O recuncho de sexto



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Excursión a Santiago
O Xoves fomos de excursión a Santiago. Fomos a ver unha obra e unha exposición. Pasámolo moi ben.
A obra foi no Principal e estivemos sentados nos balcóns. A exposición foi na fundación Caixa Galicia e percorremola cun xogo de pistas. Primeiro fixemos equipos e logo comezamos a buscar as obras de arte. O equipo que gañaba levaba un libro. Foi unha excursión divertida.


Aldara
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2010 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Ola!!
Acabamos sexto e este blog xa non se pode chamar así.
Agora terase que chamar o blog do sexto do 2009!!
Estamos todos moi contentos de acabasen así de ben estes anos no Ana María Diéguez e esperamos que todos os sextos de Asados o pasen tan ben como o pasamos nos este ano. Graciñas a todos os que foron profes e "profas" nosos .

A aula de sexto. Samuel,Xabi,Antón,Marcos,Alberto,Rita,Aldara,Ana, Aida,Estrela e Clara
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-09-2010 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
Este ano fomos de excursión de fin de curso as illas Cíes.
Fomos en catamarán.
Ao chegar fomos facer unha camiñata ,despois comemos na sombra dunhas árbores e pola tarde os profesores deixáronnos mollarnos asta a rodilla.
Esta foi a nosa última excursión de fin de curso .

ESTRELA

Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 27-06-2010 17:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
LIXO POR TODOS OS RECANTOS

Na Barraca,Asados,preto dunha parada,cando a vexetación medra viven serpes,lagartos...e tamén se está acumulando unha importante cantidade de lixo(latas,botellas...).
A cidadanía non é consciente do dano que lle fai á natureza, pois hai lugares onde
poder depositar o lixo.
Fai anos os veciños da Barraca e Lustres loitaron por facer nese lugar un parque,
pero nin o concello nin a asociación de montes se puxeron de acordo.
O sitio é adecuado para acondicionalo como lugar de ocio.

Rita Mirón Rubio

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-03-2010 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

O SANEAMENTO EN LEIRO


A finais de febreiro comezou a segunda fase do saneamento
na parroquia de Leiro . O saneamento aportará alcantarillado
e auga potable ós lugares da Igrexa, Cabana, Meiguiz, Rañó,
Or, Palleiro e Rial . Dará servizo a 549 veciños e prevese que
estea en servizo dentro de 12 meses .
Ademáis, a segunda fase do saneamento en Leiro inclúe a
construcción dunha depuradora de augas residuais en Palleiro.
Instalaranse 9 km. de tubería. O custo total da obra será de
máis de 2 millóns de euros .
Os veciños poidéronse informar sobre esta fase do
saneamento en Leiro en diversas reunións celebradas no
Centro cultural Vicente Vidal.

Aida Saco Beiroa
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-03-2010 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
“VAGA DE ROUBOS EN RIANXIÑO”


Durante esta semana déronse varios casos de delincuencia no lugar de Rianxiño.

A primeira denuncia foi feita por unha moza de 20 anos que se encontraba soa na casa. Aconteceu o luns pola mañá. A moza dixo que se encontrou cun individuo no piso de arriba. Non lle roubaron nada e tampouco sufriu danos, posto que non ía armado .

A segunda denuncia foi feita por unha industria conserveira do lugar.
Sucedeu entre ás 22 horas e ás 23 horas do martes día 10, no na quenda de noite,mentres que as empleadas traballaban. Roubaron vinte mochilas con comida,diñeiro,móbiles, etc…
Non se sabe o número de delincuentes posto que ninguén os viu actuar.

Ana Oliveira Vidal

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-03-2010 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
“Inauguración do campo de fútbol”

O pasado venres, día 12 de marzo tivo lugar un gran acontecemento para todos os Rianxeiros/as: a gran esperada inaugaraciòn do campo de fútbol municipal de Rianxo que está ubicado en Vilas ,na parroquia de Asados.Inaugurou o campo o presidente da Deputación ,Fernández Moreda; o alcalde de Rianxo, Pedro Piñeiro Hermida, o delegado de deportes da Deputación e demais membros da corporación municipal.

O sábado,día 13,con motivo da inauguración, celebrouse unha comida cos anteriores membros da directiva do Unión e máis persoas,na casa Pancho.Ò rematar,xuntáronse todos no recente inaugurado campo,para facer un partido.



Clara Varela Gómez e Xabier Castiñeira Figueira.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-03-2010 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A PESCA NOS RÍOS GALEGOS

O vindeiro día 21 de marzo comeza a tempada de pesca nos ríos da comunidade autónoma de Galicia. Nembargantes o río Te que rega as terras de Asados, Araño e Taragoña seguirá vedado ata o primeiro domingo de maio, por mor da presencia de especies de reo nas súas augas.



Antón García Cristobo
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-03-2010 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
TRAGSA LEVA A CABO A LIMPEZA DO RÍO GRANDE .

En datas pasadas a Xunta de Galicia limpou o río Grande, noutras zonas chamado Té, traballos que levou a cabo a empresa pública Tragsa .

A actuación consistiu na limpeza da ribeira do río , eliminando a maleza e restos de árbores caídas así como as ramas doutras árbores. Así mesmo instaláronse bancos , mesas e unhas pontes para poder cruzar o río e regatos , afluentes do mesmo .

Agora, grazas a limpeza do río , podemos ver a numerosos piragüistas descendendo o río nas súas piragüas.

Tamén grazas a esta actuación poderanse facer rutas de sendeirismo para todos os amantes da natureza .

Así mesmo ,os pescadores van ter máis fácil os seus movementos na beira do río .

Esperemos que o traballo efectuado se manteña e todos os veciños poidamos disfrutar do río Grande no seu esplendor , durante moito tempo .


Estrela Suárez
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-03-2010 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CONCERTO DE XAVIER BLANCO EN RIANXO

O pasado sábado ,día seis de marzo, Xavier Blanco acudiu a Rianxo a tocar e a cantar nun concerto didáctico, organizado pola asociación de música e baile tradicional Vai de Roda.

Neste concerto amosounos, a todas as persoas que acudimos, os instrumentos pobres, instrumentos que se poden facer soar con obxectos da nosa vida cotiá como caldeiros,vasoiras , porróns , mesas...etc.

Un concerto moi interesante, que durou dúas horas, pero que nos mantivo entretidos cos moitos instrumentos e cambios de vestiario que Xavier facía dependendo da canción.

Aldara Muíños Rodríguez.
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-03-2010 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal