervexas, licor café, , muita música, muito baile e muita carallada. 
o motivo desta Jaiteirada é recaudar algo de cartos para  organizar a Festa Rachada xa que como sabedes sempre andamos escasos.
Agardámosvos e traede os instrumentos ou calzado cómodo.
Novo Video
   <description><![CDATA[Aqui deixamos colgada unha das pezas do noso repertorio.
Compoñentes
   <description><![CDATA[Emilio Lois: O seu primeiro contacto coa música tradicional, foi na escola municipal de Santa Comba, onde recibiu as súas primeiras clases de Gaita. Pouco despois ingresou na banda municipal do concello onde tocaba o Bombardino. No ano 1994 ingresou na sección instrumental do  OCT Ultreia onde se mantén na actualidade. Gaiteiro de profesión, toca todos os instrumentos de vento que están ao seu alcance (clarinete, saxofón, requinta, requinto...) ademáis domina todos os instrumentos da percusión tradicional. Nos Revoltas é o encargado do Acordeón e Requinto. Na actualidade dirixe grupos de música tradicional tales como: Os Campantes da Baña, A Requinta da Laxeira, Colexiata de Sar, Vai de Roda. E pertence a grupos como Os Folerpas e Millo Verde.
Forma parte dos Revoltas dende o ano da sua fundación no ano 2000.
Telmo Sayáns: Formado en diferentes bandas de música, o seu primeiro contacto coa música tradicional é no OCT Ultreia no cal ingresa no ano 1993. Actualmente compaxina o seu labor de docente na ensinanza primaria, cos seus estudios superiores Clarinete, instrumento do que se encarga nos Revoltas, do que é compoñente dende a súa fundación.
Javier Garabal: Ao igual que Telmo, formouse en diferentes bandas de música ata o se ingreso no OCT Ultreia no 1994. Pertence aos Revoltas dende o seu inicio. É o responsable do Saxofón.
Santi Otero: Comeza ingresando na sección de baile tradicional da Escola de Gaitas de Lestedo no 1994. Pronto se decata de que o seu camiño non é o baile, senón a Gaita e comeza a recibir clases. No ano 1997 Pablo Carpintero faise cargo da escola de Gaita de Lestedo e gracias a el descubre todo o partido que se lle pode sacar a unha Gaita. Tamén descobre a Requinta, instrumento típico da zona do Val do Ulla. No ano 2000 funda con outros compañeiros da escola de Gaitas, a Requinta de Xián, co que ten grabado un disco. Nese mesmo ano incorpórase ao OCT Ultreia ao que pertence na actualidade. E no ano 2003 pasa a formar parte da murga Os Revoltas, na que se encarga dunha das gaitas.
Pablo Carpintero: Comeza no mundo da Gaita gracias ao seu avó, que ademáis de médico era Gaiteiro. No ano 1991 ingresa en Cantigas e Agarimos, do que vai un ano despois para formar xunto con outros compañeiros o OCT Ultreia que actualmente dirixe. Leva dirixido diferentes grupos e escolas de música tradicional, nas que destacan a Escola Municipal de Santa Comba, Escola de Gaitas de Lestedo, Rosalía de Castro de Cacheiras, A Requinta de Xián... Ten grabado e editado un disco en solitario no que mostra o son das diferentes gaitas de fol da nosa comunidade. Pertence ademáis ao cuarteto Os Folerpas, co que ten realizado actuacións por toada a comunidade parte do estranxeiro. Tamén imparte concertos didácticos no que mostra e toca máis de 70 instrumentos tradicionais galegos nunha hora. É directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos. Poucos instrumentos se lle resisten, toca tanto intrumentos de vento: requinta, flauta traveseira, clarinete; como instrumentos de corda: guitarra, mandolina, rabel. E tamén domina os instrumentos de percusión tradicionais galegos. Dende a súa entrada nos Revoltas no 2003 é o encargado dunha das gaitas.
Rosa Sánchez: Comeza na escola de baile de Cantigas e Agarimos na que pronto ocuparía un oco no grupo titular. No ano 1992 vaise de esta agrupación para fundar con outro compañeiros o OCT Ultreia, no que comeza no grupo de baile e pouco despois pasa a formar parte do grupo de pandereteiras. No ano 2002 comeza a recibir leccións de tambor e caixa,  un ano despois convertese na tambotileira do OCT Ultreia. No ano 2004 ingresa na Requinta de Xian e nos Folerpas tamén de Tamborileira. Acompaña a Pablo Carpintero nos seus concertos cantando e tocando diferentes instrumentos de percusión. Forma parte dos Revoltas dende o ano 2005 no que se encarga da Caixa.
Gustavo Couto: Comeza no mundo do baile tradicional no OCT Ultreia no ano 1995. O seu achegamento a música foi un cúmulo de casualidades, pero dende esas casualidasdes no ano 2002, entra a formar parte da sección instrumental do OCT Ultreia tocando diferentes percusións. É bombeiro de grupos como Os Campantes da Baña, Os Folerpas e acompaña a Pablo Carpintero nos seus concertos encargándose de diferentes instrumentos de percusión. Sen deixar de lado ao baile, dirixe diferentes escolas de baile da comarca de Santiago. É directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos. Pertence aos Revoltas dende o ano 2003 no que toca o Bombo con Pratos.]]></description>
   <category>Compoñentes</category>
Actuación en Rairíz de Veiga
Actuación en Cambre
Nova actuación
Próximas actuacións.
   <description><![CDATA[A murga Os Revoltas fará os próximos 2 e 3 de Agosto, duas novas actuacións.
A primeira será o sábado no concello das Nogais, ás 23:00.
A segunda é o domingo as 19:00 non concello de Oia.
Agardamos contar ca presenza.]]></description>