Pecado: transgresión voluntaria de normas dadas por unha autoridade dogmática.
Boas, aquí estamos nós, as Pecadoras!
Din que facemos cousas malas: din que pensamos en galego, falamos en galego, que escribimos en galego... Din que estamos no pecado, que non somos virtuosas. Pero a nós o que pense a xente non nos importa. Desde aquí queremos poñervos ao corrente de todos os “pecados” que se andan a cometer por aí: arredemo!
No Correlingua deste ano participou o alumnado de 1º de ESO mais un grupiño de alumnos e alumnas de 4º de ESO, 3º de ESO e de 1º de BAC,que interpretaron dúas pezas musicais, dirixidos pola profesora de música, María Ron. Grazas a todas e a todos, tamén aos dous alumnos que participaron na carreira.
Con motivo da celebración das Letras Galegas, dende o Equipo de Dinamización distribuíuse entre o alumnado do centro esta mensaxe, que nos achegou a CGENL a través da súa publicación Ollos de aula
Tralo pase do filme A esmorga, que tivo lugar no pasado mes de febreiro na biblioteca do centro, un grupo de alumnas comenta neste vídeo algúns aspectos do filme ao tempo que aluden á novela que tiveron como lectura obrigada este curso.
Na elaboración do vídeo participaron o cooordinador da biblioteca e mailo orientador do centro.
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, o alumnado de 4º participou no concurso do "Trival feminista". Nas imaxes vemos algúns momentos desta celebración.